Imán (relixión)
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa relixión que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Un imán (en árabe, إمام) é a persoa que dirixe a oración colectiva no islam. O Islam carece de clero, e un imán, en principio, pode ser calquera que coñeza ben os rituais da relixión. Sitúase fronte aos fieis nas mesquitas e serve de guía para realizar as oracións, aínda que non é obrigatorio seguilo.
Agás no clero xiíta, a elección dun imán recae, en principio, na comunidade que o vai seguir, aínda que existe xente que seguen estudos específicos para adicarse a esta tarefa.
O imanato xiíta [editar]
Entre os xiítas, o termo imán, aparte de referirse ao guía dunha comunidade relixiosa, é o título que ostentaban os xefes supremos de toda a comunidade xiíta (o equivalente ao califa sunní), cargo hereditario cuxo último representante, Muhammad al Mahdi, segundo a tradición, desapareceu no ano 873 da Era Común e vive dende entón oculto (o mahdi ou imán oculto).