Leonor I de Navarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leonor I de Navarra
Infanta de Aragón
Infanta de Navarra
Condesa consorte de Foix
Lugartenente xeral de Navarra
Raíña de Navarra
Raíña de Navarra
28 de xaneiro de 1479 -12 de febreiro de 1479
PredecesorXoán II
SucesorFrancisco I

Nacemento2 de febreiro de 1426
Olite, Reino de Navarra
Falecemento12 de febreiro de 1479
Tudela, Reino de Navarra
ConsorteGastón IV de Foix
DescendenciaVéxase Descendencia
Casa realTastámara
ProxenitoresXoán II
Branca I

Escudo de Leonor I de Navarra
Escudo de armas de Leonor I
Na rede
WikiTree: Aragon-224

Leonor I de Navarra, nada en Olite, Reino de Navarra, o 2 de febreiro de 1426,[1][2] e finada en Tudela, o 12 de febreiro de 1479,[2] foi infanta de Aragón e de Navarra, condesa de Foix por matrimonio (1441-1472), Lugartenente (1462–1479) e raíña de Navarra (28 de xaneiro de 1479-12 de febreiro de 1479).[1]

Foi o cuarto fillo e terceira filla da entón infanta herdeira Branca de Navarra e do seu segundo esposo, o infante Xoán de Aragón, duque de Peñafiel.[1][3][4][5][6]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa irmá máis vella, Xoana, morreu o 22 de agosto de 1425, e o seu avó, o rei Carlos III de Navarra, o Nobre, uns días máis tarde, o 8 de setembro, o que converte á súa nai en raíña Branca I de Navarra, e ao seu pai en rei consorte, Xoán II.

Leonor era a filla máis nova, e predilecta, do seu pai, que consegue que sexa xurada no seu caso, lugar e grao na liña sucesoria ao trono navarro polas Cortes en Pamplona o 9 de agosto de 1427, en detrimento dos herdeiros lexítimos á coroa, os seus irmáns máis vellos Carlos, príncipe de Viana, e Branca.[7]

En 1434 Leonor foi comprometida co conde Gastón IV de Foix, sendo ratificado dito acordo matrimonial polo seu pai dous anos máis tarde, o 30 de xullo de 1436,[1][8] recibindo un dote de 50 000 floríns de Aragón sobre as vilas de Miranda, Larraga e Falces. O matrimonio formal levouse a cabo despois da morte da raíña Branca I, en 1442, pasando Leonor a residir en Bearne desde entón.[7][8]

En 1455, ao desherdar Xoán II ao seu fillo Carlos, príncipe de Viana, lexítimo herdeiro da coroa de Navarra á morte de Branca I, negándolle a entrega da coroa, e estando o rei Xoán en moi malas relacións coa súa outra filla, Branca, Leonor, aos 30 anos de idade, pasa a ser o instrumento do rei aragonés contra os seus outros fillos. Xoán II fixo que fosen proclamados herdeiros do reino Leonor e o seu esposo Gastón de Foix.[9]

Durante estes anos a guerra civil impediu a gobernación que, de feito, exerceron Martín e Pierres de Peralta, xefes dos agramonteses. O 12 de abril de 1462 Xoán II asinou coa súa filla Leonor e co seu xenro Gastón o tratado de Olite, polo que se recoñecía como rei a Xoán, ao que sucedería Leonor que, pola súa parte, asegurou a Lugartenencia do reino (en realidade, unha rexencia).[10] Pero para realizar iso era condición indispensábel a desaparición da lexítima herdeira, Branca. O seu irmán Carlos xa morrera o 23 de setembro de 1461, e redactara un testamento no que instituíu a súa irmá Branca como herdeira, ratificando así as cláusulas do testamento da súa nai Branca I de 17 de febreiro de 1439, no cal se estipulaba que a coroa debía pasar ao maior dos fillos vivos da parella.[11]

Xoán II, que tiña a Branca prisioneira en Olite, proponlle casar con Carlos, duque de Berry, irmán máis novo de Lois XI de Francia. En realidade, esta proposta de matrimonio foi un engano proxectado por Xoán II co fin de sacar de Navarra a Branca e afastala dos seus partidarios, os beaumonteses, que trataban de liberala. De todos os modos, Branca rexeitou a proposta do seu pai.[12]

O rei Xoán II, furioso pola rebeldía da súa filla, reaccionou iradamente entregándoa á súa outra filla Leonor e ao su marido, o conde de Foix. No traxecto da viaxe que a conducía a Bearne, señorío dos seus peores inimigos, Branca realizou unha protesta escrita polo seu secuestro (Roncesvalles, 23 de abril de 1462), na que afirmaba que a levaban en contra da súa vontade, pedía o perdón divino para o seu pai e, ante a posibilidade de que a obrigasen a testar baixo os intereses de Xoán II e os condes de Foix, pedía que calquera testamento realizado en favor da súa irmá Leonor como herdeira (ou a súa descendencia) fose considerado inválido.[13] Uns días despois (30 de abril), en Saint-Jean-Pied-de-Port, e temendo que os que pretenden os seus dereitos lle quiten a vida, fai testamento designando como herdeiro ao seu exmarido e agora rei Henrique IV de Castela o Impotente,[13] o que suporía a unión das coroas de Navarra e Castela.

Unha vez en Bearne, Branca foi encarcerada na Torre Moncada, en Orthez, onde morreu o 2 de decembro de 1464 en estrañas circunstancias. Algúns historiadores indican que foi asasinada por orde da súa irmá e outros baixo a man do seu propio pai.[13] [14] Segundo Zurita, Branca, durante o seu encerro sufriu "con gran nota e infamia del conde de Foix y de la infanta Dª Leonor, su mujer".[15]

Ao ano seguinte Leonor asinou unha tregua cos beamonteses. Por esas datas ela autotitúlase "princesa primoxénita, herdeira de Navarra, infanta de Aragón e de Sicilia, condesa de Foix e de Bigorra, señora de Bearne, lugartenente xeneral polo serenísimo rei meu moi temíbel señor e padre en este su reino de Navarra". Pero nese momento Leonor e Xoán II protagonizaron unha pugna polo trono navarro, apoiándose a primeira nos beamonteses e o segundo nos agramonteses, encabezados polos Peralta. En 1468 Xoán II atreveuse a asasinar o bispo de Pamplona, Nicolao de Chávarri, primeiro conselleiro da lugartenente. Xoán II aínda se atreveu a máis: destituíu a Leonor do cargo de lugartenente instituíndoo no fillo desta, Gastón, co que o caos chegou aos seus extremos límites. Pero a morte do designado obrigou a Xoán II a recuar e volver a designar, esta vez de forma perpetua, a Leonor como gobernadora (1471) aínda que renunciando a Aragón, cousa que apenas aminorou o estado de guerra en que se achaba sumido o reino.

Gastón de Foix morreu o 10 de xullo de 1472, cando levaba axuda bearnesa á súa muller. Acosada entre as apetencias de Francia, Aragón e Castela, sente que o seu reino, do que nin sequera era titular, está ameazado, así como os seus dereitos sobre o mesmo.[16] Fernando o Católico, daquela gobernador do reino de Castela en nome da súa filla Xoana a Tola e o seu marido Filipe o Fermoso, atraeu aos beamonteses, co que a Xoán non lle queda outro remedio que apoiarse no seu inimigo Piarres de Peralta. O 19 de xaneiro de 1479 morre Xoán II sendo xurada como raíña Leonor o 28 do mesmo mes en Tudela, onde morreu quince días máis tarde.

Antes de morrer, reivindicou no seu testamento todos os títulos do seu defunto irmán Carlos, a teor do disposto pola súa nai Branca I. Dispuxo así mesmo que fose seu herdeiro o seu neto Francisco, chamado Febo, recomendándolle que aceptase a protección do rei de Francia. Este reinou en Navarra como Francisco I.

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Leonor casou, como quedou dito, con Gastón, conde de Foix. Desta unión naceron:[4][17],[18][19]

Antepasados de Leonor I[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Henrique II de Castela (=14)
 
 
 
 
 
 
 
8. Xoán I de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Xoana Manuel (=15)
 
 
 
 
 
 
 
4. Fernando I de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Pedro IV de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
9. Leonor de Aragón e de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Leonor de Sicila
 
 
 
 
 
 
 
2. Xoán II de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Afonso XI de Castela (=28)
 
 
 
 
 
 
 
10. Sancho Afonso, 1º conde de Alburquerque
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Leonor de Guzmán (=29)
 
 
 
 
 
 
 
5. Leonor de Alburquerque
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Pedro I de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
11. Infanta Beatriz de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Inés de Castro
 
 
 
 
 
 
 
1. Leonor I de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Filipe III de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
12. Carlos II de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Xoán II de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
6. Carlos III de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Xoán II de Francia
 
 
 
 
 
 
 
13. Xoana de Valois
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Bona de Bohemia
 
 
 
 
 
 
 
3. Branca I de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Afonso XI de Castela (=20)
 
 
 
 
 
 
 
14. Henrque II de Castela (=16)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Leonor de Guzmán (=21)
 
 
 
 
 
 
 
7. Leonor de Trastámara
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Juan Manuel
 
 
 
 
 
 
 
15. Xoana Manuel (=17)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Branca de La Cerda e Lara
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Xoán II
Raíña de Navarra

28 de xaneiro de 1479 -12 de febreiro de 1479
Sucesor:
Francisco I

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Reis de Navarra en Medieval Lands (en inglés).
  2. 2,0 2,1 Anthony, Raoul (1931): Identification et Étude des Ossements des Rois de Navarre inhumés dans la Cathédrale de Lescar. París: Masson.
  3. Casa de Ivrea - genealogy (en inglés).
  4. 4,0 4,1 Leonor de Navarra en PEDIGREE (en inglés)
  5. Xoán II de Aragón genealogie Arquivado 09 de agosto de 2004 en Wayback Machine. en mittelalter (en alemán)
  6. Branca I de Navarra genealogie Arquivado 13 de agosto de 2004 en Wayback Machine. en mittelalter (en alemán)
  7. 7,0 7,1 Leonor I de Navarra na Auñamendi Eusko Entziklopedia.
  8. 8,0 8,1 Ramírez Vaquero, Eloísa (1999): "La reina Blanca y Navarra" en Príncipe de Viana, ano nº 60, Nº 217, páxs. 323-340.
  9. Usunáriz Garayoa, Jesús María (2006): Historia breve de Navarra. Madrid: Sílex Ediciones, S. L. ISBN 978-84-7737-147-2. pp. 90-91.
  10. García Gómez, Mª del Carmen e Javier Ordaz Romay (2005): Materiales para la historia de España. Madrid: Ediciones Akal, ISBN 978-84-4601-961-9, páx. 171.
  11. Blanca I de Navarra na Auñamendi Eusko Entziklopedia.
  12. Diariovasco.com: En busca de La Encontrada.
  13. 13,0 13,1 13,2 Blanca II na Auñamendi Eusko Entziklopedia.
  14. Orpustan 2007, p. 3.
  15. Zurita, Gerónimo (1853):"Los famosos anales de la Corona de Aragón". En: Manuel Ortiz de la Vega: Las Glorias Nacionales. Madrid/Barcelona.
  16. Leonor de Aragón genealogie en mittelalter (en alemán)
  17. Leonor de Navarra genealogie Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. en mittelalter (en alemán).
  18. Nobreza tolosana en Medieval Lands (en inglés).
  19. Casa de Foix - genealogy Arquivado 14 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine. (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Albertí i Casas, Elisenda (2007): Dames, Reines, abadesses, 18 personalitats femenines a la Catalunya medieval. Barcelona: Albertí Editor. ISBN 978-84-7246-085-0.
  • Anthony, Raoul (1931): Identification et Étude des Ossements des Rois de Navarre inhumés dans la Cathédrale de Lescar. París: Masson.
  • Castro, J. R. (1967): "Carlos III el Noble, rey de Navarra" en J. M. Lacarra (1973): Historia política del reino de Navarra desde sus orígenes hasta su incorporación a Castilla, Vol. II. Pamplona: Editorial Aranzadi, pp. 161–229.

Herreros Lopetegui, Susana (1993): Historia Ilustrada de Navarra. Pamplona: Diario de Navarra. ISBN 84-604-7413-5.

  • Orpustan, Jean-Baptiste (2007): "La Basse-Navarre dans la guerre de Navarre (1512-1530)", récit historique, d’après Navarra, 1512-1530… de Pedro Esarte Muniain (2001). Pamplona-Iruña: Pamiela.
  • Usunáriz Garayoa, Jesús María (2006): Historia breve de Navarra. Madrid: Sílex ediciones, S. L. ISBN 978-84-7737-147-2.
  • Woodacre, Elena (2013): The Queens Regnant of Navarre: Succession, Politics, and Partnership, 1274-1512. Londres: Palgrave Macmillan. ISBN 978-1-137-33914-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]