Arao dos cons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arao dos cons
Common Murres nesting on Duck Island.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Alcidae
Xénero: Uria
Nome científico
Uria aalge
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos
Arao dos cons nun selo postal das Illas Feroe
Parella de araos sobre un con.

O Arao dos cons (Uria aalge) é unha ave costeira da familia Alcidae.

Xunto coa gaivota tridáctila, domina as colonias mariñas dos cantís na tempada do verán. O arao nada fronte a costa en grandes masas baixo os cantís. Fronte os farallóns adoita verse voando baixo e rápido.

No inverno, aparecen en terra só durante ou despois dos vendavais.

Descrición [editar]

Os exemplares adultos acadan os 38-46 cm de altura e 61-73 cm de envergadura, de plumaxe negra co peito e ventre brancos, co peteiro en forma de puñal, algúns exemplares presentan unha lixeira liña ocular branca.

Distribución [editar]

O seu hábitat son as illas, cons e cantís das costas do Atlántico norte (chegando polo sur ata Nova Brunswick e Portugal) e Pacífico norte (chegando polo sur ata California), cría formando grandes colonias e deixan os seus ovos nas rochas espidas, teñen forma piriforme para que, de sufriren un golpe rolen en círculo e non sobre o seu eixo. Algúns residen permanentemente, os situados máis ao norte migran ao sur, aliméntanse principalmente de peixe, compleméntandoo con crustáceos, vermes mariños e luras.

Poboación en Galiza [editar]

Araos na costa da illa de Burge (Noruega)

A poboación galega estímase entre 3 e 12 parellas reprodutoras: Sisargas, 3 parellas e Cabo Vilán, de difícil censo, 9 parellas en 1991. Como ave de paso é moi escasa, con observacións en xeral de individuos aillados, algunhas veces en parellas ou en grupos de tres ou máis.

Cálculase que nos anos 60 a poboación galega sería dunhas 1.500 ou 2.000 parellas, repartidas en nove colonias: Estaca de Bares, Aguillóns, Punta do Limo (Cabo Ortegal), A Gabeira (Veigue), Illas Sisargas e Cabo Vilán, todas elas na provincia da Coruña, xunto ás de Ons, Costa da Vela e Illas Cíes na provincia de Pontevedra. Durante a década dos 70 comezaron a minguar tódalas colonias, desaparecendo algunha como a de Cabo Ortegal que chegou a ter unhas 1.000 parellas, quedando otras moi reducidas (Sisargas, 32 individuos, e Cíes, 6 parellas). A mesma tendenza produciuse na colonia portuguesa da Illa Berlenga.

En 1986 había 43 parellas e en 1998 só quedaban 7, as causas da situación precaria do arao dos cons son a caza e colleita de ovos polos humanos, algunhas artes de pesca que fan que as aves queden enganchadas nas redes, a contaminación por produtos petroleiros.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: