Johann Christian Bach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johann Christian Bach
Johann Christian Bach, pingura de Thomas Gainsborough, 1776 (National Portrait Gallery, Londres)
Alcume(s)O Bach de Londres
O Bach inglés
Nacemento5 de setembro de 1735 e setembro de 1735
 Leipzig
Sacro Imperio Romano Xermánico
Falecemento1 de xaneiro de 1782 (46 anos)
 Londres
Reino de Gran Bretaña
SoterradoSt Pancras Old Church, Camden
NacionalidadeElectorado de Saxonia e Reino de Gran Bretaña
Educado enThomasschule zu Leipzig
Instrumento(s)Órgano
PaiJohann Sebastian Bach
NaiAnna Magdalena Bach
Parella/sCecília Grassi
IrmánsMaria Sophia Bach, Johanna Carolina Bach, Regina Susanna Bach, Christiana Dorothea Bach, Christiana Benedicta Louisa, Regina Johanna Bach, Elisabeth Juliana Friderica Bach, Wilhelm Friedemann Bach, Johann Gottfried Bernhard Bach, Johann Christoph Friedrich Bach, Gottfried Heinrich Bach, Carl Philipp Emanuel Bach, Johann Christoph Bach, Léopold Augustus Bach, Christiana Sophia Enrietta Bach, Johann August Abraham Bach, Ernestus Andreas Bach, Christian Gottlieb Bach e Catharina Dorothea Bach
Na rede
Spotify: 0ebni9QrrWMvEgH40nOWZQ Musicbrainz: 470967b1-f9ef-4712-82df-6971b517ebdb Discogs: 842307 IMSLP: Category:Bach,_Johann_Christian Allmusic: mn0002132738 WikiTree: Bach-221 Find a Grave: 8691 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Johann Christian Bach, nado en Leipzig o 5 de setembro de 1735 e finado en Londres o 1 de xaneiro de 1782, foi un compositor de música clásica, fillo de Johann Sebastian Bach. Pasou parte da súa vida en Londres, onde o coñecían como John Bach.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Johann Christian Bach era fillo de Johann Sebastian Bach e Anna Magdalena Bach. Cando naceu seu pai tiña xa 50 anos e foi el quen lle deu as primeiras nocións musicais, continuando como o seu profesor ata a súa morte, cando Johann Christian tiña 15 anos. Marchou logo a Berlín, á casa do seu medio irmán Carl Philipp Emanuel Bach. Bach estableceuse en Italia en 1756, estudou con Giovanni Battista Martini, en Boloña, e foi organista na catedral de Milán desde 1760. Desa época data a súa conversión do luteranismo ao catolicismo e as súas primeiras óperas serias. En 1762, Bach mudouse a Londres, foi o profesor de música da raíña Sofía Carlota, de orixe alemá. A estrea de tres óperas no King's Theatre, entre elas Orione o 19 de febreiro de 1763, estabeleceu a súa reputación en Inglaterra. En Londres coñeceu a Carl Friedrich Abel e no período 1764-1765 interpretaron xuntos nos coñecidos como concertos Abel-Bach nos que se por vez primeira se tocaron moitas obras de Joseph Hayden en Inglaterra.

Unha das súas obras culminantes é a ópera Temistocles, unha ampla revisión do libreto de Metastasio, que se estreou o 5 de novembro de 1772 en Mannheim. Pero a finais desa década, a súa música perdeu popularidade e as dificultades económicas fixeron que se establecera nun arrabalde de Londres.[2]

Estilo e obra[editar | editar a fonte]

Páxina do manuscrito do Salve regina de Bach

Johann Christian compuxo nun estilo galante, coa súa énfase na melodía e no acompañamento, incorporando frases musicais equilibradas, cun vocabulario harmónico reducido; nunha liña oposta ás intricadas liñas da música barroca. O seu estilo influenciou fortemente ao Mozart máis novo [3] Bach é autor de 13 óperas, case 50 sinfonías, 15 sinfonías concertantes, e arredor de 30 concertos.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eric Siblin (2011) The Cello Suites: J. S. Bach, Pablo Casals, and the Search for a Baroque Masterpiece. Grove Press, p. 234
  2. Johann Christian Bach en Allmusic
  3. Giorgio Pestelli (1984) The Age of Mozart and Beethoven. Cambridge University Press, p. 40
  4. Michael Randel (1996) The Harvard Biographical Dictionary of Music. Harvard University Press, p. 36

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]