Dólar neozelandés
| Dólar neozelandés | |
|---|---|
| New Zealand Dollar Tāra o Aotearoa (maorí) |
|
| Código: | NZD |
| Ámbito: |
|
| Símbolo: | $, NZ$ |
| Fracción: | 100 (cents) |
| Moedas: | 10, 20 e 50 cents 1 e 2 $ |
| Billetes: | 5, 10, 20, 50, 100 $ |
| Emisor: | Banco de Reserva de Nova Zelandia |
| Taxa de troco: 18-03-2010 |
1 EUR = 1,908 NZ$ 1 USD = 1,4014 NZ$ |
O dólar neozelandès (en inglés New Zealand dollar ou, simplemente, dollar) é a moeda oficial de Nova Zelandia e os seus territorios dependentes (as Illas Cook, Niue e Tokelau), así como da colonia británica das Illas Pitcairn. De cotío abrébiase $, ou NZ$ para diferencialo do dólar estadounidense e doutros tipos de dólars. O codigo ISO 4217 é NZD. Subdivídese en 100 cents.
Informalmente, en inglés é coñecido como o kiwi (ou o kiwi dollar).
Índice |
[editar] Historia
O dólar neozelandés introduciuse o 10 de xullo de 1967 en sustitución da libra neozelandesa, como resultado do proceso de decimalización da moeda, a razón de dous dólares por libra, ou o que é o mesmo, dous shillings por dólar.
O instituto emisor é o Banco de Reserva de Nova Zelandia (Reserve Bank of New Zealand). Hai en circulación moedas de 10, 20 e 50 cents e 1 e 2 dólars (as pezas de menos valor, as de 1 e 2 cents, foron retiradas da circulación en 1990, e a de 5 cents foi tamén retirada en 2006). Os billetes que circulan actualmente son os de 5, 10, 20, 50 e 100 dólars (os de 1 e 2 dólars retiráronse en 1991, cando se puxeron en circulación as moedas corresponentes). Se ben as primeires emisións foron de papel, como é habitual na meirande parte dos billetes do mundo, dende 1999, a semellanza dos billetes australianos, as novas series están feitas de polímero, un plástico que dificulta a súa falsificación.
As Illas Cook tiveron as súas propias emisións de billetes entre 1987 e 1995, se ben continúan tendo as súas propias moedas (de 1, 2 e 5 dólars), de valor legal.
[editar] Taxas de cambio
- 1 EUR = 1,908 NZD (18 de marzo de 2010)
- 1 USD = 1,4014 NZD (18 de marzo de 2010)