Francisco Cea Bermúdez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Cea Bermúdez.jpg

Francisco Cea Bermúdez, nado en Málaga o 28 de outubro de 1779 e morto en París o 6 de xullo de 1850, foi un político andaluz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras diversas tarefas como diplomático, colaborou con Fernando VII na súa pugna co infante Don Carlos tras promulgar a Pragmática Sanción que facilitaba o camiño ó trono á súa filla, a futura Isabel II. Nomeóuselle Presidente do Consello de Ministros o 1 de outubro de 1832 e foi confirmado ó chegar ó trono a raíña Isabel II. Cando a situación se fixo máis complexa, e a raíña pretendía incoporar aos sectores mais críticos coa política absolutista da soberana, Cea Bermudez foi deposto en 1834.