Adaptación biolóxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O ollo é unha adaptación.

Unha adaptación biolóxica é unha estrutura anatómica, é un proceso fisiolóxico ou un trazo do comportamento dun organismo que evolucionou durante un período de tempo mediante selección natural de tal maneira que incrementa as súas expectativas a longo prazo para reproducirse con éxito. O termo adaptación tamén se utiliza ocasionalmente como sinónimo de selección natural, aínda que a maioría dos biólogos non está de acordo con este uso. É importante ter presente que as variacións adaptativas non xorden como respostas á contorna senón como resultado da deriva xenética.


Selección natural[editar | editar a fonte]

O concepto foi introducido por Charles Darwin a través da súa teoría de selección natural, que describe o desenvolvemento das especies como produto da interacción coa contorna ecolóxica. Como resultado desta interacción, tenden a persistir os patróns xenéticos que proporcionan aos individuos as características máis adecuadas para a supervivencia no medio ambiente no cal habitan.

As adaptacións son mecanismos mediante os cales os organismos non fan fronte ás tensións e presións de moitas cousas. As especies que se adaptan ao seu ambiente son capaces de:

Todo o explicado anteriormente é especificamente aplicado á bioloxía funcional

Tipos de adaptación[editar | editar a fonte]

Hai 3 tipos de adaptación ao medio:

  • Morfolóxica ou estrutural: Como a substitución de follas por espiñas nos cactos para evitar a perda de auga.
  • Fisiolóxica ou funcional: Como as glándulas de sal nas iguanas mariñas para eliminar o exceso de sal no seu corpo.
  • Etolóxica ou de comportamento: Como a danza de cortexo de moitas aves, para atraer á femia e reproducirse.