Maruxiña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Coccinella septempunctata
Xoaniña, Boiro
Larva
Clasificación Científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Familia: Coccinellidae

A maruxiña, reirrei ou xoaniña é un insecto coleóptero dos coccinélidos. Os cocinelídeos posúen corpo semiesférico, cabeza pequena, patas moi curtas e as membranosas moi desenvolvidas, protexidas por unha carapa quitinosa. Hai cerca de 4500 especies dentro deste grupo, distribuídas en 350 xéneros, distinguíbeis polos padróns de cores e pintas da carapa. O reirrei ou xoaniña ten o corpo globoso, xeralmente negro, cos élitros vermellos ou amarelos, con puntos escuros. As súas larvas e adultos nútrense de pulgóns.

As xoaniñas son predadores no mundo dos insectos e aliméntanse de afídeos, moscas da froita e outros tipos de insectos. Xa que a maioría das súas presas causa estragos ás colleitas e plantacións, as xoaniñas considéranse benéficas por parte dos agricultores, razón pola cal C. septempunctata foi introducida en Norteamérica para combate-las pragas deses parasitos das plantas.

Outros nomes[Cómpre referencia]: cascarrubia, costureiriña, mosca de deus, papasol, polboretiña de deus, rei, rinchín.

  • VOLGA: avelaíña, velairiña, voaniña, voíña.
  • RAG: barbosiña, papoia, reirrei, xoana.


Galería de imaxes [editar]

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: