Batalla de Fort Sumter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 32°45′09″N 79°52′30″O / 32.75250, -79.87500

Batalla de Fort Sumter
Parte de a Guerra Civil Estadounidense

Bombardeo de Fort Sumter, de Currier e Ives (1837–1885).
Data 12 de abril de 1861 - 13 de abril de 1861
Lugar Preto de Charleston, Carolina do Sur
Resultado Vitoria confederada.
Belixerantes
Estados Unidos de América Estados Unidos Estados Confederados de América
Líderes
Robert Anderson P. G. T. Beauregard
Forzas en combate
1ª compañía de artillaría dos Estados Unidos
85
Forzas provisionais dos Estados Confederados
Entre 500 - 6000 (estimación)[1]
Baixas
0 (4 feridos) 0 (5 feridos)

A Batalla de Fort Sumter foi un bombardeo realizado entre o 12 e o 13 de abril de 1861 polo exército dos Estados Confederados coa finalidade de expulsar a gornición federal que ocupada o Fort Sumter na baía de Charleston en Carolina do Sur. Esta batalla, que non causou ningunha baixa, marca o comezo da Guerra de Secesión (1861-1865) nos Estados Unidos, o conflito máis sanguento de tódalas acontecidas en territorio americano.

As negociacións previas trataron de pactar a rendición das tropas que ocupaban o forte e as condicións do mesmo. Para ámbolos dous bandos, as accións previas tiñan como obxectivo estimular as tropas e convencer aos estados que aínda estaban indecisos a que se unisen á súa causa, intentando presentar ao adversario como o agresor no caso de que finalmente a guerra se fixese efectiva. O conflito comezou a xestarse co enfrontamento do gobernador de Carolina do Sur, Francis Wilkinson Pickens, co Presidente dos Estados Unidos en funcións, o demócrata James Buchanan. Este enfrontamento continuou posteriormente a través do Presidente do Goberno confederado Jefferson Davis co Presidente estadounidense Abraham Lincoln.

Após varios meses de negociacións, o ataque ao forte provocou a mobilización do exército federal por parte de Abraham Lincoln e precipitou ao país á unha guerra fraticida.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. National Park Service (ed.). "Fort Sumter Battle Summary". Consultado o 14 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]