Sofía Chotek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSofía Chotek

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1868 Editar o valor em Wikidata
Stuttgart Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xuño de 1914 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Saraxevo (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteFerida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCastelo Artstetten (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCisleitania Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndama de compañía , fotógrafa Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuquesa Editar o valor em Wikidata
FamiliaChotek family (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeFrancisco Fernando de Austria (1900–valor descoñecido)
FillosSofia de Hohenberg (pt) Traducir, Ernesto de Hohenberg (pt) Traducir, Maximiliano de Hohenberg (pt) Traducir, stillborn son von Hohenberg (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisBohuslav, Count Chotek of Chotkow and Wognin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Wilhelmina Gräfin Kinsky von Wchinitz und Tettau (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsCount Wolfgang Chotek von Chotkowa und Wognin (en) Traducir e Q121365250 Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
28 de xuño de 1914Asasinato de Saraievo Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Chotek-12 Find a Grave: 9506914 Editar o valor em Wikidata

Sofía María Xosefina Albina Chotek, nada en Stuttgart o 1 de marzo de 1868 e finada en Saraxevo o 28 de xuño de 1914, foi duquesa de Hohenberg e a dona do arquiduque de Austria Francisco Fernando, herdeiro do Imperio Austrohúngaro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Stuttgart, no seo dunha familia da nobreza bohemia, cuarta filla do Bohuslaw Chotek, conde de Chotkova und Wognin e a súa esposa, Wilhelmine Kinsky, condesa de Wchinitz und Tettauy. De moza foi dama de compañía da arquiduquesa Sabela, dona do arquiduque Federico de Austria.

En 1888 coñeceu ao que sería o seu esposo, nun baile en Praga, co cal comezaría unha relación amorosa segreda. Francisco Fernando aproveitaría as visitas aos seus familiares para ver a Sofía, pensando estes que se namorara de María Cristina, irmá máis vella do arquiduque Federico. Cando a arquiduquesa Sabela se decatou da relación, despediu a Sofía creando un escándalo na sociedade da época.

O emperador Francisco Xosé negouse a que Francisco Fernando e Sofía casasen, xa que ao ser o seu sucesor debía casar cun membro da familia Habsburgo ou dalgunha casa real europea, e Sofía non reunía estes requisitos. Con todo Francisco Fernando insistiu en que non contraería matrimonio con outra muller se non era con Sofía.

Sofía Chotek coa súa familia

A pesar da negativa do emperador, Francisco Fernando e Sofía casaron en 1899, cando o emperador Francisco Xosé accedeu a que estes tivesen un casamento morganático, coa condición de que os seus fillos non tivesen dereito ao trono austrohúngaro. En 1905 foi concedido a Sofía o título de Duquesa de Hohenberg, o que lle permitía ser tratada como Alteza, aínda que este tratamento era inferior ao de Arquiduquesa de Austria.

Sofía e Francisco Fernando tiveron tres fillos: Sofía de Hohenberg (1901-1990), Maximiliano de Hohenberg (1902-1962) e Ernesto de Hohenberg (1904-1954).

En 1914, o xeneral Oskar Potiorek, gobernador da provincia austrohúngara de Bosnia-Hercegovina, invitou a parella a presenciar unhas manobras militares en Saraxevo, viaxe que Francisco Fernando considerou perigoso por mor do latente nacionalismo bosníaco. Sofía, que non adoitaba acompañar ao seu esposo en viaxes oficiais, fíxoo esta vez como regalo de aniversario.

Ponte onde tivo lugar o asasinato de Saraxevo

Foi o 28 de xuño de 1914 cando a parella chegou a Saraxevo e, ao comezo da súa visita pola cidade en coche descuberto, lles guindaron unha granada que estoupou xunto ao coche contiguo. Ante a magnitude dos feitos e ao haber feridos, víronse obrigados a ir rapidamente ata o hospital máis próximo, pero ao dobrar unha esquina foron asasinados a tiros polo terrorista bosníaco Gavrilo Princip, acto que pasou á historia como o Atentado de Saraxevo e que foi causa directa do estoupido da primeira guerra mundial.

Sofía e máis o seu esposo descansan na cripta do castelo de Schloss Artstetten, onde hai un museo dedicado á súa memoria.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]