Robert Peary

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Peary

Robert Edwin Peary, nado o 6 de maio de 1856 e finado o 20 de febreiro de 1920, foi un explorador americano, considerado a primeira persoa que chegou ao Polo Norte xeográfico, o 6 de abril de 1909.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Peary naceu na localidade de Cresson, a 120 km de Pittsburgh, pasou a súa mocidade en Maine, foi enxeñeiro civil da Mariña dos Estados Unidos. Desde 1886 realiza frecuentes expedicións a Groenlandia e en 1892 navega o suficientemente ao norte para probar a súa insularidade. En 1905 substitúe o pequeno navío das súas primeiras expedicións, o Winward, por un navío especialmente concibido para as súas exploracións, o Theodore Roosevelt.

A diferenza doutros exploradores el estudou as técnicas de supervivencia que utilizaban os inuit, aprendeu a usar zorras de cans e construír iglús e vestirse con peles. Tamén confiou na poboación nativa como cazadores e guías durante as súas expedicións e foi pioneiro no uso de grupos de apoio e suministro de provisións para a travesía, a todo isto chamóuselle o sistema Peary. Á súa volta da expedición ao Polo Norto suscitouse a polémica con Frederick Cook, que tamén afirmaba que chegara ao Polo Norte mesmo antes, o 21 de abril de 1908, o Congreso dos Estados Unidos entrou na controversia, declarando oficialmente que Peary fora o primeiro en chegar. O certo é que non hai certeza nin evidencias irrefutables que Peary chegara o Polo Norte

Obra[editar | editar a fonte]

Peary é autor de varios libros onde describe as súas expedicións, entre os máis famosos Northward over the Great Ice (1898), Nearest the Pole (1907) e Secrets of Polar Travel (1917).