Hobart
Hobart (antes Hobartown) é a capital do estado insular de Tasmania, Australia. No ano 2006 tiña 200.525 habitantes. Atópase na desembocadura do río Derwent ao pé do monte Wellington cunha altura de 1.270 m.
Índice |
[editar] Economía
A parte do turismo e a actividade portuaria existe unha importante industria secundaria de madeira, de fabricación de catamaráns e da produción de zinc.
[editar] Historia
Tras Sydney, Hobart é a cidade máis antiga de Australia. Foi fundada en 1804 polo coronel David Collins con 300 prisioneiros, uns cantos mariños e uns 30 colonos libres. Durante moitos anos a poboación estaba formada por convictos e capataces, ademais de baleeiros e cazadores de focas.
Xa ao principio do século XX estaba dotada de tranvías eléctricos que uniron a estación de ferrocarril central cos entón suburbios de New Town, Queensborough, Wellington, Glenorchy, Risdon e Bellerive.
[editar] Puntos de interese
- Salamanca Place.
- Oficina central da Australian Antartic Division.
- Battery Point.
- Zona do Porto de Hobart.
- Museo Marítimo de Tasmania.
- Reais Xardíns Botánicos de Tasmania.
- Tasmanian Museum e Art Gallery.
[editar] Personalidades
- O actor Errol Flynn naceu en Hobart segundo as súas propias palabras.
- Mary Donaldson (desde 2004, princesa de Dinamarca)
