Saltar ao contido

Stephen Jay Gould

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaStephen Jay Gould
Biografía
Nacemento10 de setembro de 1941 Editar o valor en Wikidata
Queens, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte20 de maio de 2002 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
ResidenciaQueens Editar o valor en Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Columbia - doutoramento (–1967)
Antioch College (en) Traducir - xeoloxía (–1963)
Universidade Harvard
Antioch University (en) Traducir
Universidade de Leeds
Jamaica High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseNorman D. Newell (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPaleontoloxía, historia da ciencia e evolución Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo evolutivo, paleontólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Universidade de Nova York
Museo Americano de Historia Natural Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Obra
Obras destacables
DoutorandoEmily Cobabe-Ammann (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Abreviación dun autor en botánicaS.J.Gould Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeRhonda Roland Shearer (1995–2002) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteMedvik >>>:Gould, Stephen Jay, 1941-2002, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0332500 BNE: XX1163115 Dialnet: 20413 Discogs: 3776209 WikiTree: Gould-4833 Find a Grave: 6430432 Editar o valor en Wikidata

Stephen Jay Gould (/guːld/), nado en Nova York o 10 de setembro de 1941 e finado na mesma cidade o 20 de maio de 2002, foi un paleontólogo, xeólogo, biólogo evolutivo e historiador da ciencia estadounidense e un dos máis influentes e lidos divulgadores científicos da súa xeración.[1]

Gould pasou a maior parte da súa carreira docente na Universidade Harvard e traballando no Museo Americano de Historia Natural de Nova York. Nos últimos anos da súa vida, impartiu clases de bioloxía e evolución na Universidade de Nova York, próxima á súa residencia no SoHo.

A maior contribución de Gould á ciencia foi a teoría do equilibrio interrompido (ás veces traducido como “puntuado”, do inglés punctuated equilibrium) que desenvolveu con Niles Eldredge en 1972.[2] A teoría propón que a maioría dos procesos evolutivos están compostos por longos períodos de estabilidade, interrompidos por episodios curtos e pouco frecuentes de bifurcación evolutiva. A teoría contrasta co gradualismo filoxenético, que é a idea xeneralizada de que o cambio evolutivo se caracteriza por un patrón homoxéneo e continuo, é dicir, os seres vivos evolucionan sufrindo pequenos cambios constantes e sempre máis ou menos ao mesmo ritmo.

A maior parte da investigación empírica de Gould baseouse nos xéneros de caracois terrestres Poecilozonites e Cerion e ademais contribuíu á bioloxía evolutiva do desenvolvemento. Na súa teoría evolutiva opúxose ao seleccionismo estrito, á sociobioloxía aplicada a seres humanos e á psicoloxía evolucionista. Fixo campaña contra o creacionismo e propuxo que a ciencia e a relixión sexan considerados dous ámbitos distintos, ou «maxisterios», cuxas autoridades non se solapan.[3]

Para o público xeral Gould é coñecido sobre todo polos seus máis de 300 ensaios divulgativos publicados na revista Natural History,[4] e outros libros destinados a unha audiencia non especialista. Moitos dos ensaios de Gould para a revista Natural History foron reimpresos en libros entre os que sobresaen Desde Darwin e O pulgar do panda. Os seus tratados máis populares inclúen libros como A falsa medida do home, A vida marabillosa e A grandeza da vida. O seu libro Ontoxenia e Filoxenia tivo grande sona. Pouco tempo antes da súa morte, Gould publicou un longo tratado recapitulando a súa versión da teoría evolutiva moderna chamado A estrutura da teoría da evolución (2002). En 2000, a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos nomeouno "Lenda Viva".[5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Exemplar de Tyrannosaurus rex no Museo Americano de Historia Natural que, segundo Gould, foi a súa inspiración para facerse paleontólogo.

Gould naceu e criouse en Bayside, un tranquilo barrio situado en Queens, Nova York. O seu pai Leonard traballaba de taquígrafo nos xulgados, e a súa nai Eleanor era artista. Cando Gould tiña cinco anos de idade, o seu pai levouno á sala dos dinosauros do Museo Americano de Historia Natural, onde se encontrou por primeira vez perante un fósil de Tyrannosaurus rex. «No tiña idea de que houbera tales cousas; estaba abraiado», lembraba Gould.[6] Nese momento decidiu facerse paleontólogo.[6]

Relixión e política

[editar | editar a fonte]

Criado nun fogar secular xudeu, Gould non practicou ningunha relixión e prefería ser considerado agnóstico.[3] O biólogo Jerry Coyne, que tivera a Gould no seu comité de tese, describiuno como un “ateo acérrimo onde os haxa” (“diehard atheist if there ever was one.”)[7] O amigo persoal de Gould Oliver Sacks denominábao "ateo xudeu".[8] Cando lle preguntaron nunha entrevista no Skeptic magazine se era agnóstico, el respondeu:

Se me forza moito a apostar sobre a existencia dunha deidade antropomórfica convencional, por suposto aposto que non. Pero, basicamente, Huxley estaba no certo cando dixo que o agnosticismo é a única posición honorable porque realmente non podemos sabelo. E iso é correcto. Estaría realmente sorprendido se acabase resultando que hai un Deus convencional.[9]

Malia que «fora criado por un pai marxista», afirmou que as ideas políticas do seu pai eran «moi diferentes» das súas.[10] Con respecto ás súas opinións políticas dixo que «tendían a ser de centro-esquerda».[11] Segundo Gould, os libros de política máis influentes que leu foron A elite do poder de C. Wright Mills e os escritos políticos de Noam Chomsky.[11]

Cando asistía ao Antioch College na década de 1960, Gould participou no Movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos e con frecuencia fixo campaña pola xustiza social. Na Universidade de Leeds, sendo estudante visitante, organizou manifestacións semanais contra un salón de baile de Bradford que se negaba a admitir negros. Gould continuou estas manifestacións ata que esa política foi revogada.[12] Ao longo da súa carreira e nos seus escritos denunciou a opresión cultural en todas as súas formas, sobre todo o que el vía como pseudociencia usada ao servizo do racismo e o sexismo.[13]

Matrimonios

[editar | editar a fonte]

Gould casou dúas veces. O seu primeiro matrimonio foi coa artista Deborah Lee, en 1965, á que coñeceu cando ambos os dous estudaban no Antioch College,[6] e coa que tivo dous fillos, Jesse e Ethan. O seu segundo matrimonio foi en 1995 coa artista e escultora Rhonda Roland Shearer, que é a nai de Jade e London Allen, fillastros de Gould.[14]

En xullo de 1982, Gould foi diagnosticado de mesotelioma peritoneal, unha forma mortal de cancro que afecta ao revestimento abdominal e que se encontra con frecuencia en persoas que estiveron expostas ao amianto. Despois de dous anos de difícil recuperación, Gould publicou unha columna para a revista Discover, titulada The median isn't the message ("A mediana non é a mensaxe"), que fala da súa reacción ao descubrir que os pacientes de mesotelioma tiñan unha esperanza de vida mediana de só oito meses despois do diagnóstico.[15] Seguidamente, describe o verdadeiro significado que está detrás deste número e o seu alivio ao darse conta de que as medias estatísticas son útiles abstraccións e non abranguen toda a gama de variación.

A mediana é o punto medio en estatística o que significa que o 50 % dos pacientes morren antes dos 8 meses, pero parte da outra metade vivirá posiblemente moito máis tempo. Necesitaba determinar onde se localizaban as súas características persoais dentro deste conxunto de posibilidades. Tendo en conta que o seu cancro foi detectado a tempo, e o feito de que era novo, optimista e tivo os mellores tratamentos dispoñibles, Gould imaxinou que debía estar na metade favorable do rango superior estatístico. Despois dun tratamento experimental de radiación, quimioterapia e cirurxía, Gould conseguiu unha recuperación completa e a súa columna xornalística converteuse en fonte de inspiración para moitos pacientes de cancro.

Gould foi tamén un defensor da marihuana medicinal. Durante a súa loita contra o cancro, fumou esta droga para aliviar as náuseas asociadas aos seus tratamentos médicos. Segundo Gould, o uso da marihuana tivo un «efecto moi importante» na súa recuperación final.[16] En 1998 foi testemuña no caso de Jim Wakeford, un usuario e activista da marihuana medicinal canadense.[17]

Afeccións

[editar | editar a fonte]

Os seus ensaios científicos para Natural History aluden con frecuencia aos seus pasatempos e intereses non científicos. Cando era un rapaz coleccionaba cromos de béisbol e seguiu sendo un afervoado seguidor deste deporte durante toda a súa vida. De adulto gustábanlle as películas de ficción científica, pero laiábase a miúdo da súa mediocridade (non só na súa presentación da ciencia, senón polos seus argumentos).[18] Outras afeccións eran cantar no coro Boston Cecilia, e as operetas de Gilbert e Sullivan. Coleccionaba libros raros e antigos. Viaxaba con frecuencia a Europa e falaba francés, alemán, ruso e italiano, e admiraba a arquitectura renacentista. Cando falaba da tradición xudeu-cristiá, referíase a ela simplemente como «Moisés» e adoitaba aludir con pesar sobre a súa tendencia a engordar.[19]

Gould morreu o 20 de maio de 2002 por causa dunha metástase cancerosa de adenocarcinoma de pulmón, que se estendera ao seu cerebro.[20] Porén, non estaba relacionado co seu anterior cancro abdominal de vinte anos antes, do que se recuperara totalmente. Morreu na súa casa, «nunha cama posta na biblioteca do seu apartamento do SoHo, rodeado pola súa muller Rhonda, súa nai Eleanor e os moitos libros que amaba».[21]

Carreira científica

[editar | editar a fonte]

Gould comezou os seus estudos superiores no Antioch College, onde se graduou en 1963 con dobre especialidade en xeoloxía e filosofía.[22] Durante esa época tamén estudou fóra do seu país, na Universidade de Leeds no Reino Unido.[23] Despois de completar os seus estudos de posgraduado na Universidade de Columbia en 1967 baixo a dirección de Norman Newell,[24][25] foi contratado de inmediato pola Universidade Harvard, onde traballou ata o final da súa vida (1967-2002).[20] En 1973, Harvard ascendeuno a profesor de xeoloxía e conservador de paleontoloxía de invertebrados no Museo de Zooloxía Comparada de Harvard, cargos nos que permaneceu ata o seu falecemento en 2002.[26]

En 1982, a Universidade Harvard outorgoulle o título honorífico de profesor Alexander Agassiz de zooloxía.[20] Ao ano seguinte, en 1983, foille concedida unha bolsa de estudos de posgraduado da Asociación Americana para o Avance da Ciencia (American Association for the Advancement of Science, AAAS), onde máis tarde desempeñaría o cargo de presidente (1999-2001).[27] O comunicado de prensa da AAAS sinalaba as súas «numerosas contribucións tanto aos avances científicos coma á comprensión pública da ciencia».[27] Tamén ocupou o cargo de presidente da Sociedade de Paleontoloxía (1985-1986) e o de vicepresidente da Sociedade para o Estudo da Evolución (1990-1991).[28][29]

En 1989, Gould foi aceptado como membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.[29] Entre 1996 e 2002 foi profesor investigador visitante Vincent Astor de bioloxía na Universidade de Nova York e en 2001, a Asociación Humanista Americana nomeouno humanista do ano polo seu traballo.[30][31] En 2008, concedéuselle postumamente a medalla Darwin-Wallace, xunto a outros doce científicos. Ata 2008, esta medalla era outorgada cada cincuenta anos pola Sociedade Linneana de Londres.[32]

Teoría do equilibrio interrompido

[editar | editar a fonte]
Este gráfico describe as diferenzas entre o gradualismo e a teoría do equilibrio interrompido (punctuated equilibrium): na primeira, as especies sofren cambios de forma lenta e continua; mentres que na segunda, permanecen estables durante un longo período ata que se producen cambios abruptos nas súas características.
Artigo principal: Equilibrio interrompido.

Ao principio da súa carreira Gould e Niles Eldredge desenvolveron a teoría do(s) equilibrio(s) interrompido(s), que propón que os cambios evolutivos se producen con relativa rapidez, alternando con períodos máis longos de relativa estabilidade,[2] como parece deducirse da escaseza de formas intermedias encontradas no rexistro fósil. Segundo Gould, o equilibrio interrompido modifica un piar fundamental «na lóxica central da teoría darwiniana».[10] Algúns biólogos evolutivos argumentaron que, se ben o equilibrio interrompido foi «de grande interese para a bioloxía»,[33] limitábase a modificar o neo-darwinismo dunha maneira que era plenamente compatible co que se coñecía anteriormente.[34] Porén, outros salientaron a súa novidade teórica e argumentaron que o estancamento evolutivo observado fora algo «inesperado pola maioría dos biólogos evolucionistas» e «tivo un grande impacto na paleontoloxía e a bioloxía evolutiva».[35]

Houbo tamén críticos que, en ton de broma, cualificaron a teoría como «evolución a tropezóns»,[36] o que levou a Gould a describir o gradualismo como «evolución por arrastre».[37]

Bioloxía evolutiva do desenvolvemento

[editar | editar a fonte]
Ilustración do artigo de 1971 A biological homage to Mickey Mouse (Homenaxe biolóxica a Mickey Mouse) de Gould

Gould fixo importantes contribucións á bioloxía evolutiva do desenvolvemento,[38] especialmente na súa obra Ontoxenia e filoxenia.[22] Neste libro fixo fincapé no proceso de heterocronía, que comprende dous procesos distintivos: pedomorfose e adicións terminais. Pedomorfose é o proceso no que a ontoxenia se ralentiza e o organismo non alcanza a etapa final do seu desenvolvemento, mentres que a adición terminal é o proceso polo cal un organismo se desenvolve acelerando e acortando etapas temperás do proceso de desenvolvemento. A influencia de Gould neste campo segue viva en áreas de investigación como a evolución das plumas.[39]

Seleccionismo e sociobioloxía

[editar | editar a fonte]

Gould defendeu as restricións biolóxicas, como as limitacións das vías do desenvolvemento nos resultados evolutivos, así como outras forzas non selectivas da evolución. Por exemplo, consideraba moitas das funcións superiores do cerebro humano como consecuencias secundarias imprevistas ou subprodutos da selección natural, no canto de adaptacións directas. Para describir tales características acuñou, xunto con Elisabeth Vrba o temo «exaptación». Gould pensaba que esta interpretación socava unha premisa esencial da sociobioloxía humana (o determinismo xenético) e a psicoloxía evolucionista.[40]

Contra a «sociobioloxía»

[editar | editar a fonte]

En 1975, E. O. Wilson presentou a súa análise da conduta humana desde o punto de vista da sociobioloxía.[41] En resposta, Gould, Richard Lewontin e outros científicos de Boston escribiron unha carta ao New York Review of Books que tivo gran repercusión posteriormente, titulada Contra a «sociobioloxía». Esta carta aberta criticaba a «visión determinista da sociedade e accións humanas» de Wilson.[42]

Porén, Gould non desbotou as explicacións sociobiolóxicas para moitos aspectos do comportamento animal; así escribiu: «Os sociobiólogos ampliaron a súa gama de explicacións por selección mediante a invocación dos conceptos de eficacia biolóxica inclusiva e a selección de parentesco para resolver (con éxito creo) o molesto problema do altruísmo —anteriormente o maior obstáculo para unha teoría darwiniana da conduta social. [...] Aquí a sociobioloxía tivo e seguirá a ter éxito. E aquí deséxolle o mellor, xa que representa unha extensión do darwinismo básico nun ámbito onde debe aplicarse.»[43]

Enxuntas e o paradigma panglossiano

[editar | editar a fonte]
Unha enxunta da Igrexa da Santísima Trindad de Fulnek, República Checa.

Con Richard Lewontin, Gould escribiu un influente traballo en 1979 titulado As enxuntas de San Marcos e o paradigma panglossiano,[44][45] que introduciu na bioloxía evolutiva o termo de arquitectura «enxunta» ou «sobrazo» (espazo que queda entre un arco e o rectángulo que o enmarca, ou os espazos entre os arcos de apoio dunha cúpula).[46]

Cando visitaba Venecia en 1978, Gould deuse conta que as enxuntas da Basílica de San Marcos, aínda que eran espazos moi fermosos, non eran espazos proxectados polo arquitecto. Máis ben eses espazos xurdiron como «subprodutos arquitectónicos inevitables ao montar unha cúpula sobre arcos de medio punto». Por iso Gould e Lewontin definiron «enxunta» no ámbito da bioloxía evolutiva como calquera característica biolóica dun organismo que xorde como unha consecuencia secundaria e inevitable doutras características; é dicir, que non é directamente produto da selección natural.[47] Algúns exemplos incluirían os «xenitais masculinizados das femias das hienas, o uso exaptativo dun embigo [oco na cuncha] como cámara de incubación polos caracois, a xiba do cervo xigante irlandés [fósil] e varias características clave da mentalidade humana».[47]

Na obra Cándido de Voltaire, aparece o personaxe do Dr. Pangloss, que é retratado como un sabio despistado que a pesar das probas di que «todo está mellor neste mundo, que é o mellor dos mundos posibles». Gould e Lewontin afirmaron que é panglossiano que os biólogos evolucionistas vexan todos os trazos como cousas atomizadas que foron seleccionadas de forma natural e criticaron os biólogos por non concederen espazo teórico a outras causas, tales como restricións filoxenéticas e do desenvolvemento.[48] A frecuencia relativa das enxuntas así definidas, fronte ás características adaptadas pola natureza, segue sendo un tema polémico en bioloxía evolutiva.[49] Un exemplo ilustrativo do enfoque de Gould pode encontrarse nun estudo de Elisabeth Lloyd que considera o orgasmo feminino como un subproduto de compartir vías de desenvolvemento.[50] Gould tamén escribiu sobre este tema no seu ensaio Mamilas masculinas e ondas clitorídeas,[51] impulsado polo traballo anterior de Lloyd.

O progreso evolutivo

[editar | editar a fonte]
A variación propón, a selección dispón.
Stephen Jay Gould, O fundamentalismo darwiniano, 1997.[52]

Gould foi partidario de que a evolución non ten unha tendencia inherente cara ao progreso a longo prazo. A miúdo hai comentarios que presentan a evolución como unha escaleira de progreso que leva cara a organismos máis grandes, máis rápidos e máis intelixentes, no suposto de que a evolución impulsa dalgún modo aos organismos a ser máis complexos e en última instancia máis parecidos á especie humana. Gould argumenta que o camiño da evolución non foi cara á complexidade, senón cara á diversificación. Como a vida estaba obrigada a comezar desde un punto de partida simple, calquera diversidade resultante neste paseo aleatorio sería percibida na dirección de maior complexidade. Pero a vida, argumenta Gould, pódese adaptar doadamente á simplificación, como adoita ser o caso nos parasitos[53]

Nun comentario sobre o libro A grandeza da vida, Richard Dawkins aprobou o argumento xeral de Gould, pero propuxo que observara probas de «unha tendencia nas liñaxes a mellorar de forma acumulativa a súa eficacia adaptativa á súa particular forma de vida, aumentando o número de características que se combinan en adaptacións complexas. [...] Segundo esta definición, a evolución por adaptación non é progresiva por casualidade, senón que é profunda, recalcitrante e imprescindiblemente progresiva».[54]

Cladística

[editar | editar a fonte]

Gould nunca abrazou a cladística como método de investigación de liñas e procesos evolutivos, posiblemente porque o preocupaba que esas investigaciones o levasen a descoidar detalles da bioloxía histórica, que consideraba de suma importancia. A principios da década de 1990 isto levouno a un debate con Derek Briggs, que comezara a aplicar técnicas cuantitativas cladísticas aos fósiles do xacemento coñecido como Xisto de Burgess, sobre os métodos que se debían utilizar na interpretación deses fósiles.[55] Por esa época a cladística converteuse rapidamente no método predominante de clasificación na bioloxía evolutiva. A aparición de computadores persoais baratos pero cada vez máis potentes fixo posible procesar grandes cantidades de datos sobre os organismos e as súas características. Case ao mesmo tempo o desenvolvemento de técnicas efectivas de reacción en cadea da polimerase tamén fixo posible a aplicación de métodos de análise cladística aos trazos bioquímicos.[56]

Investigacións con caracois terrestres

[editar | editar a fonte]
Debuxo de Cerion chrysalis.

A maior parte da investigación empírica de Gould está relacionada cos caracois terrestres. Centrou os seus primeiros traballos no xénero Poecilozonites das Bermudas e posteriormente no xénero Cerion do Caribe. Segundo Gould «o Cerion é o caracol terrestre con maior diversidade de formas de todo o mundo. Hai 600 especies descritas deste xénero. De feito non son realmente especies, xa que todos eles se cruzan, pero existen distintos nomes para expresar esta diversidade morfolóxica incrible. Algúns teñen forma de pelotas de golf, outros de lapis. [...] Agora ben, o meu interese principal é a evolución da forma, e o problema de como pode alcanzarse esa diversidade con tan poucas diferenzas xenéticas é moi interesante. E se pudesemos resolver isto aprenderiamos algo xeral sobre a evolución da forma».[57]

Dada a ampla diversidade xeográfica do Cerion, que fai que case cada illa teña especies distintas, Gould posteriormente lamentouse dicindo que se Cristovo Colón simplemente tivese catalogado un Cerion calquera se tería terminado o debate académico sobre cal foi a illa na que Colón puxo o pé en América por vez primeira.[58]

A explosión cámbrica e a elaboración da teoría saltacionista

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Explosión cámbrica.
Ilustración da fauna das lutitas de Burgess usada por Gould no seu libro A vida marabillosa

A interpretación de Gould sobre os fósiles do período Cámbrico achados nas lutitas de Burgess que aparece no seu libro A vida marabillosasalienta a chocante disparidade morfolóxica (ou «rareza») de dita fauna; e o papel do acaso, que determina cantos membros dela sobrevivirán e cantos desaparecerán. O científico utilizou as formas de vida deste período como exemplo do papel que xogan as circunstancias no amplo patrón da evolución. Tras unha serie de estudos baseados na comparación entre trilobites e moluscos modernos, Gould e Eldredge elaboraron a alternativa ao gradualismo, chamada «saltacionismo»,[59][60] que sostén que as especies se transforman rapidamente para logo permanecer invariables durante longo tempo.[61] Estes estudos permitiron a Gould comprender que «a evolución [...] é a adaptación aos ambientes cambiantes, non progreso».[61]

Este punto de vista foi criticado por Simon Conway Morris no seu libro de 1998 O Crisol da Creación (The Crucible of Creation).[62] Tamén promoveu a teoría da evolución converxente en canto mecanismo que produce formas similares en circunstancias ambientais similares, e nun libro posterior sostivo que a aparición de animais semellantes ao home é probable. Os paleontólogos Derek Briggs e Richard Fortey discutiron tamén que unha importante parte da fauna cámbrica pode considerarse como grupos nai dos taxons existentes, se ben isto aínda é materia de investigación e debate, e a relación entre varios taxons cámbricos e os filos modernos non se estableceu aínda a ollos de moitos outros paleontólogos.[63]

Fortey sinalou que antes da publicación de A vida marabillosa, Conway Morris compartía moitas das opiniones de Gould; porén, trala saída deste libro, este último revisou a súa postura e adoptou unha posición máis progresista no contexto da historia da vida.[64]

A teoría xerárquica da evolución

[editar | editar a fonte]

A diferenza da teoría do equilibrio interrompido, a teoría xerárquica ten un alcance causal, non só fenomenolóxico. A teoría xerárquica da evolución xeneraliza a teoría da selección natural a unidades evolutivas distintas do organismo: a selección de liñaxes celulares, a clásica selección de organismos, a selección de grupos ou demes, de especies e mesmo de clados.[65] Neste sentido, Gould sostén que a teoría xerárquica non trata de substituír senón de ampliar a teoría de Darwin. Segundo a teoría xerárquica, a evolución é o resultado da interacción simultánea de distintos niveis que poden coincidir mais tamén entrar en conflito.[65]

Para que un obxecto biolóxico sexa unha unidade de selección debe ter cinco propiedades fundamentais: puntos de nacemento e de morte, estabilidade dabondo ao longo da súa existencia, reprodución e herdanza de trazos parentais por descendencia. As tres primeiras propiedades son necesarias para distinguir as unidades dentro dun continuo, mentres que as dúas últimas son necesarias para que sexan consideradas axentes da selección natural, definida como éxito reprodutivo diferencial.[65]

A consideración dun individuo como individuo evolutivo é relativa, dependendo do nivel de análise en que nos situemos en cada caso, segundo o que expresou Gould en A Estrutura da Teoría da Evolución:

A teoría xerárquica da selección recoñece moitas clases de individuos evolutivos, ordenados nunha serie de inclusión crecente (xenes en células, células en organismos, organismos en demes, demes en especies, especies en clados). A unidade focal de cada nivel é un individuo, e podemos dirixir a nosa atención a calquera destes niveis. Unha vez designamos un nivel focal como primario para un estudo concreto, entón a unidade a ese nivel (o xene, o organismo, a especie etc.) convértese no noso individuo focal ou relevante, e as súas unidades constituíntes convértense en partes mentres que o nivel superior convértese en colectividade. Así, se nos centramos no nivel de organismo convencional, xenes e células convértense en colectividades. Pero se o noso estudo require considerar as especies como individuos, entón os organismos convértense en partes e os clados en colectividades. Noutras palabras, a tríada parte—individuo—colectividade vaise desprazar, como un todo, arriba e debaixo da xerarquía en función dos suxeitos e obxectos de calquera estudo particular.[66]

Influencia

[editar | editar a fonte]

Gould é un dos científicos máis citados no eido da teoría evolutiva. O seu traballo de 1979 sobre as «enxuntas» foi citado máis de 3000 veces.[67] En Palaeobiology, a revista insignia da súa propia especialidade, só Charles Darwin e G. G. Simpson foron citados máis veces.[68] Gould foi tamén un historiador da ciencia bastante respectado. O historiador Ronald Numbers afirmou: «Non podo dicir moito sobre os puntos fortes de Gould como científico, pero durante moito tempo considereino o segundo historiador da ciencia máis influente (xunto a Thomas Kuhn)».[69]

Como figura pública

[editar | editar a fonte]

Gould fíxose coñecido por medio dos seus ensaios de divulgación científica na revista Natural History e foi autor de varios libros sobre a evolución. Entre os seus tratados máis populares están libros como A falsa medida do home, O polgar do panda, A vida marabillosa e Desde Darwin. O seu tratado Unha homenaxe biolóxica ao Rato Mickey (A Biological Homage to Mickey Mouse)[70] explica como os debuxantes aproveitan a fisionomía dos bebés, como ter cabeza e ollos grandes, que lles dan aos monecos debuxados un aspecto que incita á tenrura e ao afecto, observacións xa realizadas por Konrad Lorenz.[71]

Foi un apaixonado defensor da teoría evolutiva escribindo prolificamente sobre o tema e tratando de comunicar a súa comprensión da bioloxía evolutiva contemporánea a un público amplo.[72] Un tema recorrente nos seus escritos é a historia e o desenvolvemento da evolución e o pensamento antes da formulación da teoría evolutiva. Tamén foi un afeccionado afervoado ao béisbol; fixo a miúdo referencias a este deporte nos seus ensaios.[73] Moitos dos seus ensaios de béisbol foron recompilados e publicados postumamente en Triumph and Tragedy in Mudville (2003).[74]

Aínda que era un orgulloso darwinista, era menos reducionista que a maioría dos neo-darwinistas.[61] Opúxose firmemente a moitos aspectos da sociobioloxía e a súa descendente intelectual, a psicoloxía evolucionista. Dedicou moito tempo á loita contra o creacionismo e conceptos relacionados como a denominada “ciencia da creación” e a teoría do deseño intelixente.[61] Gould desenvolveu máis tarde o termo «maxisterios non superpostos» (non-overlapping magisteria, NOMA, en inglés) para describir como, na súa opinión, a ciencia e a relixión non poden facer comentarios sobre o ámbito do outro.[75] Gould chegou a desenvolver esta idea detalladamente no libro Rock of Ages (1999) e en The Heddgehog, the Fox, and the Magister's Pox (2003).[75] Nun ensaio de 1982 de Natural History Gould escribiu:

A nosa incapacidade para percibir un ben universal non rexistra ningunha falta de percepción ou enxeño, senón que demostra simplemente que a natureza non contén mensaxes morais estruturadas en termos humanos. A moralidade é un tema para filósofos, teólogos, estudantes de humanidades e, de feito, para todas as persoas que pensan. As respostas non se poden ler de forma pasiva da natureza; estas, nin xorden, nin poden xurdir dos datos da ciencia. O estado fáctico do mundo non nos pode ensinar como, cos nosos poderes para [distinguir] o ben e o mal, debemos alteralo ou preservalo da maneira máis ética.[76]

A petición antievolucionista presentada nos Estados Unidos denominada A Scientific Dissent From Darwinism (Unha disensión científica do darwinismo) xerou a creación dunha iniciativa contraria proevolucionista por parte do Centro Nacional para a Ensinanza da Ciencia (National Center for Science Education, NCSE, ) denominada Project Steve, na que se honra a Gould, unha das figuras que apoiou o NCSE.[77]

Gould converteuse nun rostro coñecido da ciencia para o público xeral, aparecendo a miúdo en series e programas de televisión como NOVA,[78] o documental Baseball de Ken Burns, Evolution (programas da cadea de televisión PBS), Crossfire (da CNN) e outros. En 1997 prestou a súa voz a unha versión de si mesmo nun episodio da serie de debuxos animados Os Simpson.[79]

Controversias

[editar | editar a fonte]

Gould recibiu moitos eloxios polo seu traballo académico e exposición popular da historia natural,[20][80] pero non foi inmune ás críticas por parte daqueles na comunidade científica que sentían que as súas presentacións públicas, por varias razóns, estaban afastadas da teoría evolutiva dominante.[81] Os debates públicos entre os partidarios e detractores de Gould foron ás veces tan belicosos que varios comentaristas os chamaron «as guerras de Darwin».[82][83][84][85]

O eminente biólogo evolutivo británico John Maynard Smith estaba entre os máis duros críticos de Gould. Maynard Smith pensaba que este non tiña dabondo en conta a función vital que a adaptación desempeña en bioloxía, e tamén criticaba a aceptación de Gould da selección a nivel de especies como un compoñente importante da evolución biolóxica.[86] Nun comentario sobre o libro de Daniel Dennet, A perigosa idea de Darwin, Maynard Smith escribiu que Gould «está dando aos non biólogos en gran parte unha falsa imaxe do estado da teoría evolutiva».[87] Malia estas discrepancias, escribiu nun comentario sobre O polgar do panda que «Stephen Gould é o mellor escritor de ciencia popular [...] A miúdo enfuréceme, pero espero que volva ao ataque coa redacción de ensaios como estes».[88] O británico estaba tamén entre os que agradeceron os traballos de paleontoloxía de Gould.[34]

Unha das razóns desas críticas era que Gould parecía presentar as súas ideas como unha forma revolucionaria de comprender a evolución e argumentaba sobre a importancia doutros mecanismos á parte da selección natural, mecanismos que pensaba foran ignorados por moitos evolucionistas profesionais. O resultado foi que moitas persoas non especialistas ás veces deduciron polos seus primeiros escritos que se demostrara que as explicacións de Darwin non eran científicas (algo que Gould nunca intentou dar a entender).[89] Xunto a moitos outros investigadores dese campo as obras de Gould ás veces son deliberadamente postas fóra de contexto polos creacionistas que pretenden demostrar que os científicos xa non entenden como evolucionaron os organismos.[89] Gould corrixiu algunhas destas malas interpretacións e terxiversacións dos seus escritos en obras posteriores.[90]

Gould e Dawkins tamén expresaron o seu desacordo sobre a importancia da selección xenética na evolución. Dawkins argumenta que a evolución enténdese mellor como competencia entre xenes (ou replicadores), mentres que Gould defendeu a importancia de varios niveis de competencia, incluíndo a selección entre os xenes, liñaxes celulares, organismos, grupos (demes), especies e clados.[85] Críticas a Gould e a súa teoría do equilibrio interrompido poden encontrarse no capítulo 9 de O reloxeiro cego de Dawkins e no capítulo 10 de A perigosa idea de Darwin de Dennett. Dawkins posteriormente fixo unha concesión a través dunha nota ao final nunha nova edición do seu libro O xene egoísta, onde di:

A progresión da evolución pode ser non tanto unna escalada constante cara arriba coma unha serie de pasos discretos de meseta estable a meseta estable»
Este parágrafo é un xusto resumo dunha forma de expresar a moi coñecida teoría do equilibrio interrompido. Avergónzame dicir que, cando escribín a miña conxectura, eu, como moitos biólogos de Inglaterra por aquela época, era totalmente ignorante desta teoría, aínda que se publicara tres anos antes. Desde entón, como por exemplo en O reloxeiro cego, estaba algo irascible —quizais demasiado— sobre o excesivo afago cara á teoría do equilibrio interrompido. Se isto feriu os sentimentos de alguén, laméntoo. Poden sinalar que, polo menos en 1976, o meu corazón estaba no lugar correcto.[91]

A oposición á sociobioloxía e á psicoloxía evolucionista

[editar | editar a fonte]

Gould tamén tivo unha inimizade pública durante longo tempo con E. O. Wilson e outros biólogos evolucionistas sobre a sociobioloxía humana e o seu descendente posterior a psicoloxía evolucionista (á que Gould, Lewontin e Maynard Smith se opoñían, pero que Richard Dawkins, Daniel Dennett e Steven Pinker defendían).[92] Estes debates alcanzaron o seu clímax na década de 1970, e incluíron unha forte oposición de institucións como o Grupo de estudo da sociobioloxía e Ciencia para o Pobo.[93] Pinker acusó a Gould, Lewontin e outros opoñentes da psicoloxía evolucionista de ser «científicos radicais», cuxa postura sobre a natureza humana está influenciada pola política no canto de pola ciencia.[94] Gould afirmou que «non viu ningún motivo detrás de Wilson ou de calquera outro», pero advirtiu que todos os seres humanos son influenciados, sobre todo inconscientemente, polas súas expectativas e prexuízos persoais. Escribiu:

Crecín nunha familia que participaba en campañas de xustiza social e participei no movemento de dereitos civís sendo estudante a comezos da década de 1960, un tempo de grande emoción e moitos logros. Os eruditos cóidanse a miúdo de citar eses compromisos. [Pero] é perigoso para un erudito imaxinar que pode alcanzarse unha neutralidade perfecta, porque entón un deixa de estar alerta sobre as súas preferencias persoais e influencias e entón pode caer vítima de prexuízos. A obectividade débese definir operacionalmente como o trato equitativo dos datos, non a ausencia de preferencia.[95]

A crítica principal de Gould era que as explicacións sociobiolóxicas sobre o home carecían de probas, e argumentaba que as condutas adaptativas supóñense xenéticas frecuentemente pola única razón da súa pretendida universalidade ou natureza adaptativa. Gould fixo fincapé en que as condutas adaptativas poden ser transmitidas tamén a través da cultura, e ambas as hipóteses son igualmente plausibles.[96] Gould non negaba a importancia da bioloxía na natureza humana, mais reformulou o debate como «potencialidade biolóxica contra determinismo biolóxico». Afirmaba tamén que o cerebro humano permite unha ampla gama de comportamentos. A súa flexibilidade «permítenos ser agresivos ou tranquilos, dominantes ou submisos, rancorosos ou xenerosos [...] A violencia, o sexismo e a maldade xeneralizada son biolóxicos, xa que representan un subconxunto dun posible rango de comportamentos. Pero a paz, a igualdade e a bondade son igual de biolóxicos —e poderiamos ver aumentada a súa influencia se podemos crear estruturas sociais que lles permitan prosperar».[96]

A falsa medida do home

[editar | editar a fonte]
Debuxo de 1839 de Samuel George Morton de «unha cabeza de negro […] un cranio caucásico […] unha cabeza mongola».

Gould é o autor de A falsa medida do home (The Mismesure of Man, 1981), unha investigación histórica sobre a psicometría e os tests de intelixencia. Gould investigou os métodos da craniometría do século XIX, e a historia dos tests psicolóxicos. O paleontólogo afirmaba que estas dúas teorías se desenvolveron sobre a base dunha infundada crenza no determinismo biolóxico, desde o punto de vista no que «as diferenzas económicas e sociais entre os grupos humanos (razas, clases sociais e sexos) [danse por] distincións herdadas e innatas e a sociedade, nese sentido, é unha exacta réplica da bioloxía».[97]

O libro foi reeditado en 1996 e engadiuselle un prólogo e un comentario de A curva campá (The Bell Curve). A falsa medida do home foi talvez o libro máis controvertido de Gould. Recibiu loanzas,[98] e unha ampla serie de críticas negativas,[99] mesmo varias declaracións de tersiverxación.[100]

En 2011, un estudo realizado por seis antropólogos reanalizou a afirmación de Gould de que Samuel Morton (etnógrafo do século XIX cuxa obra se considera a orixe do "racismo científico") manipulou inconscientemente as medidas dos seus cranios,[101] e chegaron á conclusión de que a análise de Gould tiña escaso fundamento e era incorrecta. Loaron a Gould pola súa "firme oposición ao racismo" pero concluíron que "a reputación inicial de Morton como obxectivista da súa época era ben merecida."[102] Ralph Holloway, un dos coautores do estudo, comentou, "Eu simplemente non confío en Gould. ... teño a sensación de que a súa postura ideolóxica era superlativa. Cando saíu a versión de 1996 de 'A falsa medida do home' e el nin sequera se molestou en mencionar o estudo de Michael, eu simplemente sentín que era un charlatán."[103]

O artigo do grupo foi revisado pola revista Nature, que recomendou unha certa cautela, e fixo notar que "como eles non podían medir todos os cranios, non sabían se as capacidades craniais medias das que informou Morton representan a súa mostra con precisión."[104] A revista declarou que a oposición de Gould ao racismo puido ter nesgado a súa interpretación dos datos de Morton, pero tamén sinalou que "Lewis e os seus colegas tiñan as súas propias motivacións. Varios no seu grupo teñen relación coa Universidade de Pensilvania, e teñen un interese en ver que a valiosa pero pouco estudada colección de cranios está libre do estigma do nesgo."[104] O artigo do grupo foi tamén criticado polo filósofo da cienciae Michael Weisberg, tamén da Universidade de Pensilvania. Weisberg argumenta que "a maioría dos argumentos de Gould contra Morton son sólidos. Aínda que Gould cometeu algúns erros e esaxerou o seu caso en varios lugares, proporcionou probas de prima facia, ata agora non refutadas, de que Morton mediu en efecto mal os seus cranios dunhas maneiras que estaban conformes cos nesgos raciais do século XIX."[105] Os biólogos e filósofos Jonathan Kaplan, Massimo Pigliucci, e Joshua Alexander Banta tamén publicaron unha crítica do artigo do grupo, argumentando que moitas das súas afirmacións eran enganosas e volver facer as medidas era "completamente irrelevante para unha avaliación da análise publicada de Gould." Tamén aduciron que os "métodos utilizados por Morton e Gould eran ambos os dous inapropiados" e que "a análise estatística de Gould dos datos de Morton non é en moitos aspectos mellor que a do propio Morton."[106]

Maxisterios non superpostos

[editar | editar a fonte]

No seu libro de 1999, Rocks of Ages, Gould presenta o que describe como unha «benditamente simple e puramente convencional resolución [ao] suposto conflito entre ciencia e relixión».[75] Define o termo «maxisterio» como «un dominio no que unha forma de ensinanza mantén as ferramentas axeitadas para elaborar un discurso significativo e [chegar a unha] solución».[75] O principio de maxisterios non superpostos (Non overlapping magisteria no orixinal) establece, por tanto, que o maxisterio da ciencia cobre «a esfera do empírico: de que está formado o Universo (feito) e por que funciona de determinada maneira (teoría). O maxisterio da relixión esténdese sobre preguntas sobre o sentido último e asuntos morais. Estes dous maxisterios non se superpoñen, nin abranguen todo o que pode coñecerse».[75] Suxire ademais que «[este principio] ten un forte e explícito apoio, aínda dos estereotipos culturais máis primarios do máis estrito tradicionalismo» e que «é unha sólida posición que merece o consenso xeral, instaurado tras unha longa loita entre xente de boa vontade de ambos os maxisterios».[75]

Porén, esta postura non estivo exenta de críticas. Por exemplo, no seu libro O espellismo de Deus (The God Delusion), Richard Dawkins opina que esta división entre relixión e ciencia non é tan simple como Gould pretende, xa que hai poucas relixións que non afirmen a existencia de milagres, os cales "por definición, violan os principios da ciencia."[107] Dawkins tamén se opón á idea de que a relixión teña algo que dicir que teña sentido sobre ética e valores, e, por tanto, non ten autoridade para reclamar para si un maxisterio.[107] Dawkins di que el cre que Gould é pouco sincero en moito do que di en Rocks of Ages.[108] De xeito similar, o filósofo humanista Paul Kurtz argumenta que Gould está errado cando di que a ciencia non ten nada que dicir sobre cuestións éticas, xa que Kurtz afirma que a ciencia é un método moito mellor que a relixión para determinar principios morais.[109]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Durante a súa vida, as publicacións de Gould foron numerosas. Unha recapitulación das súas publicacións desde o ano 1965 ao 2000 menciona 479 documentos, 22 libros, 300 ensaios e 101 comentarios de libros escritos por el.[110] Algunhas das publicacións fixéronse postumamente.

Velaquí unha lista dos libros escritos ou editados por Gould, incluíndo os publicados postumamente en 2002. Aínda que varias destas obras foron reimpresas posteriormente por moitas editoriais e traducidas a moitos idiomas, esta enumeración mantén a editorial e a data de publicación inicial e os títulos no idioma orixinal.

  • 1977. Ontogeny and Phylogeny. Cambridge MA: Harvard Univ. Press.
  • 1977. Ever Since Darwin. Nova York: W. W. Norton.
  • 1980. The Panda's Thumb. Nova York: W. W. Norton.
  • 1981. The Mismeasure of Man. Nova York: W. W. Norton.
  • 1983. Hen's Teeth and Horse's Toes. Nova York: W. W. Norton.
  • 1985. The Flamingo's Smile. Nova York: W. W. Norton.
  • 1987. Time's Arrow, Time's Cycle. Cambridge MA: Harvard Univ. Press.
  • 1987. An Urchin in the Storm: Essays about Books and Ideas. N.Y.: W. W. Norton
  • 1989. Wonderful Life: The Burgess Shale and the Nature of History. Nova York: W. W. Norton, 347 pp.
  • 1991. Bully for Brontosaurus. Nova York: W. W. Norton, 540 pp.
  • 1992. Finders, Keepers: Eight Collectors. Nova York: W. W. Norton.
  • 1993. Eight Little Piggies. Nova York: W. W. Norton.
  • (ed.) 1993. The Book of Life. Nova York: W. W. Norton
  • 1995. Dinosaur in a Haystack. Nova York: Harmony Books.
  • 1996. Full House: The Spread of Excellence From Plato to Darwin. Nova York: Harmony Books.
  • 1997. Questioning the Millennium: A Rationalist's Guide to a Precisely Arbitrary Countdown. Nova York: Harmony Books.
  • 1998. Leonardo's Mountain of Clams and the Diet of Worms. N.Y.: Harmony Books.
  • 1999. Rocks of Ages: Science and Religion in the Fullness of Life. Nova York: Ballantine Publications.
  • 2000. The Lying Stones of Marrakech. Nova York: Harmony Books.
  • 2000. Crossing Over: Where Art and Science Meet. Nova York: Three Rivers Press.
  • 2002. The Structure of Evolutionary Theory. Cambridge MA: Harvard Univ. Press.
  • 2002. I Have Landed: The End of a Beginning in Natural History. Nova York: Harmony Books.
  • 2003. Triumph and Tragedy in Mudville: A Lifelong Passion for Baseball. Nova York: W. W. Norton.
  • 2003. The Hedgehog, the Fox, and the Magister's Pox. Nova York: Harmony Books.
  1. Shermer, Michael (2002). "This View of Science" (PDF). Social Studies of Science (en inglés) 32 (4): 489–525. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de setembro de 2018. Consultado o 4 de decembro de 2010. 
  2. 2,0 2,1 Eldredge, Niles y S. J. Gould (1972). "Punctuated equilibria: an alternative to phyletic gradualism." (en inglés) En T.J.M. Schopf, ed., Models in Paleobiology. San Francisco: Freeman, Cooper and Company, pp. 82-115. Consultado o 4 de decembro de 2010
  3. 3,0 3,1 Gould, S. J. (1997). "Nonoverlapping magisteria". Arquivado 04 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. (en inglés) Natural History 106 (marzo): 16-22. Consultado o 30 de novembro de 2010
  4. Tattersall I. "Remembering Stephen Jay Gould". Consultado o 2013-06-07. 
  5. Library of Congress. "Living Legend: Stephen Jay Gould". Consultado o 2013-06-07. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Green, Michelle (1986). "Stephen Jay Gould: driven by a hunger to learn and to write". Arquivado 03 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés) People 25 109-114. Consultado o 30 de novembro de 2010
  7. Harris, Sam (2015) "Faith vs. Fact: An Interview with Jerry Coyne." Arquivado 06 de outubro de 2015 en Wayback Machine. May 19. (12m:22s) www.samharris.org.
  8. Sacks, Oliver (2006) Introduction. The Richness of Life. W. W. Norton & Company, p. 8.
  9. Texto orixinal: “If you absolutely forced me to bet on the existence of a conventional anthropomorphic deity, of course I'd bet no. But, basically, Huxley was right when he said that agnosticism is the only honorable position because we really cannot know. And that's right. I'd be real surprised if there turned out to be a conventional God.” (Freethougth Almanac September 10:Stephen Jay Gould Arquivado 17 de novembro de 2015 en Wayback Machine.)
  10. 10,0 10,1 Gould, S. J. (2002). The Structure of Evolutionary Theory. Cambridge: Belknap Press of Harvard University Press. ISBN 0-674-00613-5
  11. 11,0 11,1 Gould, S. J. (1981). "Official Transcript for Gould’s deposition in McLean v. Arkansas".(en inglés) (Nov. 27) Consultado o 30 de novembro de 2010. Baixo xuramento nun xuízo Gould afirmou: «Os meus puntos de vista tenden a ser de centro-esquerda. P. Podería ser máis específico sobre as súas opinións políticas? R: Non sei como podo selo. Non son dos que se unen a grupos, así que non pertenzo a ningunha organización. Sempre me resistín a ser etiquetado. Pero se vostede le o meu outro libro, A falsa medida do home, que non está incluído porque non trata da evolución, terá unha idea das miñas opinións políticas». P. 153.
  12. Gaspar, Phil (2002). "Stephen Jay Gould: Dialectical Biologist". Arquivado 24 de novembro de 2015 en Wayback Machine.(en inglés) International Socialist Review 24 (xullo-agosto). Consultado o 30 de novembro de 2010
  13. Lewontin, Richard Levins e Richard (2002). "Stephen Jay Gould—what does it mean to be a radical?" Arquivado 17 de marzo de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)Monthly Review 54 (01 de novembro). "A vida intelectual e política públicas de Steve Gould eran extraordinarias, por non dicir únicas. En primeiro lugar, foi un biólogo evolutivo e historiador da ciencia, cuxo traballo intelectual tivo un grande impacto na nosa visión do proceso da evolución. En segundo lugar, era, con diferenza, o comunicador sobre ciencia máis coñecido e influente que escribiu para un público leigo. En terceiro lugar, era un activista político coherente no seu apoio do socialismo e en oposición a toda forma de colonialismo e opresión. A figura que máis se parece neste aspecto foi o biólogo británico da década de 1930, J. B. S. Haldane, un dos fundadores da teoría xenética da evolución moderna, un ensaísta marabilloso da ciencia para o público xeral, e un marxista idiosincrásico e columnista para o Daily Worker que finalmente se separou do Partido Comunista pola súa esixencia de que as afirmacións científicas debían seguir a doutrina do Partido. " Consultado o 30 de novembro de 2010
  14. Yoon Kaesuk Carol (2002). "Stephen Jay Gould, 60, Is Dead; Enlivened Evolutionary Theory." New York Times, 21 de maio 2002.
  15. Gould, S. J. (1985). "The Median Isn't the Message". Arquivado 18 de novembro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés) Discover 6 (xuño): 40-42. Consultado o 31 de outubro de 2010].
  16. Bakalar, James and Lester Grinspoon (1997). Marihuana, the Forbidden Medicine. New Haven: Yale University Press, pp. 39-41. Arquivado 26 de novembro de 2015 en Wayback Machine.(en inglés) Consultado o 16 de xaneiro de 2011
  17. "Jim Wakeford - Canada's best hope for medical marijuana?". Cannabis culture.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2007. Consultado o 30 de novembro de 2010. 
  18. Gould, S. J. (1993). "Dinomania". (en inglés)New York Review of Books 40 (August 12): 51-56. Consultado o 28 de outubro de 2010.
  19. Gould, S. J. (1983). Hen's Teeth and Horse's Toes. New York: W. W. Norton & Company. ISBN 0-393-31103-1.
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 Harvard News Office (2002). "Paleontologist, author Gould dies at 60". Arquivado 01 de xuño de 2002 en Wayback Machine.(en inglés) The Harvard Gazette. (20 de maio). Consultado o 30 de novembro de 2010.
  21. Krementz, Jill (2002). "Jill Krementz Photo Journal". Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.(en inglés) New York Social Diary. Consultado o 30 de novembro de 2010.
  22. 22,0 22,1 Allen, Warren (2008). "The Structure of Gould".(en inglés) In Warren Allen et al. Stephen Jay Gould: Reflections on His View of Life. Oxford: Oxford University Press, p. 24, 59.
  23. Masha, Etkin (2002). "A Tribute to Stephen Jay Gould '63". Arquivado 25 de agosto de 2009 en Wayback Machine.(en inglés) Antiochian (Winter ed.). Consultado o 30 de novembro de 2010.
  24. "Remarkable Columbians: Stephen Jay Gould". Columbia University (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2011. 
  25. "Norman Newell" (en inglés). SJG Archives. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2011. Consultado o 22 de xaneiro de 2011. 
  26. "STEPHEN JAY GOULD". SJG Archives (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2010. Consultado o 22 de xaneiro de 2011. 
  27. 27,0 27,1 Amber, Dave. "Stephen Jay Gould Voted President-Elect of AAAS". AAAS (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2001. Consultado o 22 de xaneiro de 2011. 
  28. "In Memoriam Stephen Jay Gould (1941-2002)". American Museum of Natural History (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2011. 
  29. 29,0 29,1 "Stephen Jay Gould" (en inglés). NNDB. Consultado o 22 de xaneiro de 2011. 
  30. "American Humanist Association". NNDB (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2011. 
  31. "Cave Bigology Research Group". New York University (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2001. Consultado o 22 de xaneiro de 2011. 
  32. Linnean Society of London (2008). "The Darwin-Wallace Medal".(en inglés) Consultado o 30 de novembro de 2010.
  33. Dawkins, Richard (1999). The Extended Phenotype. Oxfordshire: Oxford University Press. p. 101. ISBN 0-19-288051-9.
  34. 34,0 34,1 Maynard Smith, John (1984). "Paleontology at the high table". Nature 309 (5967): 401–402. doi:10.1038/309401a0. 
  35. Mayr, Ernst (1992). "Speciational Evolution or Punctuated Equilibria". Arquivado 07 de setembro de 2018 en Wayback Machine.(en inglés) In Steven Peterson and Albert Somit. The Dynamics of Evolution. Ithaca: Cornell University Press, pp. 21-48. ISBN 0-8014-9763-9. Consultado o 30 de novembro de 2010
  36. Turner, John (1984). ""Why we need evolution by jerks."". New Scientist (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  37. Gould, S. J. and Steven Rose, ed. (2007). The Richness of Life: The Essential Stephen Jay Gould. New York: W. W. Norton & Co., p.6 (en inglés) Consultado o 16 de xaneiro de 2011
  38. Thomas, R.D.K. (2009). "Gould, Stephen Jay (1941–2002)". en M. Ruse and J. Travis (eds). Evolution: The First Four Billion Years. Cambridge MA: Belknap Press. pp. 611-615.
  39. Prum, R.O., & Brush, A.H. (marzo de 2003) "Which Came First, the Feather or the Bird?" Scientific American, vol.288, no.3, pp.84-93
  40. Gould, S. J.; Vrba, E. (inverno 1982). "Exaptation—a missing term in the science of form" (PDF). Paleobiology (en inglés) 8 (1): 4–15. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. (require subscrición (?)). 
  41. Wilson, E. O. (1975). Sociobiology: The New Synthesis. Cambridge MA: Harvard University Press.
  42. Allen, Elizabeth, et al. (1975). "Against 'Sociobiology'".(en inglés) [carta] New York Review of Books 22 (Nov. 13): 182, 184-186.
  43. Gould, S. J. (1980). "Sociobiology and the Theory of Natural Selection". In G. W. Barlow and J. Silverberg, eds., Sociobiology: Beyond Nature/Nurture? Boulder CO: Westview Press, pp. 257-269.
  44. Gould, S. J. and Richard Lewontin (1979). "The spandrels of San Marco and the Panglossian paradigm: a critique of the adaptationist programme". Arquivado 26 de abril de 2009 en Wayback Machine.(en inglés) Proc. R. Soc. Lond., B, Biol.. Ciencia:. 205 (1161) 581-98. DOI PMID; para máis información xeral ver a obra de Gould "The Pattern of Life's History" Arquivado 14 de abril de 2015 en Wayback Machine.(en inglés) en John Brockman The Third Culture Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.(en inglés). New York: Simon & Schuster. 1996, pp. 52-64. ISBN 0-684-82344-6. Consultado o 30 de novembro de 2010
  45. López, J. A., Las enjutas de San Marcos (en castelán). Consultado o 27 de outubro do 2010
  46. "Escultura Gótica en España". Arte Guias. Consultado o 22 de xaneiro de 2011. 
  47. 47,0 47,1 Gould, S. J. (1997). "The exaptive excellence of spandrels as a term and prototype". Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.(en inglés) Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 94 (20): 10750–5. DOI PMID Consultado o 30 de novembro de 2010
  48. Rosenberg, Alexander (1985). The structure of biological science (en inglés). Cambridge University Press. p. 235. ISBN 978-0521275613. 
  49. Maynard Smith, John (1995). "Genes, Memes, & Minds".(en inglés) The New York Review of Books 42 (Nov. 30): 46–48. «En xeral, creo que o seu artigo sobre as [enxuntas] tivo un efecto saudable.... A súa crítica obrigounos a poñer orde na nosa forma de actuar e achegar probas das nosas historias. Mais o adaptacionismo segue sendo o núcleo do pensamento biolóxico". Ernst Mayr reflexiona de forma similar no seu artigo de 1983 "Como levar a cabo o programa adaptacionista?» The American Naturalist 121 (3): 324–334; and George C. Williams, Natural Selection: Domains, Levels, and Challenges. New York: Oxford University Press. 1992. Consultado o 30 de novembro de 2010
  50. Lloyd, E.A. (2005). The Case of The Female Orgasm: Bias in the science of evolution. Cambridge MA: Harvard University Press.
  51. Gould, S.J. (1992). "Male Nipples and Clitoral Ripples".(en inglés) In Bully for Brontosaurus: Further Reflections in Natural History. New York: W. W. Norton. pp. 124-138. Consultado o 30 de novembro de 2010
  52. Gould, Stephen Jay (1997). "Darwinian Fundamentalism" (en inglés). The New York Review of Books. Consultado o 10 de xaneiro de 2011. 
  53. Gould, S. J. (1996). Full House: The Spread of Excellence From Plato to Darwin. New York: Harmony Books.
  54. Dawkins, Richard; Gould, Stephen Jay (1997). "Human chauvinism". Evolution (en inglés) 51 (3): 1015–1020. JSTOR 2411179. doi:10.2307/2411179. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2008. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 
  55. Gould, S. J. (1991). "The disparity of the Burgess Shale arthropod fauna and the limits of cladistic analysis". Arquivado 07 de agosto de 2012 en Wayback Machine. (en inglés) Paleobiology 17 (outubro): 411-423. Consultado o 30 de novembro de 2010
  56. Baron, Christian and J. T. Høeg (2005). "Gould, Scharm and the Paleontologocal Perspective in Evolutionary Biology".(en inglés) In S. Koenemann and R.A. Jenner, Crustacea and Arthropod Relationships. CRC Press. pp. 3–14. ISBN 0-8493-3498-5.
  57. Wolpert, Lewis and Alison Richards (1998). A Passion For Science. Oxford: Oxford University Press, pp. 139-152. Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.(en inglés) ISBN 0-19-854212-7 Consultado o 30 de novembro de 2010
  58. Gould, S. J. (1996). "A Cerion for Christopher". Natural History 105 (Oct.): 22-29, 78—79.
  59. Collado González, Santiago. "Teoría de la Evolución". Philosophica: Enciclopedia filosófica. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2014. Consultado o 22 de abril de 2014. 
  60. Levin, Luciano (26 de febreiro de 2005). "Los aportes específicos de Gould a la teoría de la evolución". Clarín. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2014. Consultado o 22 de abril de 2014. 
  61. 61,0 61,1 61,2 61,3 D. Aljanti, E. Wolovelsky y C. Tambussi Biología II: Los caminos de la evolución Ediciones Colihue. ISBN 950-581-346-5
  62. Conway Morris, S.; Gould, S. J. (1998). "Showdown on the Burgess Shale". Natural History (en inglés) 107: 48–55. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2010. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 
  63. Briggs, Derek; Fortey, Richard (2005). "Wonderful Strife: systematics, stem groups, and the phylogenetic signal of the Cambrian radiation". Paleobiology (en inglés) 31 (2): 94–112. doi:10.1666/0094-8373(2005)031[0094:WSSSGA]2.0.CO;2. Consultado o 27 de outubro de 2010. 
  64. Fortey, Richard (1998). "Shock Lobsters". Arquivado 23 de agosto de 2009 en Wayback Machine.(en inglés) London Review of Books 20 (1 de outubro de 1998). Consultado o 27 de outubro de 2010
  65. 65,0 65,1 65,2 Gould, S. J. (1994) Tempo and mode in the macroevolutionary reconstruction of Darwinism, PNAS 91:6764-6771
  66. Gould, S. J. A Estrutura da Teoría da Evolución, p. 705
  67. "Cantidade de veces que Gould foi citado". Google Scholar. Consultado o 27 de outubro de 2010. 
  68. Prothero, Donald (2000). "Evolution Revolution: Paleontology, History, Biography". Arquivado 23 de agosto de 2009 en Wayback Machine.(en inglés) Skeptic Festschrift lecture for Stephen Jay Gould. 7 de outubro de 2000. Consultado o 30 de novembro de 2010
  69. Shermer, Michael (2002). "This View of Science" (PDF). Social Studies of Science (en inglés) 32 (4): 518. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de setembro de 2018. Consultado o 30 de novembro de 2010. 
  70. Gould, Stephen Jay. "A Biological Homage to Mickey Mouse" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de outubro de 2010. Consultado o 24 de xaneiro de 2011. 
  71. Pinker, Steven. (1997) How the mind works, pág. 445. Penguin Books. ISBN 0-14-024491-3
  72. Pearson, Richard (21 de maio de 2002). "Stephen Jay Gould, Evolution Scientist, Author, Dies at 60" (en inglés). The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2010. Consultado o 24 de xaneiro de 2011. 
  73. Bibliografía de Stephen J. Gould (en inglés) The Unnoficial SJG Archive. Consultado o 24 de xaneiro de 2011
  74. Gould, S. J. (2003). Triumph and Tragedy in Mudville. New York: W. W. Norton & Co. See his essays: "The Streak of Streaks", "Thcience Studies", e "Baseball's reliquary: the oddly possible hybrid of shrine and university"(en inglés) Consultado el 30 de novembro de 2010
  75. 75,0 75,1 75,2 75,3 75,4 75,5 Gould, S. J. (2002). Rocks of Ages: Science and Religion in the Fullness of Life. New York: Ballantine Books.
  76. Gould, S. J. (1982). "Nonmoral Nature". Arquivado 17 de novembro de 2015 en Wayback Machine.(en inglés) Natural History 91 (Feb.): 19–26. Consultado o 30 de novembro de 2010
  77. National Center for Science Education (2003). "Project Steve". Principios Arquivado 31 de maio de 2016 en Wayback Machine. "Project Steve." Sinaturas www.ncse.com. Consultado o 25 de agosto de 2015. Cita: "E honra ao último Stephen Jay Gould, biólogo evolutivo, simpatizante do NCSE, e amigo." (Orixinal: "And it honors the late Stephen Jay Gould, evolutionary biologist, NCSE supporter, and friend.")
  78. PBS (1984). "Stephen Jay Gould: This View of Life". Arquivado 06 de xuño de 2011 en Wayback Machine.(en inglés) NOVA. December 18. Consultado o 30 de novembro de 2010
  79. Fox. The Simpsons. "Lisa the Skeptic", novembro 23, 1997. Audio Arquivado 05 de setembro de 2015 en Wayback Machine.(en inglés) Consultado o 30 de novembro de 2010
  80. Shermer, Michael (2002). "This View of Science". Arquivado 20 de setembro de 2018 en Wayback Machine.(en inglés, PDF) Social Studies of Science 32 (4): 518. Consultado o 30 de novembro de 2010
  81. Leda Cosmides y John Tooby (1997) Letter to the Editor of The New York Review of Books on Stephen Jay Gould's "Darwinian Fundamentalism" (12 de xuño de 1997) and "Evolution: The Pleasures of Pluralism" (26 de xuño de 1997)
  82. , Andrew Brown (1999). The Darwin Wars: The Scientific Battle for the Soul of Man. London: Simon & Schuster. ISBN 0-8050-7137-7
  83. Rose, Steven (2002). "Obituaries: Stephen Jay Gould".(en inglés) The Guardian (22 de maio): 20. Consultado o 30 de novembro de 2010
  84. Blume, Harvey (2002). "The Origin of Specious". Arquivado 22 de decembro de 2010 en Wayback Machine.(en inglés) The American Prospect (22 de septembro): 41–43. Consultado o 30 de novembro de 2010
  85. 85,0 85,1 Sterelny, Kim (2007). Dawkins vs. Gould: Survival of the Fittest. Cambridge, U.K.: Icon Books. ISBN 1-84046-780-0.  Tamén ISBN 978-1-84046-780-2
  86. Maynard Smith, John (1981). "Did Darwin get it right?" The London Review of Books 3 (11): 10-11; Also reprinted in Did Darwin Get it Right? New York: Chapman and Hall, 1989, pp. 148-156.
  87. Maynard Smith, John (1995). "Genes, Memes, & Minds". (en inglés) The New York Review of Books 42 (Nov. 30): 46–48. Consultado o 30 de novembro de 2010
  88. Maynard Smith, John (1981). "Review of The Panda's Thumb " The London Review of Books pp. 17–30; Reprinted as "Tinkering" in his Did Darwin Get It Right? New York: Chapman and Hall. 1989, pp. 94, 97.
  89. 89,0 89,1 Wright, Robert (1999). "The Accidental Creationist: Why Stephen J. Gould is bad for evolution". Arquivado 11 de febreiro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)The New Yorker 75 (Dec. 13): 56-65.
  90. Gould, S. J. (1981). "Evolution as fact and theory". Arquivado 17 de marzo de 2019 en Wayback Machine.(en inglés) Discover 2 (May): 34-37.
  91. Dawkins, Richard (1989). The Selfish Gene. Oxford: Oxford University Press. (Endnotes to chapter 5, p.287) ISBN 0-19-286092-5 The endnote online(en inglés) Consultado o 30 de novembro de 2010
  92. Gould, S. J. (1997). "Evolution: The pleasures of pluralism". Arquivado 10 de novembro de 2016 en Wayback Machine.(en inglés) The New York Review of Books 44 (26 de xuño): 47–52. Consultado o 30 de novembro de 2010
  93. Wilson, E. O. (2006). Naturalist New York: Island Press, p.337(en inglés) ISBN 1-59726-088-6. Consultado o 30 de novembro de 2010
  94. Pinker, Steven (2002). The Blank Slate: The Modern Denial of Human Nature. New York: Penguin Books. ISBN 0142003344. 
  95. Gould S. J. (1996). The Mismeasure of Man: Revised and Expanded Edition. New York: W. W. Norton & Co., p. 36. ISBN 0-14-025824-8
  96. 96,0 96,1 Gould, S. J. (1992). "Biological potentiality vs. biological determinism". (en inglés) In Ever Since Darwin. New York: W. W. Norton & Co., pp. 251-259. Consultado o 30 de novembro de 2010
  97. Gould, S. J. (1981). The Mismeasure of Man. New York: W.W. Norton & Co. p. 20.
  98. En 1981 A falsa medida do home gañou o premio do National Book Critics Circle á non fición. Votouse como o 17º mellor libro científico na revistaDiscover (vol. 27 8 de decembro de 2006), como o 9º libro escéptico pola Skeptic Society (Frank Diller, "Scientists' Nightstand" American Scientist); e chegou ao posto 24º dos mellores libros de non ficción en Modern Library
  99. Blinkhorn, Steve (1982). "What Skulduggery?" Arquivado 23 de novembro de 2015 en Wayback Machine.(en inglés) Nature 296 (April 8): 506. Consultado o 27 de outubro de 2010
  100. Jensen, Arthur (1982). "The Debunking of Scientific Fossils and Straw Persons". Contemporary Education (en inglés) 1 (2): 121–135. Consultado o 27 de outubro de 2010. 
  101. Gould, S. J. (1978). "Morton's Ranking of Races by Cranial Capacity." Arquivado 17 de novembro de 2015 en Wayback Machine. Science 200 (May 5): 503–509.
  102. Lewis, J., E., DeGusta, D. Meyer, M.R., Monge, J.M., Mann, A.E. and Holloway, R.L. (2011). "The Mismeasure of Science: Stephen Jay Gould versus Samuel George Morton on Skulls and Bias." Arquivado 10 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. Public Library of Science Biology 9 (6): e1001071.
  103. Wade, Nicholas (2011). "Scientists Measure the Accuracy of a Racism Claim." New York Times (14 de xuño): D4.
  104. 104,0 104,1 Editorial (2011). "Mismeasure for mismeasure." Nature 474 (23 de xuño): 419.
  105. Weisberg, Michael (2015). "Remeasuring man" Arquivado 17 de novembro de 2015 en Wayback Machine. Evolution & Development 16 (3): 166–178.
  106. Kaplan, Jonathan Michael, Massimo Pigliucci, and Joshua Alexander Banta (2015). "Gould on Morton, Redux: What can the debate reveal about the limits of data?" Arquivado 10 de outubro de 2015 en Wayback Machine. Studies in History and Philosophy of Biological and Biomedical Sciences 30: 1-10.
  107. 107,0 107,1 Dawkins, Richard (2006). The God Delusion. New York: Houghton Mifflin Harcourt, p. 83.
  108. Dawkins, Richard (2006). The God Delusion. New York: Houghton Mifflin Harcourt, p. 81.
  109. Grothe, DJ (11 de decembro de 2005). "Paul Kurtz - Science and Religion: Are They Compatible?". Point of Inquiry Podcast. Center for Inquiry. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 18 de xaneiro de 2014. 
  110. Shermer, Michael (2002), p.496

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]