Mesotelioma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O mesotelioma é un cancro de pericardio, a estrutura que recobre o corazón. O mesotelioma prodúcese por proliferación de tecidos anómalos, con elevadas mutacións xenéticas. As células derivan do mesotelio, tecido normal que constitúe o pericardio.

Factores de risco[editar | editar a fonte]

O principal factor de risco deste cancro é o asbesto, substancia derivada da industria. A exposición crónica a este material incrementa notablemente o risco de padecer esta enfermidade, así como outras substancias derivadas do carbón[1].

Síntomas[editar | editar a fonte]

Os síntomas son variados pero pouco específicos. Abranguen:

  • Dispnea ou dificultade respiratoria. A maior parte das veces débese á presenza de derramo pleural. O cancro lesiona a estrutura pericárdica, causando a saída de líquido pleural. A acumulación desta substancia é a causa da dispnea.
  • Dor torácica, especialmente cando o cancro está avanzado e contacta con outras estruturas veciñas.
  • Síntomas inespecíficos, como a perda de peso, comúns a outras moitas patoloxías.

En moitos casos, os tratamentos cirúrxicos e quimioterapéuticos serven para reducir a masa tumoral e paliar os síntomas.

Causas[editar | editar a fonte]

A causa principal do mesotelioma é a exposición ao amianto[2][3]. O amianto emprégase en diversas industrias dende o século XIX. O máximo uso ocorreu na década dos 40 do século XX, durante a segunda guerra mundial. A mediados dos 70 e dos 80 existiu unha incidencia de mesotelioma moi superior ao habitual, debida á exposición previa ao amianto había 30 ou 40 anos[3]. Os diversos estudos buscaron un nivel de exposición mínimo baixo o cal non hai incremento do risco, sen atopalo[4].

O risco increméntase de xeito lineal canto maior sexa a exposición a tal material[5]. Non obstante, exposicións de apenas 1 a 3 meses tamén incrementan o risco[6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Asbestos, carbon nanotubes and the pleural mesothelium: a review of the hypothesis regarding the role of long fibre retention in the parietal pleura, inflammation and mesothelioma. Particle Fibre Toxicology. 2010 Mar 22;7:5.
  2. Base de datos EBSCO
  3. 3,0 3,1 Roggli VL, Sharma A, Butnor KJ, Sporn T, Vollmer RT (2002). "Malignant mesothelioma and occupational exposure to asbestos: a clinicopathological correlation of 1445 cases". Ultrastruct Pathol 26 (2): 55–65. doi:10.1080/01913120252959227. PMID 12036093
  4. ^ Hillerdal G. Mesothelioma: Cases Associated with Non-occupational and Low Dose Exposures. Occup Environ Med, 1999;56:505-513
  5. Peto J, Seidman H and Selikoff IJ. Mesothelioma Mortality in Asbestos Workers: Implications for Models of Carcinogenesis and Risk Assessment. Brit J Cancer, 1982;45:124-135
  6. Burdorf A, Dahhan M, Swuste P (2003). "Occupational characteristics of cases with asbestos-related diseases in The Netherlands". Ann Occup Hyg 47 (6): 485–92. doi:10.1093/annhyg/meg062. PMID 12890657

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]