República Socialista de Bosnia e Hercegovina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Социјалистичка Pепублика Босна и Херцеговина
Socijalistička Republika Bosna i Hercegovina
República Socialista de Bosnia e Hercegovina

1943–1992
Bandeira Escudo
Capital Saraxevo
Lingua Serbocroata
Goberno República socialista
Período histórico Guerra Fría
 • Estabelecido 1943
 • Disolución 1992
Superficie
 • 1991 51.129 km²
Poboación
 • 1991 est. 4.377.053 
     Densidade 85,6/km²
Moeda Dinar iugoslavo

A República Socialista de Bosnia e Hercegovina (en serbocroata: Socijalistička Republika Bosna i Hercegovina, Социјалистичка Pепублика Босна и Херцеговина) foi un dos estados socialistas que formaban a antiga República Federal Socialista de Iugoslavia. É o predecesor da actual Bosnia e Hercegovina, e formouse durante unha sesión da resistencia antifascista en Mrkonjić Grad o 25 de novembro de 1943. A República socialista disolveuse en 1990, cando abandonou as institucións comunistas e aprobou sistemas democráticos.

A súa capital foi a cidade de Saraxevo, que se mantivo trala independencia do país.

As fronteiras da RS de Bosnia e Hercegovina eran case idénticas ás que tivo Bosnia durante o período de ocupación do Imperio Austro-Húngaro que se mantivo ate 1918. Ese ano Bosnia pasou a formar parte do Reino de Iugoslavia e o territorio foi dividido entre as banovias (condados).

Independencia de Iugoslavia[editar | editar a fonte]

A República Socialista de Bosnia e Hercegovina foi renomeada como República de Bosnia e Hercegovina o 8 de abril de 1992[1] perdendo así o adxectivo "Socialista".[1] Estableceuse un sistema multipartidista e comezou a desprazarse cara un sistema capitalista. A república mantivo os símbolos socialista ate o final das guerras iugoslavas. En 1992, a república de Bosnia e Hercegovina declarou a súa independencia da República Federal Socialista de Iugoslavia comezando así a Guerra de Bosnia.[2]

Líderes[editar | editar a fonte]

Presidentes[editar | editar a fonte]

Primeiros Ministros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Uredba o izmjeni naziva Socijalističke Republike Bosne i Hercegovine. in: "Službeni list Republike Bosne i Hercegovine". I., br. 1, 9. aprila 1992., str. 1.
  2. Worldstatesmen: Bosnia 1992