Pedro Muñoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pedro Muñoz é un concello da provincia de Cidade Real, na comunidade de Castela-A Mancha. Atópase situado na comarca natural da Mancha, dentro da subcomarca denominada Mancha Alta.

Demografía e xeografía[editar | editar a fonte]

O concello de Pedro Muñoz localízase no sector central das terras manchegas. O seu termo municipal limita coas localidades de Campo de Criptana ao oeste, Tomelloso ao sur e Socuéllamos ao leste, en Cidade Real; e coa toledana de El Toboso e a conquense Mota del Cuervo. A poboación de Pedro Muñoz era de 8.595 habitantes no 2008.