Valdepeñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 14°47′N 16°55′W / 14.783°N 16.917°W / 14.783; -16.917

Valdepeñas
Escudo de Valdepeñas (Ciudad Real).svg
Iglesia de la Asunción de Valdepeñas.jpg
Igrexa da Asunción
Situación xeográfica
Valdepeñas - Mapa municipal.png
País España España
Comunidade autónoma Castela-A Mancha
Provincia Provincia de Cidade Real
Xeografía
Altitude 705 msnm
Superficie 487,65 km²
Poboación
Poboación 31.212 hab. (2012)
Densidade 64 hab/km²
Xentilicio Valdepeñero/a
Información
Código postal 13300
Alcalde Jesús Martín Rodríguez (PSOE)
Páxina web Páxina oficial de Valdepeñas

Valdepeñas é unha cidade de España, situada na provincia de Cidade Real, dentro da Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha. Comprende ademais do núcleo urbano, o barrio de Consolación a 11 km de distancia na A-4 dirección a Madrid, que se fundou na década de 1940 como núcleo de colonización de terras de labranza e as casas dos Baños del Peral a 7 km pola estrada de La Solana.

É cabeza do partido xudicial que agrupa ás localidades de Moral de Calatrava, Santa Cruz de Mudela, Viso del Marqués, Torrenueva, Castellar de Santiago e Almuradiel.

Etimoloxicamente o seu nome significa Val de penas, por estar situada nun amplo meandro do río Jabalón rodeado de cerros (somonte de Serra Morena que marcan o límite sur da chaira manchega xusto nesta localidade) e por abundar no seu subsolo a rocha calcaria.