Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non se debe confundir con Ciutadans de Catalunya.

Ciutadans-Partit de la Ciutadania[1] é un partido político español de centroesquerda.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tivo a súa orixe nunha plataforma de 15 intelectuais e profesionais residentes en Cataluña que tiraron o 7 de xuño de 2005 un manifesto para a creación dun novo partido político en Cataluña na que se comprometían a impulsar a constitución dunha nova forza política de ámbito catalán que superase o nacionalismo que ó seu xuízo caracterizaba a todos os partidos cataláns e que asinaban Félix de Azúa, Albert Boadella, Francesc de Carreras, Arcadi Espada, Teresa Giménez Barbat, Ana Nuño, Félix Ovejero, Félix Pérez Romera, Xavier Pericay, Ponç Puigdevall, José Vicente Rodríguez Mora, Ferran Toutain, Carlos Trías, Iván Tubau e Horacio Vázquez-Rial.

Albert Rivera é o seu presidente e candidato á presidencia da Generalitat de Cataluña.

Nas eleccións de 2010 ó Parlamento de Cataluña conseguiu 89.567 votos (3,04 %), o que lle valeu tres escanos. Nas que se celebraron en 2012, aumentou a súa representación ata nove cadeiras no Parlament.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tal é o nome en catalán. Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía en castelán, Cidadáns-Partido da Cidadanía en lingua galega, ou como se presenta ás eleccións ó Parlamento de Cataluña 2006 Ciutadans-Partido de la Ciudadanía e que foi coñecido ata o 9 de xullo de 2006 como Ciutadans de Catalunya/Ciudadanos de Cataluña