Ramiro Rueda Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramiro Rueda Fernández
Nacemento1914
 Santiago de Compostela
Falecemento25 de setembro de 1999
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfarmacéutico e político
PremiosGran Cruz de la Orden Civil de Sanidad
editar datos en Wikidata ]

Ramiro Rueda Fernández, nado en Santiago de Compostela en 1914 e finado en Lugo o 25 de setembro de 1999,[1] foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Neto de Ramiro Rueda-Neira Montenegro. Na guerra civil foi farmacéutico militar e traballou no Laboratorio de Farmacia Militar de Santiago de Compostela. Foi Alcalde do concello de Lugo entre 1958 e 1961. Na súa etapa na alcaldía fíxose a reforma da Praza de Santa María. Foi procurador en Cortes en representación dos concellos da provincia de Lugo (1958-1962). Foi presidente do colexio de Farmacéuticos de Lugo e promotor e presidente do Real Aero Club de Lugo. Creou Laboratorios Labifarm nos anos cincuenta que en 1979 se converteu en Lácteas Rueda e comercializou o iogur Rueda.


Predecesor:
Luis Ameijide Aguiar
 Escudo de Lugo 3.svg
Alcalde de Lugo
 
1958 - 1961
Sucesor:
Jesús García Siso

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Celia Rùa Lorenzo e foi pai de Ramiro, Mercedes, María Celia e Roberto Rueda Rúa.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Unha rúa de Lugo leva o seu nome.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 26-9-1999, p. 8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]