Saltar ao contido

Ángel Carracedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 19 de setembro de 2015 ás 09:40 por Castelao (conversa | contribucións) (Eliminación de homónimos)

Ángel María Carracedo Álvarez, tamén coñecido como Anxo Carracedo[1], nado en Santa Comba o 12 de novembro de 1955, é un Catedrático de Medicina Legal e experto internacional en xenética.

Traxectoria

Premio Extraordinario de Licenciatura, Doutor en Medicina con Premio Extraordinario, foi director do Instituto Universitario de Medicina Legal, presidente da International Society for Forensic Genetics. Codirector da Unidade de Medicina Molecular Inco Sergas. É autor de varios libros e centos de publicacións. Vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal, membro do Grupo Europeo do ADN e da Comisión de ADN da Comisión de Xustiza dos Estados Unidos de América, coordinador da Rede europea de estandarización do ADN e da Rede iberoamericana de xenética molecular aplicada á medicina forense. Está ao fronte da Fundación de Medicina Xenómica de Galicia.

Actualmente coordina a investigación coa labor docente. É profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular na facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela[2]. Foi escollido padriño das promocións 2000/2001 e 2011/2012 da Licenciatura de Medicina pola súa gran proximidade ao alumnado.

En setembro de 2015 recibiu o Premio Nacional de Xenética na súa modalidade aplicada, recibíndoo na cidade andaluza de Córdoba[3].

Recoñecementos

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas