Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Eurocopa de Fútbol de 1960, chamada por aquel entón Copa Europea de Nacións, foi a primeira edición do torneo. A fase final desputouse en Francia. A URSS fíxose có trofeo, vencendo á Iugoslavia no tempo engadido por 2-1.
Nas clasificatorias participaron dezasete equipos, con notables ausencias coma a Alemaña ou a Italia. Os equipos xogaban eliminatorias a dobre partido (en casa e fóra), ata as semifinais e final que era a partido único. Estes últimos encontros desputáronse en Francia.
A Selección Española rexeitou viaxar á URSS para xogar a correspondente eliminatoria, así que foi descalificada do torneo. Así para as finais quedaron a URSS, a Iugoslavia, a Checoslovaquia e a Francia. A URSS enfrontouse á Checoslovaquia na semifinal en Marsella vencendo por 3-0, namentres que Iugoslavia derrotou á Francia por 5-4. No encontro polo terceiro posto Checoslovaquia obtivo a vitoria por 2-0.
Na final, Iugoslavia adiantouse no marcador pero a URSS, liderada polo lendario porteiro Lev Yashin empatou no minuto 49. Os encontro rematou con resultado de emptate a 1, polo que se houbo de xoga-la prórroga, na que un gol de Viktor Ponedelnik lle deu á URSS o gol que lles fixo levarse o título de campión. Resultado final: 2-1.
Roldas clasificatorias [editar]
Dezaseisavos [editar]
Cuartos de final [editar]
Fase final [editar]
Semifinais [editar]
3º e 4º Posto [editar]
Lugar: Parc Des Princes, París
Asistencia: 17,966
Campións da Eurocopa 1960:

URSS
Primeiro título |
Estatísticas [editar]
Máximos anotadores [editar]
2 Goles: François Heutte (Francia), Valentin Ivanov (URSS), Viktor Ponedelnik (URSS), Milan Galić (Iugoslavia), Dražen Jerković (Iugoslavia)
Gol máis cedo [editar]
11 Minutos: Milan Galić (Yugoslavia vs France)
Media de Goles [editar]
4.25 por encontro