Sésil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Folla sésil, na que o limbo se asenta directamente no caule.

O termo sésil,[1] adoita utilizarse en botánica para expresar a falta dun órgano (ou parte orgánica) que serva de pé ou soporte.[2]

Así, unha folla é sésil se carece de pecíolo; no caso duna flor, se carece de pedúnculo, e no caso da antera dise que é sésil se non ten filamento ou este é moi curto, case imperceptíbel.[2]

Os corais e as tridacnas son exemplos de animais sésiles.

O termo deriva do latín sessĭlis, -e, 'apto para sentar'.[2][3] Por iso moitas veces ás follas ou as flores sésiles tamén se denominan sentadas.[2]

Así mesmo, o termo sésil úsase tamén en zooloxía para referirse a un organismo acuático que crece adherido, agarrado ou arraigado no seu substrato, do que non se separa e sobre o que non se despraza.[4]

Moitos organismos do bentos son sésiles, como por exemplo as esponxas, os corais, algúns moluscos bivalvos, como as ostras ou os mexillóns (pero non as ameixas ou os berberechos), os briozoos ou os braquiópodos.

Entre os crustáceos, os da orde cirrípedes, como os percebes e os balanos, tamén o son.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. sésil1 no dicionario da RAG.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. 2 vols. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-335-0078-3.
  3. sésil no DRAE.
  4. sésil2 no dicionario da RAG.