Semivogal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En fonética, un vocoide non silábico é unha clase que engloba ó que tradicionalmente se chamaron semivogais e semiconsoantes. Foneticamente é un son aproximante que é a realización dunha vogal que por si mesma non forma sílaba, senón vai acompañada doutra vogal que ten o valor silábico. O termo semivogal resérvase para o elemento non silábico dun ditongo decrecente, ou para o son non silábico que segue á vogal forte nun tritongo. O termo semiconsoante prefírese para designar ó elemento non silábico dun ditongo crecente ou ó primeiro son dun tritongo.

As semivogais ou semiconsoantes son frecuentemente alófonos non silábicos de vogais. As semivogais correspondentes a /i, ou desígnanse cos signos [i̯, ou̯], mentres que as semiconsoantes con [j, w].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]