Sagas lendarias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As sagas lendarias (Fornaldarsögur) son un tipo de saga que relatan acontecementos que teñen lugar antes da colonización de Islandia, a acción sitúase as máis das veces en Escandinavia inda que a acción se poida mover temporalmente a outras localizacións de Europa e nalgunhas aparecen referencias a Galicia. Aparecen moitos elementos mitolóxicos pero teñen tamén valor histórico. Consérvanse 36 e divídense en tres grupos principais: as que tratan de temas épicos comúns aos pobos de lingua xermánica; as que tratan de expedicións bélicas e por último as de aventuras.

Sagas[editar | editar a fonte]