Louis Malle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Louis Malle, nado en Thumeries, Francia o 30 de outubro de 1932 e finado en Beverly Hills o 23 de novembro de 1995 foi un director de cine francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado nunha vila do norte de Francia, comezou os estudos de ciencias políticas antes de pasarse ao cine.

Traballou como codirector e operador de cámara de Jacques Cousteau en Le monde du silence, que gañaría a Palma de Ouro en Cannes e o Oscar ao mellor documental, ademais de traballar con outros directores coma Robert Bresson.

Debutou co thriller Ascenseur pour l'échafaud en 1957. Aínda que en ocasións é asociado coa nouvelle vague, realmente o seu traballo non corresponde coas teorías dos directores desta tendenza.

A finais dos setenta trasladouse aos Estados Unidos, onde continuou a súa carreira dirixindo filmes en inglés como Atlantic City que alternou con outros en francés como Au revoir, les enfants. Con estas dúas películas gañaría o León de Ouro en Venecia. En 1980 casou coa actriz estadounidense Candice Bergen.

Moitas das súas películas foron obxecto de polémicas polos temas que trataba, como Le souffle au cœur (1971), no que trataba o tema do incesto, Lacombe Lucien (1974), sobre o colaboracionismo nazi ou Pretty Baby (1978), no que Brooke Shields interpretaba a unha prostituta de doce anos.

Obra[editar | editar a fonte]

  • 1958 - Ascenseur pour l'échafaud
  • 1958 - Les Amants
  • 1960 - Zazie dans le métro
  • 1962 - Vie privée
  • 1963 - Le feu follet
  • 1965 - Viva Maria!
  • 1967 - Le voleur
  • 1969 - Calcutta
  • 1971 - Le souffle au cœur
  • 1974 - Lacombe Lucien
  • 1975 - Black Moon
  • 1978 - Pretty Baby
  • 1980 - Atlantic City
  • 1981 - My Dinner with Andre
  • 1984 - Crackers
  • 1985 - Alamo Bay
  • 1987 - Au revoir, les enfants
  • 1989 - Milou en Mai
  • 1992 - Damage
  • 1994 - Vanya on 42nd Street

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]