Tyrannosaurus rex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tyrannosaurus rex
Rango fósil: Cretáceo serodio, 67-66 Ma
Especime reconstruído no Museo de Historia Natural de Carnegie.
Especime reconstruído no Museo de Historia Natural de Carnegie.
Estado de conservación
Extinto (fósil)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Familia: Tyrannosauridae
Subfamilia: Tyrannosaurinae
Xénero: Tyrannosaurus''
Nome binomial
Tyrannosaurus rex
Osborn, 1905
Sinonimia

O Tyrannosaurus rex (que significa literalmente "réptil tirano rei") é unha especie de dinosauro xa extinta (coma todas as especies desta super-orde). Considérase o maior dinosauro carnívoro: non en van medía 5,6 metros de altura e 14 de lonxitude, da cabeza á cola e os seus dentes medían 18 centímetros de lonxitude. Este dinosauro é, probablemente, o máis coñecido popularmente.

O tyrannosaurus rex viviu durante o período cretáceo, hai uns 67 millóns de anos. Fotografía do Field Museum of Natural History en Chicago, Illinois. Verán de 2005.

Viviu no período Cretáceo, en América do Norte e China, aínda que é probable que tamén vivise en tamén Sudamérica e na India.

As extremidades traseiras, coma na maioría dos terópodos, eran moito maiores e máis robustas que as dianteiras, aínda que se cre que estas eran o suficientemente robustas como para levantarse dende o chan.

Cando perseguía as súas presas, o tyrannosaurus rex souperaba os 30 km/h a curtas distancias, pero non podía manter esta velocidade. Isto facía que un tyrannosaurus rex non puidera en moitas ocasións superar a velocidade das súas presas. Por iso, era fundamental para estes dinosauros a sorpresa ou cazar por parellas.

O primeiro esqueleto de tyrannosaurus rex atopouse en Montana, nos Estados Unidos, en 1902. Axiña atopouse outro en Wyoming. A partir destes ósos, o paleontólogo americano Henry Fairfiel Osborn reconstruíu o o primeiro debuxo deste dinosauro. Chamoulle literalmente réptil tirano rei porque era o maior dinosauro atopado ata entón.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tyrannosaurus rex