A1 Ethniki
A A1 Ethniki, que significa literalmente A1 Nacional, e frecuentemente referido á Liga grega de baloncesto é a máxima categoría do baloncesto grego entre clubs. Esta liga foi fundada en 1927, celébrase anualmente, agás en trece ocasións por causas diversas. Pese a que o campionato disputouse en 65 ocasións, tan só foi conquistado por nove equipos. O grande dominador da Liga foi historicamente o Panathinaikos, que gañou o campionato en 28 ocasións.
Está organizada pola Asociación de Clubs de Baloncesto Helenos (HEBA, en inglés, "Hellenic Basketball Clubs Association"), e o nome oficial da competición é Campionato HEBA (en inglés, "HEBA Championship Division A1". O campionato de Primeira División é o denominado "A1", e é disputada por 14 equipos que xogan entre eles entre os meses de Outubro e Xullo. A segunda categoría é a denominada A2 Ethniki. Esta liga é considerada coma unha das tres mellores ligas domésticas de Europa segundo o Ránking de Ligas da ULEB.
Índice |
Historia [editar]
O baloncesto chegou a Grecia por primeira vez en 1910. En 1925 disputouse o primeiro campionato non oficial, e en 1927 comezou o primeiro campionato oficial. Hai tres diferentes períodos do campionato oficial. O primeiro período ou Panhellenic Championship tivo lugar entre 1927 e 1963, cando non había un campionato nacional e os campións de cada distrito xogaban entre eles para decidir o campión grego. O segundo ciclo ou A Ethniki comezou na tempada 1963-64, cando se fundou a Primeira División Grega (A Ethniki). En 1969, a EOK fíxose cargo das funcións da competencia e así o fixo ata 1992. A terceira etapa ou A1 Ethniki comezou na tempada 1986-87, cando foron fundadas a A1 (coa súa liga regular e playoffs) e a A2 (chamada A2 Ethniki ou Liga Grega A2).
A Liga Grega foi unha das ligas de baloncesto máis competitivas de Europa ao longo dos anos e foi amplamente considerada como a segunda mellor liga nacional do mundo logo da NBA na década dos '90. Na actualidade encóntrase entre as mellores ligas nacionais do mundo (a excepción da NBA), como a Liga ACB en España e a Lega A de Italia. É considerada unha das 3 mellores ligas de Primeira División de Baloncesto de Europa baixo a ULEB League Rankings System. A liga ten varias grandes potencias, que pertencen aos máis tradicionais clubs de baloncesto de Europa, sobre todo os xigantes da Euroliga: Panathinaikos e o Olympiakos. Outros equipos que tiveron un importante éxito na historia do baloncesto grego foron o Aris Tesalónica e o AEK Atenas. Estes equipos, xunto co PAOK son considerados os equipos gregos de maior éxito.
Só tres equipos participaron en tódolos campionatos dende a fundación da Primeira División en 1964: Panathinaikos, AEK Atenas e Aris Tesalónica.
Ascensos e descensos [editar]
A A1 Ethniki, na súa forma actual, foi organizada dende a tempada 1992-93 pola Asociación de Clubs de Baloncesto Helenos. 30 equipos de baloncesto profesional grego divídense en dúas divisións diferentes. O campionato de Primeira División, chamado "A1", no que compiten 14 equipos, e o campionato de Segunda División, chamado "A2", na que compiten 16 equipos. Os dous últimos equipos da clasificación da liga regular da A1 descenden á A2 Ethniki, mentres que os dous primeiros clasificados son ascendidos á A1.
Equipos da tempada 2010-11 [editar]
| Club | Posición 2008-09 |
Pavillón | Capacidade |
|---|---|---|---|
| AEK Atenas |
|
Sporting Sports Arena, Atenas |
|
| Aris Tesalónica |
|
Alexandrio Melathron, Tesalónica |
|
| Kolossos Rodou |
|
Venetoklio Indoor Hall, Rodas |
|
| Ikaros Kallitheas |
|
Glyfada Indoor Hall, Atenas |
|
| Ilisiakos |
|
Ilissia Indoor Hall, Atenas |
|
| Iraklis |
|
Ivanofio Indoor Hall, Tesalónica |
|
| Kavala |
|
Kalamitsa Sports Center, Kavala |
|
| Maroussi |
|
Maroussi Indoor Hall, Atenas |
|
| Olympiacos Piraeus |
|
Peace and Friendship Stadium, Atenas |
|
| Panathinaikos |
|
Athens Olympic Indoor Hall, Atenas |
|
| Panellinios |
|
Panellinios Indoor Hall, Atenas |
|
| Panionios |
|
Helliniko Olympic Complex, Atenas |
|
| PAOK |
|
PAOK Sports Arena, Tesalónica |
|
| Peristeri |
|
Peristeri Arena, Atenas |
|
Palmarés [editar]
- 31 títulos: Panathinaikos BC.
- 10 títulos: Aris Tesalónica.
- 9 títulos: Olympiakos.
- 8 títulos: AEK Atenas.
- 6 títulos: Panellinios.
- 2 títulos: PAOK Tesalónica (baloncesto), Iraklis Tesalónica.
- 1 título: Athens University, Near East.
Historial [editar]
Finais da A1 [editar]
Por club [editar]
| Club | Vitorias | Derrotas | Total-Finais |
|---|---|---|---|
| Panathinaikos |
|
|
|
| Olympiakos Piraeus |
|
|
|
| AEK Atenas |
|
|
|
| PAOK |
|
|
|
| Maroussi |
|
|
|
Curiosidades [editar]
En toda a súa historia tan só houbo nove equipos que conseguisen proclamarse campións da Liga Grega, sendo todos eles das cidades de Atenas e Tesalónica ou as súas áreas.