Cornualles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 50°18′N 4°54′W / 50.3°N 4.9°W / 50.3; -4.9

Cornualles
Cornwall (inglés)
Kernow (córnico)
Bandeira de Cornualles
Bandeira
Lema: "Onen hag oll" (en córnico, "Un e todos")
Himno: The Song of the Western Men
 
Cornwall UK locator map 2010.svg
 
Estado Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido
Capital
 • Poboación
Truro
19.134 (censo 2010)
Cidade principal Penzance
Linguas
 • Oficiais
Inglés e córnico
Estatus
 •
Condado

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 12º
3.563 km²

km
km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 40º
536.000 (2011)
151 hab./km²
Xentilicio córnico/a
Fuso horario UTC
Dominio de Internet n/d
Código ISO GB-CON
Subdivisións do Reino Unido

Cornualles[1] (Cornwall, en inglés; Kernow en córnico) é un condado administrativo e cerimonial, que ocupa unha grande parte da península do mesmo nome, constituíndo o extremo sudoccidental de Inglaterra. Os seus habitantes, os córnicos, están recoñecidos como unha minoría nacional polo Reino Unido desde o 24 de abril de 2014[2].

As súas costas, recortadas, son bañadas polo mar Céltico ó norte e oeste e polo Canal da Mancha ó sur, e culminan na parte oeste, no chamado Fin da Terra, que equivalería á Fisterra galega ou á Finistèrre bretoa.

O tamén coñecido como país do estaño está ó oeste do condado de Devon, sendo o río Tamar a súa fronteira. A estrada principal que mediante a que se comunica co resto da illa de Gran Bretaña é a A38, que cruza o Tamar en Plymouth grazas á Ponte do Tamar; e a A30 que cruza a fronteira sur do Launceston. Un transbordador tamén une Plymouth coa cidade de Torpoint ó outro lado do Hamoaze. Unha ponte ferroviaria (a Royal Albert Bridge), construída por Brunel en 1859, completa a outra gran vía de transporte.

As illas Sorlingas (Isles of Scilly) están asociadas a Cornualles.

Cornualles é tamén un ducado pertencente á Coroa Británica que ten asociado o título de Duque de Cornualles. O moderno ducado é propietario do 2% do territorio, así como outras grandes áreas ó longo de Gran Bretaña.

Na actualidade, este título osténtao Camilla Mountbatten-Windsor (Camilla Parker-Bowles denantes da súa voda co príncipe de Gales, Carlos de Inglaterra).

Política e lingua[editar | editar a fonte]

Os nacionalistas córnicos están organizados en dous partidos políticos: Mebyon Kernow e o Cornish Nationalist Party. Tamén hai un movemento partidario da autonomía que recolleu 50.000 sinaturas.

A lingua córnica está emparentada co galés e o bretón, formando as tres o grupo britónico de linguas celtas, distinguíndose do grupo goidélico que forman o irlandés, gaélico escocés e manx. Foi lingua viva até 1777 sendo Dolly Pentreath a derradeira persoa monolingüe. A publicación de "Handbook of the Cornish Language" en 1904 provocou un interese por revivila.

Pese a que non se realizou ningún censo ó respecto, suponse que hai unhas 2.000 persoas que falan o idioma, aínda que só unhas 100 o fan fluidamente. Recentemente o goberno británico recoñeceuna como idioma minoritario.

Algúns apelidos teñen os prefixos Tre, Pol, ou Pen, e como di o seu dito "por Tre, Pol e Pen saberás quen é córnico."

Historia[editar | editar a fonte]

O nome inglés moderno deriva do nome tribal Cornovii e da palabra anglosaxoa wealas. Cornovii é moi probable que signifique pobo da península. Wealas é tamén a orixe do nome Gales. En córnico é nomeado como Kernow.

Cornualles foi a principal fonte de abastecemento de estaño para as civilizacións do Mediterráneo antigo, sendo coñecida como as Casitérides e unha vez os córnicos foron considerados os maiores mineiros do mundo. Cando as reservas de estaño se esgotaron, emigraron a lugares como América (Estados Unidos e Arxentina principalmente), Australia, Nova Zelandia e Sudáfrica. Moitas palabras córnicas relacionadas coa minería pasaron ó inglés como costean, gunnies, e vug.

Dende o declive da minería, agricultura e pesca, a economía vén decantándose polo turismo, grazas a unhas das máis espectaculares costas do mundo. Así as cousas, a economía está deprimida e a rexión foi recoñecida pola Unión Europea como unha das do Obxectivo 1.

Bandeira[editar | editar a fonte]

Hai discusións sobre quen é o patrón de Cornualles: San Miguel, San Petroc ou San Piran. San Piran é o máis popular: o seu emblema (unha cruz branca sobre campo negro) está recoñecido como a bandeira de Cornualles, se ben non oficialmente (os condados non teñen bandeira) e o seu día (5 de marzo) é celebrado polos córnicos de todo o mundo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ver entrada de «Plymouth». Diciopedia do século 21. 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1650. ISBN 9788482893600.
  2. "Cornish to be recognised as a national minority along with Scots, Welsh and Irish" The Independent, 24 de abril de 2014

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]