La Solana
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Solana é un municipio de España, na provincia de Cidade Real, comunidade autónoma de Castela-A Mancha. Ten unha superficie de 134,18 km² cunha poboación de 16.039 habitantes e unha densidade de 119,53 hab/km².
Demografía [editar]
| Evolución da poboación de: La Solana desde 1991 ata 2004 | |||
| 1991 | 1996 | 2001 | 2004 |
| 9.987 | 11.251 | 14.755 | 15.432 |
Tradición [editar]
Unha das principais tradicións que se conservan en La Solana é o cultivo do azafrán. Este cultivo chegou a España coa invasión árabe no século VIII.
En La Solana este cultivo remóntase ao século XVIII. O cultivo da rosa do azafrán levaba a cabo por multitude de familias de La Solana. Outras tradicións case perdidas son os seguintes oficios: a cerámica, a forxa, o esparto, as fouces, as botas de viño e moitos máis como os muíños de almortas, almazaras, froitos secos e lápidas funerarias.