Alcipreste de Lawson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alcipreste de Lawson
Porte do alcipreste de Lawson
Porte do alcipreste de Lawson
Estado de conservación
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Cupressaceae
Xénero: 'Chamaecyparis'
Especie: ''C. lawsoniana''
Nome binomial
''Chamaecyparis lawsoniana''
(A. Murray) Parl.

O alcipreste de Lawson[1] Chamaecyparis lawsoniana, é unha conífera chamada alcipreste dentro do xénero Chamaecyparis, da familia Cupressaceae. O alcipreste de Lawson é nativo do sudoeste de Oregón e o extremo noroeste de California nos Estados Unidos de América, tendo unha prevalencia desde o nivel do mar até os 1.500 msnm (4,900 pés) de altitude nos vales das montañas, frecuentemente nas beiras dos regueiros. Non é unha árbore propia de Galiza, atopándoa soamente nalgúns arboredos.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha conífera de porte arbóreo perennifolio, que normalmente acada entre 50 a 70 m (200 pés) de altura, con follaxe plumosa en escamas planas, de cor azulverdosa xeralmente algo glauca. As follas están escaladas, de 3 a 5 milímetros de longo, con marcas brancas estreitas na superficie inferior, e producindo gomos algo achairados. Os froitos, os conos son globosos, de 7 a 14 milímetros de diámetro, con 6 a 10 escalas, verdes ao principio, madurecen tornándose a unha cor marrón a comezos do outono, de 6 a 8 meses logo da polinización. Os conos masculinos son de 3 a 4 milímetros de longo, vermellos escuros, tornando a marrón despois do lanzamento do pole a comezos da primavera. A casca é avermellada, e de fibrosa a escamosa en fitas verticais.

Foi descuberto por vez primeira preto de Port Orford en Oregón, cultivándose a partir de 1854, polos traballadores dos viveiros "Lawson & Son nursery" en Edimburgo, Escocia, logo de que fose alcumado alcipreste de Lawson pola descrición do botánico Andrew Murray. A USDA denomínao oficialmente como "Port Orford Cedar", o mesmo que a meirande parte da xente da súa área orixinal; mais, por no ser un cedro, moitos botánicos prefiren evitar o nome, usando o de alcipreste de Lawson, ou en casos moi raros o de alcipreste de Port Orford, no canto de crear máis confusión. A silvicultura e a xardinaxe, eidos nos que a especie é moi importante, utilizan especialmete o nome de alcipreste ou ciprés de Lawson.

Cultivo e usos[editar | editar a fonte]

Ten unha grande importancia en horticultura, paisaxismo e xardinaxe, con varios centos de coñecidos cultivares con formas diversas de copa, taxas de crecemento e cor de follaxe, o que permite seleccionar o máis apropiado para plantar no xardín. Prospera mellor en solos ben drenados pero húmidos. A súa madeira é lixeira e durábel, e valorada especialmente no leste de Asia, sendo exportadas grandes cantidades ao Xapón onde é moi arelada para facer cadaleitos, e para ser utilizada en santurarios e templos.[2] Por mor á rectitude do seu gran, é tamén unha das madeiras preferidas para a fabricación de eixos das setas. Tamén se considera unha madeira aceptábel, aínda que non a ideal, para a construción de avións.[3]

Enfermidades[editar | editar a fonte]

No seu medio natural, a especie atópase seriamente ameazada por unha doemza nas raíces causada polo fungo patóxeno introducido, Phytophthora lateralis. Esta enfermidade é un problema para as plantacións hortícolas nalgunhas partes de América do Norte. A árbore tamén é atacada, aínda que non coa mesma severidade, por outras especies de Phytophthora.

A infección con Phytophthora lateralis comeza cando o micelio, dunha espora xermolada, invade as raíces. A infección esténdese entón a través da casca e do cámbium interno arredor da base da árbore. A extensión por riba do toro é xeralmente limitada. O tecido infectado morre e arrodea con eficacia a árbore. As árbores vellas teñen máis probabilidade de seren infectadas que as novas, por mor a áreas de raíz máis grandes (aínda que sucumbirán todas as árbores nos bordos das correntes de auga). Porén, as árbores vellas poden vivir a miúdo cas infeccións durante un período máis longo (até varios anos).

As poboaciónss de "Port Orford Cedar" nas ribeiras dos ríos son altamente susceptíbeis a contraer a infección de Phytophthora lateralis. Porén, o índice de contaxio da Phytophthora en poboacións en áreas secas da meseta parece ocorrer máis amodo. A Phytophthora lateralis exténdese a través da auga, por medio de esporas móbiles (zoosporas). O fungo tamén produce esporas latentes (clamidiosporas) que poden persistir no cham durante un longo período de tempo. As novas infeccións comezan xeralmente cando se transfiren dende o chan dunha poboación infectada a unha non infectada por medio do movemento humano ou animal. Logo da infección inicial en poboacións á beira de correntes de auga, a extensión secundaria vía zoosporas infecta rapidamente a todos os individuos río abaixo.

O ser humano como medio facilitador do espallamento é probabelmente o responsábel dos gomos máis novos, e das infeccións que se producen a distancia. O chan en contacto cos pneumáticos dos vehículos, especialmente camións de transporte e outros vehículos que circulan nas vías forestais, considérase o problema máis acuciante por mor ao volume de solo que pode ser desprazado e a cantidade de tráfico entre áreas susceptíbeis. A extensión en solas de botas e pneumáticos de bicicletas de montaña tamén se teñen suxestionado de contribuír a novas infeccións locais. Tamén se ten suxestionado que os animais facilitan o espallamento, mais dun xeito moi localizado.

C. lawsoniana mostrando os conos masculinos en primavera co su color rojo caracteristico.
C. lawsoniana amosando conos femininos maduros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar preferido en galego xunto coa variante ciprés de Lawson en Termos Esenciais de Botánica Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo - Universidade de Santiago de Compostela
  2. Snyder 1999 pg. 225
  3. Kroes, Watkins, and Delp: Aircraft Maintenance and Repair, sixth edition, page 66, McGraw Hill, 1993

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Conifer Specialist Group (2000). Chamaecyparis lawsoniana. 2006 Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. IUCN 2006. Consultado o 11 May 2006. Listed as Vulnerable (VU A1de+2e v2.3)
  • Siskiyou National Forest has posted precautions for persons entering areas with Port Orford Cedar populations ([1]).
  • Jules, E.S., M.J. Kaufmann, W. Ritts, & A.L. Carroll. 2002. Spread of an invasive pathogen over a variable landscape: a non-native root rot on Chamaecyparis lawsoniana. Ecology 83: 3167-3181.
  • Hunt, J. 1959. Phytophthora lateralis on Port-Orford-cedar. Research Note 172: 1-6. Portland, OR: U.S. Department of Agriculture, Forest Service, Pacific Northwest Forest and Range Experiment Station.
  • Roth, L. F., Trione, E. J., & Ruhmann, W. H. 1957. Phytophthora induced root rot of native Port-Orford-cedar. Journal of Forestry 55: 294-298.
  • Snyder, Gary. 1999. "The Gary Snyder Reader". Counterpoint. ISBN 1-887178-90-2
  • Torgeson, D. C., Young, R. A., & Milbrath, J. A. 1954. Phytophthora root rot diseases of Lawson cypress and other ornamentals. Oregon Agric. Exp. Stn. Bull. 537: 1-18. Corvallis, OR: Oregon State College.
  • Trione, E J. 1959. The pathology of Phytophthora lateralis on native Chamaecyparis lawsoniana. Phytopathology 49: 306-310.
  • Tucker, C. M.; Milbrath, J.A. 1942. Root rot of Chamaecyparis caused by a species of Phytophthora. Mycologia. 34: 94-103.
  • Zobel, D. B., Roth, L. F., & Hawk, G. M. 1985. Ecology, pathology, and management of Chamaecyparis lawsoniana. Gen. Tech. Rep. PNW-184: 1-161. Portland, OR: U.S. Department of Agriculture, Forest Service, Pacific Northwest Forest and Range Experiment Station.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alcipreste de Lawson Modificar a ligazón no Wikidata