Garza branca

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Garza branca
Heron herdsman lake.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Ciconiformes
Familia: Ardeidae
Xénero: Egretta
Nome científico
Egretta alba
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A garza branca (Egretta alba, Ardea alba ou Casmerodius albus) é unha garza presente en moitas das zonas de clima tropical e temperado do mundo.

Índice

[editar] Descrición

A garza branca é unha garza de tamaño grande co peteiro amarelo e patas e pés gris escuros. Mide entre 85 e 100 cm. de lonxitude, e ten unha envergadura de alas que vai de 145 a 170 cm., pesa ata 1,5 kg. En xeral, os machos son algo meirandes cás femias. O bico é longo e dereito. A cola curta. A plumaxe é uniformemente branca. Voan, coma tódalas garzas, co pescozo encollido, o que as diferencia das cegoñas e as grúas.

[editar] Distribución e hábitat

E a garza de distribución máis ampla. vive no continente americano ata ó sur de Canada, no sur e centro de Europa en África e no Oriente próximo. É unha especie parcialmente migratoria: os exemplares do hemisferio norte viaxan cara ó sur nos invernos máis fríos. Habita en canavais preto de lagos, ríos e pantanos, nos que haxa tamén árbores e arbustos. Fora da época de cría, atopase a gusto en zonas de chaira.

[editar] Alimentación

Come insectos, anfibios, peixes e ratos e mamíferos pequenos.

[editar] Reprodución

Forman colonias de cría. Constrúen niños moi grandes de garabullos nas árbores. Poñen, entre abril e xuño, tres ou catro ovos.

[editar] Status

É unha especie en certa expansión, aínda que está en perigo nalgunhas áreas da súa distribución, como Nova Celandia. En Australia] é unha especie protexida. En Norteamérica foron cazadas en grandes cantidades a finais do século XIX para usa-las súas plumas na decoración de sombreiros, pero as súas poboacións aumentaron grazas ás medidas de protección. A destrucción do seu hábitat é a ameaza máis grande para a súa supervivencia. Esta incluída no AEWA, (Acordo para a conservación das aves acuáticas de África e Eurasia).

[editar] Taxonomía

Segundo os autores o nome científico desta especie é Egretta alba ‘’Ardea alba’’ ou Casmerodius albus. Ten catro subespecies distribuídas por diferentes partes do mundo:

[editar] Galería de imaxes

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais