Vitamina B5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vitamina B5

A vitamina B5 ou ácido pantoténico é unha vitamina hidrosoluble (soluble en auga) que intervén como compoñente do coenzima A e doutras moléculas importantes.

Desempeña un papel moi importante no funcionamento do metabolismo celular e do sistema nervioso e inmunitario. Esta vitamina utilízase no tratamento das alopecias, enfermidades das uñas e cambras do embarazo. Tamén se utiliza no tratamento de acne, xa que practicamente non ten efectos secundarios e dá moi bos resultados.

Atópase na maioría dos alimentos, sobre todo en ovos de ave e de peixe, fígado, ril, lácteos e fermento. Fontes de orixe vexetal: aabaza, cacahuetes, fermento de cervexa, pemento doce, tofu, arroz integral, améndoas, pipas de xirasol, entre outros.

A falta de ácido pantoténico pode provocar infertilidade e insuficiencia renal, aumento de fatiga e tensión, caída do cabelo, feridas e úlceras cutáneas e alteracións na sensibilidade dos pés.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Vitamina B5