Aceite de cacahuete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Botella de aceite de cacahuete, con vitamina E agregada como preservativo.

O aceite de cacahuete é un aceite vexetal preparado xa sexa mediante cocción dos cacahuetes (Arachis hypogaea) ou mediante a súa extracción nunha prensa hidráulica. Este aceite é de cor moi clara e a súa idoneidade para aguantar altas temperaturas convérteo nun aceite ideal na cociña como aceite de fritir. Ten un sabor suave que o fai apropiado para elaborar ensaladas, maionesas e vinagretas.

Este tipo de aceite é moi empregado na cociña asiática (emprégase no wok).

Composición[editar | editar a fonte]

A composición de ácidos graxos do aceite de cacahuete para consumo humano é a seguinte (en porcentaxe de peso en orde descendente).

Cada 100 g de aceite de cacahuete procedente de América do Sur ten, de media:

  • Graxas monoinsaturadas: 39 g (sobre todo oleico)
  • Ácidos graxos esenciais omega-6: 38 g
  • Ácidos graxos saturados: 23 g (palmítico, esteárico, behénico, araquídico)
  • Menos de 0,1 gramos de ácidos graxos esenciais omega 3

A favor (en termos de dieta):

Contras:

  • Relativamente rico en ácidos graxos saturados (comparado con aceite de oliva, colza ou xirasol)
  • Baixo en ácido graxo esencial omega-3. Recordemos que o consumo ideal é unha achega omega-6/omega-3 entre 1/1 e 4/1 (no exemplo anterior é de 380/1)

Outros usos[editar | editar a fonte]

O aceite de cacahuete de segunda extracción utilízase na fabricación de xabón.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aceite de cacahuete Modificar a ligazón no Wikidata
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de aceite de cacahuete