Ballesteros de Calatrava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ballesteros de Calatrava é unha pequena localidade pertencente a comunidade de Castela-A Mancha, dentro da provincia de Cidade Real atopándose na comarca de Campo de Calatrava. Ten 57,27 km², e está a 656 m sobre o nivel do mar, a 18 km da capital da provincia. Ten 546 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

No seu termo municipal son frecuentes os vestixios arqueolóxicos que acreditan o poboamento das súas terras desde a idade do bronce. Varios son os xacementos detectados e coñecidos aínda que nunca se procedeu ás escavacións metódicas que o seu interese reclama.

Da época romana atopáronse numerosas moedas acuñadas en diferentes municipios hispano-romanos, moitas delas ao extraer os cimentos da ermida de San Bartolomé, situada no que chaman o Pedazo del Santo, ás costas do actual cemiterio. Entre as máis lexibles hai unha que procede da Coruña del Conde e outra de Calahorra. Outras foron achadas no sitio chamado a Halconera e extramuros da poboación, no Paluzar. Tamén hai restos no Castillejo, cerro Lucero, Peña el Miradero, o Hituro.

Nas Relacións Topográficas de Filipe II de 1575 faise mención de que os edificios antigos que no termo hai son: o Castillar, Peña el Miradero e o Hituro, que teñen sinal que noutros tempos foron atalaias. Ballesteros como toda a zona de Calatrava, pertencía ao Califato de Córdoba, pasando a depender no século XI de Toledo, cristianizándose no XII coa reconquista.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Igrexa da Nosa Señora a Virxe da Consolación: é un edificio dunha soa nave con cabeceira de ábsida poligonal, a cal é o único resto que se conserva da primitiva construción, que se afundiu en 1861. É interesante a portada plateresca decorada con medallóns de San Pedro e San Paulo, candelieri e un arco apuntado, elemento moi arcaico. No interior consérvanse restos dun artesoado probablemente de estilo mudéxar. Posiblemente do mesma orixe que o do pobo, século XIV. Pedra labrada e sen labrar, cachotería, madeira e tella cerámica. No Museo Diocesano de Cidade Real atópanse algunhas imaxes procedentes desta parroquia. O edificio acusa unha gran influencia mudéxar.
  • Palacio da Serna ou Casa Grande: é un edificio de finais do século XVIII. Planta cuadrangular con torreóns en cada un dos ángulos e patios interiores. Portada con elementos neoclásicos. Edificada a finais do XVIII para uso agrícola. Pedra cuarcita e basáltica labrada e sen labrar, ladrillo, cascallo, madeira e tella cerámica. Tamén é chamada Casa Grande. Actualmente foi restaurada para aloxamento rural.

Festas[editar | editar a fonte]

  • San Isidro, 15 de maio.
  • Festividade da Nosa Señora da Consolación, primeiro domingo de xullo.
  • Festividade de San Fernando de Ayala, último domingo de agosto.

Persoeiros[editar | editar a fonte]

Alfredo Alcalá

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ballesteros de Calatrava