Coventry
Coordenadas: 52°24′29″N 1°30′38″W / 52.40806°N 1.51056°W Coventry é unha cidade do centro de Gran Bretaña, situada a 153 km ao noroeste de Londres e a 30 km ó leste de Birmingham, cunha poboación no 2001 de 303.475 habitantes.
Bombardeo de Coventry [editar]
Coventry foi unha das cidades que tivo que ser "sacrificada" polos ingleses na Segunda Guerra Mundial, debido a que xusto antes do bombardeo a esa cidade descifraran o código enigma dos nazis e interceptaran unha comunicación do Eixo onde se dicía que se ía bombardear a cidade. Logo Churchill tivo que tomar a decisión de evacuar ou non Coventry. Se se evacuaba a cidade os nazis sospeitarían que se descifrara o código enigma, e comprometeríase a vantaxe na guerra.
Finalmente, Coventry foi bombardeada masivamente polos avións da Luftwaffe, (cerca de 500 bombardeiros) o 14 de novembro de 1940. A cidade foi case totalmente destruída. O ministro nazi de Propaganda, Goebbels, chegou a propor un novo termo, "coventrizar", para referirse a eses bombardeos masivos. Só algunhas crianzas foran evacuadas, baixo o pretexto de saída de vacacións.
Tamén houbo bombardeos en Liverpool, Plymouth, Bristol e Southampton.
A catedral de Coventry foi deixada como a deixou o bombardeo: non quedan máis que unhas columnas e algo das súas murallas. Xunto aos restos da antiga catedral edificouse unha nova catedral, a cuxa inauguración, que tivo lugar en 1962 e como símbolo de reconciliación, asistiu o chanceler alemán.
Polo seu valor simbólico, nas proximidades da Catedral, plantáronse unha serie de olmos, iniciativa que patrocinou a artista Yoko Ono.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |