Gaivota escura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gaivota escura
Larus-fuscus-taxbox.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Laridae
Xénero: Larus
Nome científico
Larus fuscus
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A gaivota escura (Larus fuscus) é unha das gaivotas máis espalladas por Europa

Índice

Descrición [editar]

Un exemplar adulto mide uns 54 cm de lonxitude. A plumaxe é branca coa parte superior de cor gris lousa. O bico, moi forte, ten na parte inferior dianteira un punto vermello. As patas son na súa meirande parte amarelas. O aspecto dos machos e o das femias é semellante.

Sistemática [editar]

Ten tres (segundo algunhas clasificacións dúas) subespecies europeas:

Distribución [editar]

Exemplar adulto
Adulto e inmaduro

Viven dende Islandia, Illas Feroe, illas Británicas, noroeste de Francia, noroeste de España, Escandinavia e repúblicas bálticas ata o norte de Siberia. Son aves exclusivamente costeiras que se alimentan case exclusivamente no mar, tamén lonxe da costa. Son migratorias. Pasan o inverno desde as illas Británicas ó oeste de Africa. En inverno é un visitante regular das costas norteamericanas, as que chega probablemeente dende Islandia.

Poboación en Galiza [editar]

A gaivota escura é principalmente invernante en Galiza aínda que tamén existen pequenas poboacións ó longo da costa galega. No ano 2000 contabilizáronse unhas 330 parellas aniñantes nas Illas Sisargas, Sálvora, Coelleira e nas Illas Cíes principalmente. Como invernante a súa poboación varía entre os 6.000 e os 14.000 exemplares.

Reprodución [editar]

Cría en colonias á beira do mar ou en lagos. Fai o niño no chan dos acantilados. Adoita poñer tres ovos. Os exemplares novos son de cor castaña anegrada na parte superior. Tardan catro anos en chegar ó estado adulto.

Véxase tamén [editar]

Bibliografía [editar]

  • Guía das aves de Galicia (1991), Editorial Baía.

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: