Saga Völsunga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Völsunga saga»)

 

Saga dos Volsungos
O Ramsund (gravado de Sigurd) describe fragmentos da saga dos Volsungos.
Autor/aAutores anónimos
OrixeIslandia
LinguaAntigo nórdico islandés
Tema(s)Mitoloxía xermánica e nórdica
Xénero(s)Saga
Data de pub.Século XIII
FormatoManuscrito
editar datos en Wikidata ]

A Saga dos volsungos, en nórdico antigo: Völsunga saga,[1] é unha saga lendaria islandesa do século XIII en forma de prosa, sobre a orixe, o ascenso e o declive do clan dos Volsungs (descendentes do rei Volsung),[1] incluíndo a historia de Sigurd, o matador de dragóns, e os seus descendentes, e Brunhilda (Brynhildr) e a destrución dos burgundios.[2]

A saga Volsunga é unha saga islandesa, escrita arredor de 1300, baseada na tradición xermánica.[3] Os feitos reais que inspiraron a narración fantasiosa da saga ocorreron en Europa Central nos séculos V e VI, pero o único manuscrito medieval da obra que se conserva actualmente data de c. 1300. Crese que a versión en prosa da saga está baseada en poemas épicos escandinavos anteriores.

O poema épico alemán medieval Nibelungenlied ("Canción dos Nibelungos") está baseado nas mesmas historias antigas que a saga dos volsungos, que eran comúns a todas as terras xermánicas desde a primeira Idade Media. Nos Nibelungos, porén, a narración ten trazos de romance cortés.

J. R. R. Tolkien afirmou terse inspirado na mitoloxía nórdica para escribir O hobbit e O Señor dos Aneis, e escribiu dous poemas narrativos e textos relacionados agrupados en 2009 baixo o título The Legend of Sigurd and Gudrún.[4][5]

Notas

  1. 1,0 1,1 Moosburger, Théo de Borba (2009) Sagas Islandesas - Saga dos Volsungos. Tradución do islandés antigo ao portugués. 1ª edición. São Paulo: Hedra. ISBN 978-85-7715-112-7
  2. "Siegfried" definition and meaning ; Collins English Dictionary (collinsdictionary.com)
  3. Lauro Niehues Carrer. "AS NARRATIVAS NÓRDICAS: O SUBSTRATO HISTÓRICO E LENDÁRIO SEMELHANTE ENTRE A EDDA POÉTICA E A SAGA DOS VOLSUNGOS A PARTIR DO CICLO DE SIGURD" (en portugués). Consultado o 4 de setembro de 2021. as lendas e os personaxes históricos que fan parte deses escritos fálannos sobre as tradicións orais que circularan desde o século V na Xermania e así pararan na Islandia do século XIII 
  4. "New Tolkien for Harpercollins". web.archive.org; www.thebookseller.com. Archived from the original on 30 de abril de 2009. Consultado o 16 de outubro de 2023. 
  5. Fisher, Jason. Tolkien and the Study of His Sources: Critical Essays (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.