Bismack Biyombo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Charlotte Bobcats – No. 0 | |
| Ala-pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de agosto de 1992 (20 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
| Peso | 111 kg (245 lb) |
| Información da carreira | |
| NBA Draft | 2011 / Rolda: 1 / Elección: 7
Escollido por Sacramento Kings |
| Carreira | dende 2009 |
| Historial de equipos | |
| CB Illescas (2009-2010) Baloncesto Fuenlabrada (2010-2011) Charlotte Bobcats (2011-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Bismack Biyombo, nado o 28 de agosto de 1992 en Lubumbashi, República Democrática do Congo, é un xogador congoleño de baloncesto profesional que xoga nos Charlotte Bobcats da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
España [editar]
Biyombo fixo o seu debut profesional na Liga ACB co Fuenlabrada contra o DKV Joventut o 9 de xaneiro de 2011, con 5 puntos e 7 rebotes en só 13 minutos de xogo.[1]
NBA [editar]
O 23 de xuño de 2011, Biyombo foi elixido na 7ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Sacramento Kings, pero os seus dereitos foron traspasados pouco despois aos Charlotte Bobcats. O 19 de decembro de 2011, asinou o seu contrato de rookie cos Bobcats.[2]
Notas [editar]
- ↑ ACB.com DKV JOVENTUT|BALONCESTO FUENLABRADA 100|86.
- ↑ "Bobcats Sign Bismack Biyombo". NBA.com. 2011-12-19. http://www.nba.com/bobcats/release_biyombo_111219.html. Consultado o 2011-12-19.