Catedral de Granada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fachada e torre da Catedral de Granada

A Catedral da Encarnación de Granada é un templo católico da cidade española de Granada, sé da diocese da cidade. O templo é unha das obras cimeiras do Renacemento español.

Índice

[editar] Historia

Co reinado de Carlos I de España levaranse a ramo numerosas construcións na cidade de Granada, dada a intención do monarca de converter a urbe no modelo de cidade do século XVI. Así a construción da catedral de Granada será coetánea das do palacio cristiano de la Alhambra, da Universidad e da Chancelaría (tribunal supremo).

A obra é concibida en 1523 por Enrique Egas, tomando como modelo a Catedral de Toledo. Mais será Diego de Siloé quen, en 1529, se encargará das obras, que se concluirán en 1537. O autor traza con liñas renacentistas todo o edificio sobre os alicerces góticos, con xirola e cinco naves, en vez das tres habituais. Combina ademais na súa estrutura elementos doutros estilos arquitectónicos.

Con a política centralista de Filipe II e, especialmente, no reinado de Filipe, con a expulsión dos mouriscos en 1609, a rexión perderá gran parte da súa forza económica, quedando relegada fronte outros centros locais. Porén, si se continuarán a desenvolver proxectos artísticos de importancia. É o caso da reforma da fachada principal, en 1664, emprendida por Alonso Cano (1601 – 1667), pola que se introducen elementos barrocos.

A magnificencia do proxecto sería aíndan maior de erguérense as dúas grandes torres de 81 metros de altura, previstas en plano. O proxecto non foi terminado por diversos problemas, entre eles a morte de Alonso Cano en 1667, ademais doutros económicos, polo que finalmente, en 1684, a Catedral quedou cunha torre única, formada só por tres corpos, en lugar dos seis previstos, e con 57 metros de altura.

En 1706, Francisco de Hurtado Izquierdo, e logo o seu colaborador José Beda, construíron o actual sagrario da catedral. En él, rompendo a tendencia rococó e respectando a sobriedade de liñas, conservouse a estrutura clásica do resto do templo.

[editar] Características

A catedral de Granada presenta unha planta rectangular, debido a que as cinco naves cobren por completo o cruceiro, que non chega a destacar sobre a silueta de esta. As cinco naves están escalonadas en altura, sendo maior a central. En ambos pés da catedral sitúanse as dúas torres.

A capela maior está composta por unha serie de columnas corintias, e sobre os capiteis, érguese o entaboamento, e sobre deste, a bóveda, que se encontra, ao igual que os espazos inferiores sobre as columnas, furada, albergando unha serie de vitrais.

A fachada apresenta unha estrutura encadrada, en forma de arco de triunfo, con portadas e lenzos de parede, empotrados. Está formada por tres eixes, coroados cada un por arcos de medio punto, sostidos sobre pilastras, de forma similar a solución empregada en Santo André de Mantua de Domenico Fancelli. As pilastras carecen de capiteis, mostrando no seu lugar resaltes esculpidos a parede, así como medallóns de escaiola adosados.

O sagrario de 1706 mantén, como se dixo xa, as proporcións clásicas do templo, mantendo as columnas múltiples do cruceiro as formas da orde composta,que ideara Siloé.

[editar] A Capela Real

Dentro do conxunto da catedral, e concibido como un anexo, sitúase no lado sur, a Capela Real. Foi trazada por Enrique Egas, polo que o seu estilo é plateresco. Contén as tumbas reais do matrimonio formado polos Reis Católicos, Fernando e Isabel I, esculpido en Xénova por Domenico Fancelli, e máis os sepulcros reais da súa filla, a raíña Xoana I de España e o seu marido, o rei Filipe o Fermoso, pais deCarlos I; esta segunda tumba é obra escultórica de Bartolomé Ordóñez. Porén todos os restos descansan na cripta, subterránea, sita sob os sepulcros. Cabe destacar tamén o espléndido retábulo, 1520-1522, obra de Filipe de Bigarny.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas