Fernando II de Aragón e V de Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fernando V de Castela»)
Infotaula de personaFernando II de Aragón e V de Castela

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(an) Ferrando II d'Aragón Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de marzo de 1452 Editar o valor em Wikidata
Palacio de los Sada (Reino de Aragón) Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xaneiro de 1516 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Casa de Santa María (Coroa de Castela) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCapela Real de Granada
Sepulcher of Isabella I of Castile and Ferdinand II of Aragon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rexente Coroa de Castela
1504 – 23 de xaneiro de 1516
Monarca da Coroa de Aragón Coroa de Aragón
20 de xaneiro de 1479 – 23 de xaneiro de 1516
← Xoán II de AragónCarlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico →
Rei de Sardeña
20 de xaneiro de 1479 – 23 de xaneiro de 1516
Rei de Castela e de León (Iure uxoris) Coroa de Castela
1476 – 1504
47º Gran Mestre da Orde de Santiago Orde de Santiago
1476 – 1477
Conde de Ribagorza
1458 – 1469
Duque de Gandía (pt) Traducir Duque de Gandía (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCoroa de Aragón Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e Navarroaragonés Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei de Navarra (1512–1516)
Conde de Ribagorza (1458 (Gregoriano)–1469 (Gregoriano))
Rei de Sevilla
Rei de Aragón
Rei de Galicia
Rei de Toledo
Rei de Granada
Rei de Murcia
Rei de Xibraltar
Rei de Córdoba
Rei de Xaén
Señor de Molina
Señor de Biscaia
Rei de León
Rei de Castela
Rei das Españas
Rei de Nápoles
Rei de Mallorca
Rei de Valencia
Rei de Xerusalén
Rei de Sicilia
Ducado de Montblanc
Conde de Barcelona
Rei de Sardeña
Conde de Rosellón
Duque de Gandía (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Trastámara Editar o valor em Wikidata
CónxuxeXermana de Foix (1505–1516)
Isabel I de Castela (1469 (Gregoriano), 1469 (Gregoriano)–1504 (Gregoriano))
ParellaAldonza Ruiz de Ivorra
Isabel de Granada Editar o valor em Wikidata
FillosXoana I de Castela
 () Isabel I de Castela
Afonso de Aragón
 () Aldonza Ruiz de Ivorra
John of Aragon, Prince of Girona (en) Traducir
 () Xermana de Foix
Alonso de Estrada (en) Traducir
 ()
Catarina de Aragón
 () Isabel I de Castela
João, príncipe das Astúrias (pt) Traducir
 () Isabel I de Castela
María de Aragón
 () Isabel I de Castela
Isabel de Aragão e Castela, Rainha de Portugal (pt) Traducir
 () Isabel I de Castela
Miguel Fernández Caballero de Granada
 () Isabel de Granada Editar o valor em Wikidata
PaisXoán II de Aragón Editar o valor em Wikidata  e Xoana Enríquez Editar o valor em Wikidata
IrmánsBranca II de Navarra, Joana de Aragão, Rainha de Nápoles (pt) Traducir, Leonor I de Navarra, Carlos de Viana, Afonso de Aragón e Escobar e Xoán de Aragón Editar o valor em Wikidata
ParentesFilipe I de Castela (xenro)
Henrique VIII de Inglaterra (xenro)
Juana de Aragón y Gurrea (en) Traducir (neta (pt) Traducir)
Francisco de Borja (pt) Traducir (bisneto)
Isabel de Borja y Enríquez (en) Traducir (curmán entregue)
Fernando I de Aragón (avó paterno)
Manuel I de Portugal (xenro)
Afonso, Príncipe de Portugal (pt) Traducir (xenro)
María I de Inglaterra (neto)
Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico (neto)
Filipe II de España (bisneto)
Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico (neto)
Henrique I de Portugal (neto)
Xoán III de Portugal (neto)
Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico (neto)
Leonor de Austria (neto)
Sabela de Austria (neto) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
1506 (Gregoriano)coroación (Nápoles)
7 de decembro de 14921492 assassination attempt of Ferdinand II of Aragon (en) Traducir
1476unión dinástica de Aragón e Castela
19 de outubro de 1469Royal Wedding of Isabella of Castile and Ferdinand of Aragon (en) Traducir
11 de novembro de 1204coronation of the Kings of Aragon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Aragón-122 Find a Grave: 3974 Editar o valor em Wikidata
Fernando II de Aragón.

Fernando "o Católico", V de Castela, II de Aragón, Valencia e Barcelona, III de Sicilia e I de Navarra, nado en Sos del Rey Católico (Zaragoza) o 10 de maio de 1452 e finado en Madrigalejo (Cáceres) o 22 de xaneiro de 1516, foi rei de Aragón, Valencia, Mallorca, Sicilia (1468-1516), Castela (1474-1504), Sardeña (1479-1516), de Nápoles (1503-1516) e Navarra (1512-1515); rexente de Castela (1507-1516); Príncipe de Xirona e Duque de Montblanc (1472-1478); Conde de Barcelona e de Ribagorza (1458-1469).

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Era fillo do rei Xoán II de Aragón e da súa segunda esposa, Xoana Enríquez, e polo tanto medio irmán do infante Carlos de Viana. Foi recoñecido como herdeiro no ano seguinte á morte de Carlos, no 1461, sendo nomeado lugartenente de Cataluña, chegando a gobernador xeneral en 1466.

Durante a Guerra civil catalá (1462-1472), na que participou de forma activa, familiarizouse coa administración estatal a instancias de Xoán II de Aragón.

Seu pai, cando ascende ao trono de Aragón, en 1458, concedeulle o condado de Ribagorza, que permaneceu no seu poder até 1469, ano no que Xoán II llo concedeu ao seu fillo natural, Afonso de Aragón, duque de Vilafermosa.

Guerra civil castelá[editar | editar a fonte]

Os Reis Católicos.

En 1468 foi nomeado rei de Sicilia por seu pai, ao morrer o seu curmán, o infante Afonso de Castela (1468). Ao ser recoñecida, como herdeira de Castela, a infanta Isabel de Castela, prima súa e media irmá de Henrique IV de Castela, Xoán II de Aragón porá en xogo toda a súa habilidade para lograr o matrimonio de Fernando coa princesa castelá. A unión terá lugar o 19 de outubro de 1469 en Valladolid.

A morte de Henrique IV, en 1474, provocará unha Guerra civil nos reinos casteláns, entre os partidarios de Isabel, media irmá do falecido rei, e os de Xoana a Beltranexa, a súa filla. Fernando atinxiu os favores de parte da nobreza castelá, sendo proclamado correxente de Castela, cos mesmos dereitos que Isabel, grazas á Concordia de Segovia (1475). Fernando participaría así de xeito definitivo na dirección militar das tropas enfrontadas ás de Xoana a Beltranexa, que contaba co apoio do seu prometido, o rei Afonso V de Portugal e unha parte da nobreza.

En 1479, polo Tratado de Alcáçovas, Xoana renunciou ao trono en favor de Isabel, recluíndose nun convento en Coímbra. Nese mesmo ano, Fernando sucedeu ao seu pai como conde de Barcelona e rei de Aragón. Este é pois o ano no que se pode fixar a unión dinástica de ambas as dúas coroas, que non administrativa.

Conquista do Reino de Granada[editar | editar a fonte]

En 1481 os Reis Católicos iniciaron a Conquista do Reino de Granada (1481-1492). Nas dificultades da guerra Fernando V deixou ver claramente os seus dotes diplomáticos e militares. A guerra finalizou coa capitulación de Granada o 2 de xaneiro de 1492.

A Conquista de Granada, o último reduto musulmán en España, outorgou aos Reis un prestixio que os axudou a consolidar a súa autoridade. Nos reinos da Coroa de Aragón, Fernando II non modificou o sistema político tradicional (que dificultaba a concentración de poder nas mans do rei, obrigándoo a pactar a miúdo coas Cortes). Con todo acabaría cos problemas das remensas (cat., remences), mercé a abolición dos malos usos, a un tempo que consolida os contratos de enfiteuse, grazas á Sentenza Arbitral de Guadalupe (1486).

Goberno dos reinos hispanos[editar | editar a fonte]

Fernando colaborou activamente con Isabel no goberno dos reinos de Castela, encargándose persoalmente da política exterior, ao mesmo tempo en que reservou para si mesmo os asuntos relativos aos reinos da Coroa de Aragón. De forma que ditou as primeiras medidas de ordenamento interno do reino, grazas a afirmar a figura do corrixidor (1480); a creación da Inquisición en 1481 e a reorganización da Facenda real.

Fernando introduciu en Castela institucións aragonesas, como o Consulado de Mar, e os gremios, favorecendo así o desenvolvemento económico de Castela, sobre todo no comercio da la.

No aspecto relixioso, adoptou o programa da súa dona, que asentou as bases ideolóxicas do espírito de cruzada e a uniformidade relixiosa. Promulgáronse así os Decretos de expulsión dos xudeus en 1492 e de conversión forzosa dos mouriscos granadinos en 1503, malia que estes tiñan garantidos os seus dereitos de liberdade de culto nos acordos fixados na Capitulación de Granada.

Política mediterránea[editar | editar a fonte]

A partir de 1492 Fernando concentrou a súa actividade sobre da tradicional expansión aragonesa cara Oriente, principalmente en Italia e o Norte de África. Mercé o Tratado de Barcelona de 1493 recuperou o Rosellón e a Cerdaña, en mans francesas desde 1463.

En Italia, para oporse ao intento de Carlos VIII de Francia de se anexionar o Reino de Nápoles, organizou a Liga Santa en 1495. Así, as campañas militares dirixidas militarmente por Gonzalo Fernández de Córdoba, o Gran Capitán, sumadas á astucia do propio monarca, permitirían expulsar os anxevinos do Reino de Nápoles en 1504 e incorporalo novamente á coroa de Aragón.

No Norte da África, mostrouse contrario ás ocupacións en grande escala, restrinxindo as accións á ocupación dalgunhas prazas litorais, como Orán e Alxer.

Política europea[editar | editar a fonte]

Na súa loita en contra das pretensións de dominio europeo por parte de Francia, Fernando mostrou un gran saber diplomático, pois a través de ligazóns matrimoniais, atinxiría a integrar Castela en Europa. Casará os seus fillos con reis de Portugal, Austria, Borgoña e máis Inglaterra, illando Francia, fracasando esta en todos os intentos de intervención en Italia.

Descubrimento de América[editar | editar a fonte]

Cristovo Colón perante os Reis Católicos na corte en Barcelona.

Mentres Cristovo Colón iniciaría, en 1492, a expedición que o conduciría a descubrir o Novo Mundo, o continente americano, aínda que Colón e os seus coetáneos coidaban que era o camiño cara ás Indias. Polo Tratado de Tordesillas de 1494, o mundo extraeuropeo era repartido entre as coroas de Portugal e Castela, a través dunha liña meridiana, que de norte a sur dividía o océano Atlántico.

Consecuencias do falecemento de Isabel de Castela[editar | editar a fonte]

En 1504, logo da morte de Isabel, Fernando foi nomeado rexente de Castela, mais pola oposición de parte da nobreza castelá, que era partidaria de Filipe o Fermoso, esposo da súa filla Xoana I de Castela, provocou que o Católico renunciase ao poder en Castela (non á súa Coroa de Aragón) para evitar un enfrontamento armado.

Pola concordia de Villafáfila, en 1506, Fernando II retirouse para os reinos aragoneses, sendo Xoana e Filipe proclamados reis de Castela e resto dos reinos occidentais.

Novo matrimonio[editar | editar a fonte]

Fernando casou de novo en 1505 con Xermana de Foix, coa esperanza de que lle dese un herdeiro ao trono aragonés. Á morte Filipe, e ante a incapacidade da súa filla para reinar, aceptou outra vez a rexencia castelá. Porén, centraríase nas cuestións aragonesas de Italia, formando parte da Liga de Cambrai contra Venecia en 1511, deixando o goberno de Castela nas mans do Cardeal Cisneros.

No seu testamento deixará todas as súas posesións ao seu neto, fillo de Filipe e Xoana, Carlos de Gante, o futuro Carlos I e, até a vinda deste á península, nomeará o seu fillo natural, Afonso de Aragón, rexente dos reinos da Coroa de Aragón, e o Cardeal Cisneros, rexente de Castela.

Morte[editar | editar a fonte]

Fernado morreu o 25 de xaneiro de 1516 en Madrigalejo, na actual provincia de Cáceres. Está sepultado na Catedral de Granada, ao lado da súa esposa, da súa filla Xoana e o marido desta, así como dun dos seus netos, Miguel.

Nupcias e descendentes[editar | editar a fonte]

Da súa amizade con Aldonza Roig d'Ivorra tivo un fillo:

Do seu matrimonio coa raíña Isabel I de Castela en 1469 naceron 5 fillos:

En 1505 casou con Xermana de Foix, coa que tivo un fillo, que morreu ao nacer:

Notas[editar | editar a fonte]


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]