Alcázar de San Juan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Concello

Alcázar de San Juan é unha cidade da comunidade autónoma de Castela-A Mancha, situada no nordés da provincia de Cidade Real. Está situada 150 km ao sur de Madrid e no límite coa provincia de Toledo. Ao oeste de Alcázar de San Juan existen tres lagoas, chamadas La Veguilla, Lagoa do Camino de Villafranca e Lagoa de Las Yeguas, que se converteron nun importante refuxio de aves debido á redución doutros espazos como as Tablas de Daimiel, onde durante todo o ano poden atoparse aves como flamencos e garzas. Alcázar ocupa o décimo posto de Castela-A Mancha en poboación.

Contaba en 2007 cunha poboación de 30.408 habitantes.