Saltar ao contido

Lingua istrorromanesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Istrorromanés»)
Istrorromanés
Vlăşeşte/Rumâreşte
Outros nomes:Rumêri-kuvinta
Falado en: Croacia Croacia
Rexións: Istria
Total de falantes: 300 (2007)
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Románica oriental
    Balco-románica
     Istrorromanés
Escrita: alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: Ningún país
Regulado por: Non está regulada
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: roa
ISO 639-3: ruo
Mapa
Status

O istrorromanés está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O istrorromanés[2] é unha lingua romance. De todas as linguas ou dialectos que se falan fóra da actual Romanía, é lingüisticamente a máis próxima á lingua oficial dese estado, o daco-romanés ou simplemente romanés. O istrorromanés é falado hoxe nunhas poucas vilas e aldeas na península de Istria, na parte setentrional do Mar Adriático, na actual Croacia. Antigamente foi falada dende unha parte considerablemente ampla do nordeste de Istria nos arredores da cadea montañosa de Ciceria (hoxe Ćićarija), (antiga Mons Carusadius) ata Trieste. Os seus falantes chámanse a si mesmos Vlahi (nome dado polos eslavos), Rumeni, Rumêri ou Rumâri, así como Ćići e Ćiribiri (este último é un alcume usado desprezativamente para a lingua istrorromanesa, non para os seus falantes).

Os istrorromaneses divídense hoxe en dous grupos: os Ćići arredor de Žejane (que fai referencia aos pobos da parte norte do monte Ucka) e os Vlahi ao redor de Šušnjevica (que fai referencia aos pobos da parte sur do monte Ucka (Monte Maggiore (monte Maior)). De todas as maneiras, e a pesar das interferencias doutras linguas e diferenzas de palabras que varían dunha vila a outra, a súa lingua é lingüisticamente idéntica.

O estimación do número de falantes de istrorromanés é moi vaga, calcúlase que son menos ou arredor de 1 000, o "máis pequeno grupo étnico-lingüístico en Europa" é unha das linguas recoñecidas coma as "máis seriamente en perigo" na UNESCO Red Book of Endangered Languages, debido a que o pequeno número de falantes se reparte en oito pequenas aldeas e dúas vilas "considerables" que son Žejane (Xeiane) e Šušnjevica (Susnieviza), ademais de non existir educación pública na lingua nativa. Os seus falantes aínda non son recoñecidos coma minoría oficial en Croacia; quizais debido ao contubernio histórico de Istria: un número considerable de falantes istrorromaneses foran obrigados a deixar Istria e pobos e cidades veciños despois da Segunda Guerra Mundial cando o Tratado de Paz de París con Italia asinado o 10 de febreiro de 1947, apartou Istria de Italia (que a gañara despois da Primeira Guerra Mundial) integrándoa en Iugoslavia, o país pai das actuais Croacia e Eslovenia, que dividiu Istria en dúas partes entre eses territorios, mentres Italia permanecía cunha pequena parte preto de Trieste.

Historia recente

[editar | editar a fonte]

O número de falantes de istrorromanés foise reducindo co tempo debido ás asimilacións sufridas cos cambios políticos de Istria: no censo italiano de 1921, había 1 644 falantes de istrorromanés declarados na zona e segundo a estimación do estudoso romanés Sextil Puşcariu en 1926 eran preto duns 3000. No censo de 1991 de Iugoslavia, tan só foron rexistrados 811 "romaneses", e no censo de Croacia do 2001 soamente 137 habitantes da rexión declarou o "romanés" coma a súa lingua nai. Estudos en Istria en 1998 (?) polo lingüista croata August Kovačec, rexistrou só 170 falantes activos (pero é probable que estes fosen só os das propias vilas onde a lingua era falada, excluíndo aqueles que deixaron as vilas de Istria por un tempo moi longo e que aínda o falan), a maioría deles bilingües (ou trilingües) agás 27 rapaces.

En 1922, o Réxime italiano de Benito Mussolini recoñeceu á vila de Susnieviza (que renomeou como Valdarsa, volvendo despois ao nome pre-italiano pero escrito en croata coma Šušnjevica) coma o asentamento dos istrorromaneses, asignando unha escola en lingua istrorromanesa. Isto foi conseguido grazas aos esforzos de Andrea Glavina ( italianización de Glavich), un dos fillos nativos de cidade que foi educado na universidade en Romanía.

Por outra banda, a maior vila do norte, Žejane, e outras aldeas próximas á fronteira con Eslovenia están menos italianizadas e máis eslavizadas. Moitas vilas nesta área teñen nomes que son de orixe romanesa, tales coma Jeian, Buzet ("labios"), Katun ("aldea"), Gradinje ("xardín"), Letaj, Sucodru ("baixo un bosque"), Costirceanu (nome romanés). Algúns destes topónimos son oficiais (recoñecidos por Croacia como nomes propios de seu), mentres que outros son usados soamente polos falantes istrorromaneses (ex. Nova Vas|Noselo).

O destino actual do istrorromanés é incerto, porque en Istria só preto de 350 persoas o entenden parcialmente; os falantes activos e bilingües son menos de 200 (isto son os que admiten abertamente falalo, o número actual pode ser maior), e menos de 30 nenos o coñecen hoxe. Os falantes foron fortemente pasivos e receosos a apoios do exterior que a miúdo incluían intereses políticos no caso dunha axuda real. Isto foi así baixo o réxime italiano e iugoslavo segundo os indicios que temos hoxe. Sen un apoio internacional activo, eficiente e urxente, a lingua istrorromanesa extinguirase nas vindeiras dúas xeracións.

Algúns lingüistas cren que os istrorromaneses emigraron ata a actual rexión de Istria e ata a cidade de Trieste ao redor de hai 1 000 anos dende Transilvania, mentres que a teoría serbia cre que tería lugar a súa orixe na actual Serbia, o que non se pode corroborar manténdose a primeira tese en consenso entre os estudosos. Atopáronse recentes achados que suxiren que o pobo istrorromanés (con toda probabilidade valacos) xa estiveran presentes en certas rexións preto do Friul a finais do século XIII.

Algúns préstamos suxiren que os istrorromaneses viviron un período longo entre as terras non insulares dálmatas ata o río Cetina, onde destacan algúns nomes de parentesco rematados en -ul da época medieval. De calquera forma, é lingüisticamente evidente que o "dialecto" istrorromanés escindiuse do amplamente falado daco-romanés -unha lingua romance oriental- máis tarde que outros dialectos romaneses, o arromanés e o meglenorromanés, e hoxe o máis próximo ao dialecto daco-romanés, a lingua oficial de Romanía en Moldavia.

A primeira anotación en istrorromanés (non necesariamente o "Ćići") data de finais de 1329, cando as crónicas serbias mencionan que unha poboación de valacos vivía na área, aínda que unha mención máis antiga (do século XII dun mosteiro veneciano) fala dun líder en Istria chamado Radul (que podería ser un nome romanés).

Pavle Ivić, un lingüista serbio, cita a hipótese de que unha considerable poboación de latinos habitaron os Balcáns dende o oeste ao leste a través da antiga Iugoslavia antes do século X. A teoría é que estas poboacións se reduciron polas epidemias e guerras, mesturándose cos primeiros istrorromaneses que se trasladaron a Istria, pero non existe ningunha crónica que apoie esta teoría.

O escritor e historiador italiano Giuseppe Lazzarini cre que hai máis de 5 000 istrorromaneses descendentes en Istria hoxe en día, pero os máis deles identifícanse a si mesmos (censo 1991: soamente 811 istrorromaneses) con outros grupos étnicos de acordo coas outras nacións desta rexión. Crese que os istrorromaneses son os descendentes da unión dos lexionarios romanos (movidos por Augusto ao leste de Istria para colonizar as fronteiras de Italia) e os pastores arromaneses que escaparon das invasións otomás para instalarse nunha Istria despoboada pola peste no século XIV.

Existe tamén un erro común que é a confusión de "ćići" e "vlahi" co "morlacchi" (eslavo: Murlaki) que son un grupo lingüístico e étnico completamente distinto na Dalmacia e na Herzegovina.

O istrorromanés ten bastante parecido co romanés, e a maior parte de lingüistas romaneses pensa que é un dialecto máis ca unha lingua independente. Outro punto de vista é que o istrorromanés está máis relacionado coa extinta lingua dálmata, pero non hai evidencias lingüísticas e, polo tanto, non se acepta. De feito, o istrorromanés ás veces confúndese co istriot (obviamente, por persoas que non saben ningunha das linguas), que é outra lingua seriamente ameazada do sur de Istria. Esta é considerada descendente ou estreitamente relacionada cun dos dialectos dálmatas.

Unha das peculiaridades do istrorromanés en comparación con outros "dialectos" do romanés, é o uso do rotacismo (o /n/ intervocálico convértese en /r/, lumină ("luz" en romanés) pasa a ser lumira). Esta é unha das razón polas que os lingüistas romaneses pensan que o istrorromanés evolucionou dende o romanés falado nas áreas de Apuseni ou Maramureş en Transilvania, que ten formas semellantes.

Outras características do istrorromanés son:

  • Prosthetic a- coma en arumano (AR) aruşine < DR ruşine non existe, porén por falsa analoxía un a- orgánico pode desaparecer p.ex. (a)prope, (a)ratå, (a)ve;
  • á tónico pode converterse en å /ɔ/ que pode tamén ser atopado no Bánato, rexión de Romania;
  • ă-á convértese a-å, p.ex. DR măritá > IR maritå ( casarse), DR arătá > IR (a)ratå (mostrar, amosar);
  • au convértese åv, un troco similar aparece en arromanés, p.ex. DR aud > AR avdu, IR åvdu ((eu) oio); igualmente DR preot > AR/IR preftu (sacerdote, prior, cura);
  • -e precedida de labial permanece inalterada, mentres que en DR convértese en , p.ex. IR per < DR păr (pereira/pelo), IR pemint < DR pămînt (ground);
  • DR -eá- tónico convértese en -é- tónico, p.ex. DR leac > IR lec (remedio), DR leagăn > IR legăr (berce/randeeira), DR fată > IR fetĕ (rapaza, nena);
  • Os grupos consonánticos e só se atopan en IR, AR e megleno-romanés (MR). Estes grupos amosan que os dialectos romaneses en Istria se separaron do DR antes do século XIII, cando e tendían a k' e g', p.ex. latín inclūdēre > IR cľide, MR ancľide > DR închide (pechar), latín glacia > IR gľåţĕ, AR/MR gľeţ > DR gheaţă (xeo);
  • As labiais p, b, f, v e m amosan as seguintes evolucións nas linguas romances orientais:
istrorromanés arromanés megleno-romanés romanés galego
pićor = pé cicior picior picior perna
kľeptu cheptu kľeptu piept peito
bire ghine bini bine bo
bľerå azghirari zber zbiera gritar, ruxir
fiľu hilj iľu fiu fillo
fiľa hilje iľe fiică filla
ficåt hicat ficat fígado
fi hire ire fi ser
fľer heru ieru fier ferro
viţelu yitsãl viţål viţel vitela
(g)ľerm iermu ghiarmi vierme verme
viu yiu ghiu viu vivo
vipt yiptu vipt comida, grao
mľe(lu) njel m'iel miel cordeiro
mľåre njare m'ari miere mel

Os resultados destes cambios en IR pódense resumir nestoutro cadro:

p > p, , ć
b > b,
f > f,
v > v, ľ,
m >

  • Palabras que só se atopaban en istrorromanés e nalgúns dialectos do daco-romanés do Bánato:
istrorromanés bánato daco-romanés galego
amănåt amînat târziu tarde
(a)stårĕ astară astăseară esta noite
bericåtĕ beregată laringe larinxe
lomi lomui a frânge romper
prigodĕ prigoadă afacere negocios, asuntos
zgodi zgođi a se întîmpla suceder, ocorrer

De todas as maneiras, as palabras similares zgoda (suceso) e prigoda (negocio, asunto) son amplamente utilizadas en serbo-croata, e poden ser tamén préstamos do eslavo; tamén a palabra istrorromanesa mľelu é similar á chacaviana mjelić (cordeiro) dalgúns habitantes das illas adriáticas.

Gramática

[editar | editar a fonte]

A gramática do istrorromanés é bastante similar ás gramáticas das outras linguas romances orientais.

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

A evolución do istrorromanés dende o daco-romanés mostra dous trazos distintivos:

  1. A declinación do substantivo mostra unha racionalización das formas: a declinación normal dun substantivo romanés ten practicamente desaparecido do istrorromanés;
  2. mentres que a inflexión verbal é máis conservadora e a súa evolución non é tan marcada.

O artigo ten dúas formas: definida/determinada e indefinida/indeterminada. O artigo definido pode ser nominal ou adxectival. O nominal engádese aos nomes, e o adxectival vai despois do adxectivo.

As formas nominais son: para nomes masculinos en singular: -l e -le, para nomes femininos en singular: -a, para nomes masculinos en plural: -i, para nomes femininos en plural: -le.

Coma no daco-romanés falado o -l do artigo determinado singular masculino pérdese deixando só a vogal -u-, p.ex. DR lupul > IR lupu (o lobo), DR ursul > IR ursu (o oso), DR mielul > IR mľelu (o cordeiro).

A terminación -le para tódolos substantivos masculinos en singular rematados en -e, p.ex. fråtele (o irmán), sorele (o sol), cărele (o can).

Algúns exemplos de substantivos masculinos nos que se amosan as terminacións dos casos, nominativo=acusativo, xenitivo=dativo. O vocativo non se amosa xa que normalmente se corresponde co nominativo.

  • fiľ (fillo), fiľi (pl.)
Caso istrorromanés arromanés megleno-romanés romanés galego
Nom./Ac. sing. fiľu hiljlu iľiu fiul o fillo
Xen./Dat. sing. lu fiľu a hiljlui lu iľiu al fiului do/ao fillo
Nom./Ac. pl. fiľi hiljli iľii fiii os fillos
Xen/Dat. pl. lu fiľi a hiljlor lu iľii al fiilor dos/aos fillos
  • socru (sogro), socri (pl.)
Caso istrorromanés arromanés megleno-romanés romanés galego
Nom./Ac. sing. socru socrulu socru socrul o sogro
Xen./Dat. sg. lu socru a socrului lu socru al socrului do/ao sogro
Nom./Ac. pl. socri socri socri socrii os sogros
Xen./Dat. pl. lu socri a socrilor lu socri al socrilor dos/aos sogros
  • fråte (irmán), fråţ (pl.)
Caso istrorromanés arromanés megleno-romanés romanés galego
Nom./Ac. sing. fråtele frate frateli fratele o irmán
Xen./Dat. sing. lu fråtele a fratelui lu frateli al fratelui do/ao irmán
Nom./Ac. pl. fråţ fratslji fraţili fraţii os irmáns
Xen./Dat. pl. lu fråţ a fratslor lu fraţilor al fraţilor dos/aos irmáns

Nomes femininos

O -a replaces e -e, p.ex. cåsĕ > cåsa (a casa), nopte > nopta (a noite); non obstante algúns substantivos femininos que rematan en -e tónico, compórtanse de xeito diferente, p.ex. ste > stevu (a estrela), ne > nevu (a neve).

  • fetĕ (rapaza), fete (pl.)
Caso istrorromanés arromanés megleno-romanés romanés galego
Nom./Ac. sing. feta feata feta fata a rapaza
Xen./Dat. sing. lu feta a featiljei lu feta al fetei da/á rapaza
  • muľerĕ (muller), muľere (pl.)
Caso istrorromanés arromanés megleno-romanés romanés galego
Nom./Ac. sing. muľera muljarea muľiarea muierea a muler
Xen./Dat. sing. lu muľera a muljariljei lu muľiarea al muierei da/á muller
  • ste (estrela), stele (pl.)
Caso istrorromanés arromanés megleno-romanés romanés galego
Nom./Ac. sing. stevu steao steua steaua a estrela
Xen./Dat. sing. lu stevu a steaoljei lu steua al stelei da/á estrela
Nom./Ac. pl. stelele steale stelili stelele as estrelas
Xen./Dat. pl. lu stelele a stealilor lu stelilor al stelelor das/ás estrelas

Os substantivos neutros permanecen masculinos no singular e femininos no plural (coñecidos coma substantivos mixtos)

  • bråţ (brazo), bråţe (pl.) - bråţu (o brazo), bråţele (pl.)
  • os (óso), ose (pl.) - osu (o óso), osele (pl.)
  • zid (muro), zidur (pl.) - zidu (o muro), zidurle (pl.)
  • plug (plough), plugur (pl.) - plugu (the plough), plugurle (pl.)

As formas para o artigo adxectival son no singular ćela para o masculino e ćå para o feminino, e no plural ćeľ para o masculino e ćåle para o feminino, p.ex.: ćela bur (o bo).

O artigo indefinido é un para o masculino e o para o feminino. A declinación do artigo indefinido desapareceu. Exemplos: un om (un home), un cå (un cabalo), o misĕ (unha táboa), o båbĕ (unha muller vella/anciá).

Adxectivos

[editar | editar a fonte]

Os adxectivos tamén teñen tres xéneros, as formas masculinas e femininas procedentes do latín, mentres que a forma neutra é de orixe eslava , isto é, baixo a influencia sintáctica do uso dos neutros en eslavo. P.ex. bur, burĕ, buro (bo). O adxectivo comparativo é: måi bur (moi bo, mellor) e o superlativo é: ćel måi bur (o mellor).

O adxectivo pode preceder ao substantivo: bura zi ((o) bo día) ou seguir ao substantivo: feta muşåtĕ (a rapaza bela/fermosa).

Os pronomes definidos poden ser persoais, posesivos, demostrativos, relativos e interrogativos.

Pronomes persoais

[editar | editar a fonte]
Caso 1ª pers.sing. 2ª pers.sing. 3ª pers.sig masc. 3ª pers.sing.fem. 1ª pers.pl II III
Nom. io tu ie noi voi ieľ/iåle
ti el ela nós vós eles/elas
Ac. mire tire ăl ăl ne ve lor
Ac. me/m' te/t' ăl/l' o ne/n' ve/v' lor
me te lle lle nos vos lles
Dat. mi/âm/m' ţi/âţ/ţ' âľ/ľ/lui âľ/ľ/ľei ni/ne/n' vi/ve/v' le/ľ
a min a ti a el a ela a nós a vós a eles/elas

p.ex. m-åm ărs (I laughed), l-åi vezut (you saw him)

Pronomes posesivos:

Sing. Masc. Fem. Pl. Masc. Fem. g

alego

meu/mev me meľ mele meu
teu/tev te teľ tele teu
seu/lui se/ľei seľ sele del/dela/del
noştru noştrĕ noştri noştre noso
voştru voştrĕ voştri voştre voso
lor lor lor lor deles/delas

p.ex. mev ćåće (meu pai), lui căre (o seu (del) can), ľei måie (súa (dela) nai), noştri cåľ (os nosos cabalos)

Pronomes demostrativos

[editar | editar a fonte]
  • este: ćest, ćåsta
  • estes: ćeşť, ćåste

Poden tamén comezar con ţ- or ť- p.ex. ţest om (este home)

  • ese: ćel, ćå
  • eses: ćeľ, ćåle

Igualmente poden comezar con ţ- e.g. ţåle lingure (esas culleres)

  • este de aquí/estoutro: ćesta-istu, ćåsta-ista
  • ese de aquí/esoutro: ćela-istu, ćåista
  • ese de alá/esoutro: ćela-åt, ćå-åtĕ
  • eses de alá/esoutros: ćeľ-åľţi, ćåle-åte

Pronomes relativos

[editar | editar a fonte]
  • que, quen: cåre / cårle, pl. cårli

Pronomes interrogativos

[editar | editar a fonte]
  • quen: ćire / će
  • cal, cales: cåre / cårle, pl. cårli
  • cal (destes): căt

Pronomes indefinidos

[editar | editar a fonte]
indefinido masculino feminino
un un o
algún vrun vro
un/unha ur o
ningún ničur ničurĕ
nada nimic nimic
algo ćeva ćeva
outro åt åta - åto
cada saki saca - saco
calquera cătcoder cătcoder

Números cardinais

[editar | editar a fonte]

A maioría dos números cardinais veñen do latín, con varios préstamos do dialectos eslavos locais.

cifra nome cifra nome cifra nome
1 un/ur (m), o (f) 11 urprezåće / iednaist 21 dovotezåće şi ur
2 doi (m), do (f) 12 doiprezåće / dvanaist 22 dovotezåće şi doi
3 trei 13 treiprezåće / trenaist 23 dovotezåće şi trei
4 påtru
5 ćinć / ţinţ
6 şåse
7 şåpte
8 opt / osăn
9 devet 19 devetprezåće
10 zåće / zeće / deset 20 dovotezåće / dvadeset / dvaiset 30 treivotezåće
40 cvårnaru
50 ćinćvotezåće
...
100 sto
101 sto şi ur
200 dovotesto
1000 miľår / tisuť / tåvžânt

Notas:

11 componse de '1 sobre 10' ur-pre-zåće

20 componse de '2 veces 10' do-vote-zåće, do mesmo modo, 200 é '2 veces 100' do-vote-sto

1000 miľår vén da lingua véneta, tisuť dos dialectos eslavos, e tåvžânt do alemán.

Números ordinais

[editar | editar a fonte]
cifra masculino feminino
prvi prva
doile dova
treile treia
ćinćile ćinća
şåsele şåsa
şåptele şåpta
osmule osma
devetile deveta
10º desetile deseta
último/a zådni / zădăńu zådńa

Literatura

[editar | editar a fonte]

Non hai tradición literaria local, aínda que Andrea Glavina, un istrorromanés que foi educado en Romania, escribiu en1905 Calendaru lu rumeri din Istrie ("O calendario dos romaneses de Istria"). Neste libro escribiu moitos contos folclóricos do seu pobo. Recentemente foron recollidos por A. Kovačec (1998) unha serie de contos istrorromaneses actuais e cancións populares orixinais.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definición de istrorromanés, -esa no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Wolfgang Dahmen: Istrorumänisch. Lexicon der Romanistische Linguistik. III, Tübingen, 1989, pp. 448–460.
  • Nerina Feresini: Il Comune istro-romeno di Valdarsa. Edizioni Italo Svevo. Trieste: 1996.
  • August Kovačec: Notes sur les formes de cas en istroroumain. Studia Romanica 13-14: 75-84, Zagreb 1962.
  • August Kovačec: Certaines modifications grammaticales des 'quantitatifs' et 'qualitatifs' istroroumains dues a l' influence croate. Studia Romanica 23: 195-210, Zagreb 1967.
  • August Kovačec: Le calque lexical d' apres le croate comme cause de certains changements grammaticaux istroroumains. Actele de XII Congres International de Lingvistica si Filologie Romanica, vol. 2: 1127-1131, Bucarest 1971.
  • August Kovačec: Istrorumunjsko-hrvatski rječnik s gramatikom i tekstovima (Glosar Istroroman-Croat cu gramatica si texte). Verba moritura vol. I, 378 p. Mediteran, Pula 1998.
  • Josif Popovici: Dialectele romîne din Istria, Halle, 1909.
  • Pavao Tekavčić: Due voci romene in un dialetto serbo-croato dell'Isola di Veglia (Krk). Studia Romanica 7: 35-38, Zagreb 1959.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]