Darius Milhaud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Darius Milhaud, Paris, 1926.

Darius Milhaud, nado o 4 de setembro de 1892 en Marsella (Francia) e finado o 22 de xuño de 1974 en Xenebra (Suíza), foi un compositor francés membro do grupo chamado Les Six. A súa produción musical caracterízase polo uso da politonalidade e os patróns rítmicos derivados do jazz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Milhaud naceu en Marsella fillo de pais xudeus de Aix-en-Provence, aos sete anos comezou a estudar violín con Leo Bruguier, quen o incorporou ao seu cuarteto de corda. En 1909 ingresou no Conservatorio de París, onde coñeceu a Arthur Honegger e Germaine Tailleferre, que formarían parte tamén de Les Six. Estudou composición con Charles-Marie Widor e harmonía e contrapunto con André Gedalge, ademais de recibir clases a nivel particular de Vincent d'Indy.

En 1910 escribiu unha ópera cómica baseada nun libreto de Francis Jammes titulado Brebis égarée (ovella descarriada). Máis adiante viuse atraído pola música de cámara. A súa 1ª Sonata para violín e piano data de 1911 e o seu primeiro Cuarteto de corda de 1912. Coñeceu ao poeta Paul Claudel, do que musicou algún dos seus poemas.

En 1916 viaxou a Brasil como secretario de Paul Claudel, que daquela era embaixador. Nesta viaxe Milhaud escribiu as Saudades du Brazil, a suite para saxofón, Scaramouche, co seu destacado terceiro movemento Brasileira, Le Bœuf sur le toit, e o poema coreográfico L’Homme et son desir. En 1918 regresou a Francia e entablou amizade con Eric Satie e cos músicos do Grupo dos Seis.

Durante os seguintes anos, a actividade creadora de Milhaud foi incesante: cantatas, concertos, cancións, obras corais, entroutras se sucederon de xeito moi rápido. En 1925 casou coa súa prima Madeleine, que a partir de 1937 foi a súa colaboradora en varias obras. Fixo numerosas viaxes e ofreceu concertos en tódolos países de Europa.

En 1940 trasladouse aos Estados Unidos ao recibir o encargo dunha sinfonía para a Chicago Symphony Orchestra. No país norteamerican permaneceu ata 1947 e trabalou como profesor de composición no Mills College de Oakland, California, onde tivo como alumnos, entroutros, ao músico de jazz Dave Brubeck. Abandonou este posto en 1947 para traballar como profesor honorario de composición no Conservatorio de París, posto que desempeñou ata 1971 e onde tivo como discípulos a Iannis Xenakis e a Karlheinz Stockhausen.

En 1952 viaxou a Israel, onde escribiu parte da súa ópera David.

Milhaud (ao igual que os seus contemporáneos Paul Hindemith, Gian Francesco Malipiero, Bohuslav Martinů e Heitor Villa-Lobos) foi un creador extemádamente rápido, en 1965 o seu catálogo estaba integrado por 409 obras, pequenas e grandes, escritas para tódolos xéneros musicais. De entre todas elas destacan os ballets Le bœuf sur le toit (1920) e La Création du Monde (estreado porlos Ballets suédois en 1923), a ópera Christophe Colomb (1930) e a peza orquestral Suite provençale (1937).

Morreu en Xenebra o 22 de xuño de 1974 aos 81 anos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Darius Milhaud Modificar a ligazón no Wikidata