Regra do gol en campo contrario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A regra do gol en campo contrario é un método para determinar o gañador dun partido ou eliminatoria deportiva que se atopa empatada. Isto ocorre xeralmente no fútbol, cando dous equipos xogan unha eliminatoria de ida e volta, é dicir, cando se xogan dous partidos, un como local e outro como visitante.

Segundo o Regulamento do International Board, na sección denominada "Procedementos para determinar o gañador dun partido ou eliminatoria", onde se denomina oficialmente goles marcados fóra de casa, o equipo que converta máis goles como visitante gaña se hai empate na diferenza de goles. Isto tamén se pode expresar establecendo que os goles de visitante valen dobre en caso de empate.[1]

A regra é aplicada en varias competicións que involucran fases de partidos de ida e volta, entre elas, as roldas finais da Liga de Campións da UEFA e a UEFA Europa League e os partidos de ida e volta das clasificacións á Copa Mundial da FIFA e da Eurocopa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Regras do Xogo 2008/2009, pág. 51". International Football Association Board. http://www.arbitrosdefutbol.com.ar/ReglasdeJuego200809.pdf. Consultado o 16 de decembro de 2008.