Cupresáceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cupresáceas
Juniperus thurifera
Juniperus thurifera
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Spermatophyta
Clase: Gymnospermae
Subclase: Pinidae (coníferas)
Orde: Cupressales
Familia: Cupressaceae (familia nº 11)
Rich. ex Bartl.
Xéneros

Números de familia e xénero segundo Christenhusz et al. (2011).[1]

Filoxenia da familia Cupressaceae
Véxase Pinidae para unha introdución a estes grupos

As cupresáceas (Cupressaceae) son unha familia botánica onde se inclúen árbores coma os alciprestes, tuias, xenebreiros, sequoias e xéneros similares. A familia está composta por 30 xéneros (moitos deles monotípicos) e 142 especies, orixinarias das rexións temperadas ou temperado-quentes de ambos hemisferios. Inclúe un numeroso conxunto de árbores valiosas polas súas madeiras, pola produción de gomas ou resinas ou polo seu valor ornamental.

En Galiza non son especies silvestres, sendo, porén, moi cultivadas en xardinaxe.

Descrición[editar | editar a fonte]

Son coníferas arbóreas ou arbustivas, sempreverdes, monoicas ou dioicas, con follas simples, opostas ou verticiladas, escamiformes ou aciculares, podendo coexistir ambos tipos, providas ás veces dunha glándula dorsal. Flores masculinas amentiformes. Flores femininas globosas. Conos maduros leñosos ou carnosos, de maturación anual ou bienal, coas escamas providas ás veces dun apéndice dorsal. Brácteas e escamas totalmente ou case totalmente concrescentes nunha peza única, albergando de 1 a 20 óvulos. Sementes aladas ou ápteras.

Xéneros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Christenhusz, M.J.M, Reveal, J.L, Farjon, A., Gardner, M.F, Mill, R.R, y Chase, M.W. 2011. A new classification and linear sequence of extant gymnosperms. Phytotaxa 19: 55-70. (pdf)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]