Mundial de Fútbol Italia 1990

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Copa Mundial de Fútbol de 1990")
Copa Mundial da FIFA 1990
Italia '90
Estrusco. Balón oficial do mundial
Detalles do torneo
Organizador Italia Italia
Datas 8 de xuño8 de xullo
Equipos 24 (de 116 participantes)
Sedes 12 (de 12 cidades)
Resultado
Campión Alemaña Alemaña Occidental
Subcampión Flag of Argentina.svg Arxentina
Terceiro Italia Italia
Cuarto Inglaterra Inglaterra
Estatísticas
Partidos 52
Goles 115 (2,21 por partido)
Asistencia 2.516.348 (48.391 por partido)
Goleador Italia Salvatore Schillaci (6)
Mellor xogador Italia Salvatore Schillaci
Mellor porteiro
Xogo limpo
◄◄ Flag of Mexico.svg México 1986   Soccerball.svg   Estados Unidos 1994 Flag of the United States.svg ►►

A Copa Mundial da FIFA 1990 (en italiano: Italia '90) foi a edición número catorce do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo, organizado por segunda vez en Italia, comezou o 8 de xuño e rematou un mes despois, o 8 de xullo coa vitoria da selección de Alemaña Occidental sobre a anterior campioa, Arxentina.