Metástase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha metástase (grego: desprazamento, μετά:seguinte e στάσις:lugar) é a extensión dunha doenza dun órgano até outra parte distante do organismo. Só os cancros e as infeccións teñen a capacidade de metastatizar. As células canceríxenas teñen a capacidade de se desprender do tumor primario, ben polo sangue, ben polos ganglios linfáticos.