Robert Parish

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Parish
Posición Pivote
Dorsal 00
Altura 2,16 m (7 ft 1 in)
Peso 110 kg (250 lb)
Nacemento 30 de agosto de 1953 (61 anos)
Flag of Louisiana.svg Shreveport, Luisiana
Carreira
Tempadas 19761997
NBA Draft 1976 / Rolda: 1 / Elección: 8

Escollido por Golden State Warriors

Universidade Centenary
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     23 334
Rebotes     14 715
Tapóns     2 357
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Basketball Hall of Fame como xogador

Robert Lee Parish, nado o 30 de agosto de 1953 en Shreveport, Luisiana, é un destacado ex xogador de baloncesto estadounidense. Foi alcumado como O Xefe (The Chief), ao comparar o seu rostro impenetrable co do personaxe do indio da película Alguén voou sobre o niño do cuco, que protagonizou Jack Nicholson. De acordo coa lenda, foi o seu compañeiro de equipo nos Celtics Cedric Maxwell o que lle puxo tal alcume.

Disputou un total de 21 tempadas da NBA, sendo o xogador máis lonxevo de toda a historia da competición. Non en balde, retirouse aos 43 anos. Xogou na posición de pivote, cunha estatura de 2,15 metros. Fíxose famoso o seu número de camiseta, o dobre cero (00).

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

A súa traxectoria colexial pasouna na pequena Universidade de Centenary, en Luisiana, entre 1973 e 1976, onde fixo uns espectaculares 21,6 puntos e 16,9 rebotes por partido.

NBA[editar | editar a fonte]

Foi elixido en primeira rolda do draft, no posto número 8, polos Golden State Warriors, onde pasou os seus catro primeiras tempadas, ata que foi traspasado aos míticos Boston Celtics, equipo co que logrou as súas maiores xestas, grazas en parte a estar rodeado de compañeiros como Larry Bird, Kevin McHale, Dennis Johnson ou Danny Ainge. Nas 14 tempadas que disputou coa camiseta verde, conquistou tres campionatos da NBA.

Cos 40 anos xa cumpridos, e completando xa unha etapa, foise aos Charlotte Hornets, onde xogou dúas tempadas, xa a un nivel máis baixo, e terminou a súa carreira de forma brillante co seu cuarto anel de campión nas filas dos Chicago Bulls.

Logros persoais[editar | editar a fonte]

O dobre cero.
  • 4 veces Campión da NBA, nos anos 1981, 1984, 1986 e 1997.
  • 9 veces elixido para o All-Star Game.
  • É o xogador que máis partidos disputou na NBA (1611).
  • A súa camiseta co "00" foi retirada polos Boston Celtics en 1998.
  • Foi elixido como un dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" en 1996.
  • Entrou a formar parte do prestixioso Hall of Fame (Salón da fama), no ano 2003.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]