Eurocopa de Fútbol Bélxica/Países Baixos 2000

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Eurocopa 2000")
UEFA Euro 2000
UEFA Fußball-Europameisterschaft
UEFA Championnat Européen du Football
UEFA Europees Voetbalkampioenschap
Imaxe da final
Detalles do torneo
Organizador Bélxica Bélxica
Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
Datas 10 de xuño2 de xullo
Equipos 16 (de 49 participantes)
Sedes 8 (de 8 cidades)
Resultado
Campión Francia Francia
Subcampión Italia Italia
Terceiro Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
Cuarto Flag of Portugal.svg Portugal
Estatísticas
Partidos 31
Goles 85 (2,74 por partido)
Asistencia 1.122.833 (36.220 por partido)
Goleador Flag of the Netherlands.svg Patrick Kluivert (5)
Serbia e Montenegro Savo Milošević
Mellor xogador Francia Zinedine Zidane
Mellor porteiro
Xogo limpo
◄◄ Inglaterra Inglaterra 1996   Soccerball.svg   Portugal 2004 Flag of Portugal.svg ►►

A Eurocopa da UEFA de 2000 (en alemán: UEFA Fußball-Europameisterschaft Belgien/Niederlande 2000, en francés: UEFA Championnat Européen du Football Belgique/Pays Bas 2000, en neerlandés: UEFA Europees Voetbalkampioenschap België/Nederland 2000) foi a undécima edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo foi celebrada por vez primeira de forma conxunta entre dous estados, Bélxica e os Países Baixos. O campionato foi gañado por Francia, que bateu na final a selección de Italia por dous goles a un na prórroga, atinxindo así o seu segundo título continental.