Oliver Sacks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oliver Sacks en 2009.

Oliver Wolf Sacks, nado en Londres o 9 de xullo de 1933, é un neurólogo inglés que escribiu importantes libros sobre os seus pacientes, seguidor da tradición, propia do século XIX, das «anécdotas clínicas» (historias de casos clínicos contadas a través dun estilo literario informal). O seu exemplo favorito é The Mind of a Mnemonist (Pequeno libro dunha gran memoria: A mente dun mnemonista[1]), de Alexander Luria.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduouse no Queen's College da Universidade de Oxford e doutorouse en neuroloxía na Universidade de California. Vive en Nova York dende 1965. É profesor clínico de neuroloxía na Escola de Medicina Albert Einstein, profesor adxunto de neuroloxía na Facultade de Medicina da Universidade de Nova York e neurólogo de consulta para as Irmanciñas dos Pobres. Exerce na cidade de Nova York.

Sacks describe os seus casos con pouco detalle clínico, concentrándose na experiencia fenomenolóxica (vivencia subxectiva) do paciente. Algunhas das alteracións descritas son condiciones crónicas o alteracións moi severas con deterioro significativo do funcionamento do individuo, sen embargo, Sacks enfatiza como os pacientes realizan adaptacións compensatorias que lles permiten corrixir ou atenuar os seus déficits na vida cotiá.

No seu libro máis coñecido, Awakenings (Despertares, dun de cuxos casos se fixo unha película, que leva o mesmo título), relata as súas experiencias no uso dunha substancia natural que viña de ser descuberta, a L-dopa, en pacientes afectados pola epidemia de encefalite letárxica acaecida nos anos 1920. Tamén foi o tema da primeira película feita para a serie documental Discovery da BBC.

Noutros libros describe casos da síndrome de Tourette e os efectos da enfermidade de Parkinson. O relato que da título a The Man Who Mistook His Wife for a Hat (O home que confundiu á súa muller cun sombreiro) versa sobre un músico que sofre unha agnosia visual (prosopagnosia) que tamén foi o personaxe protagonista dunha ópera de Michael Nyman presentada en 1987). A historia Un antropólogo en Marte, que forma parte do libro do mesmo nome, trata de Temple Grandin, unha profesora coa síndrome de Asperger. As obras de Sacks foron traducidas a 21 idiomas.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Migraine, 1970.
  • Awakenings, 1973.
  • A Leg to Stand On, 1984.
  • The Man Who Mistook His Wife for a Hat, 1985.
  • Seeing Voices: A Journey Into The Land of the Deaf, 1989.
  • An Anthropologist on Mars, 1995.
  • The Island of the Colour-blind (total congenital color blindness in an island society, 1997.
  • Uncle Tungsten: Memories of a Chemical Boyhood, 2001.
  • Oaxaca Journal, 2002.
  • Musicophilia: Tales of Music and the Brain, 2007.
  • The Mind's Eye, 2010.
  • Hallucinations, 2012.

Cine[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Editado en 2009 por KRK Ediciones: [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]